Xa en
febrero de 2015, dez meses antes das Eleccións Xerais do pasado mes de
decembro, escribimos neste mesmo xornal: “O BNG debe facer desde este mesmo
momento un grande esforzo por situar na opinión pública galega a importancia do
traballo parlamentario do nacionalismo galego en Madrid, coas preocupacións da
sociedade e cos problemas específicos de Galiza como pano de fondo, mais tamén
cunha certa visión histórica dese labor, desde a época da República á
actualidade, desde Castelao a Rosana Pérez Fernández, destacando o que
significou para o noso país a presenza do nacionalismo galego no Congreso con
voces como as de Castelao, Antón Vilar Ponte, Ramón Suárez Picallo e don Ramón
Otero Pedrayo; o que supuxo para Galiza estar ausente como nación na época da
Transición; o inxente labor que fixo o BNG nos últimos anos por darlle voz ao
pobo galego nas Cortes españolas e o moito que se xoga o noso país na
encrucillada das próximas eleccións xerais”. E noutro parágrafo do mesmo
artigo, diciamos: “Lamentabelmente non abonda co enorme traballo que día tras
día fan no Parlamento español as deputadas Olaia Fernández Davila e Rosana
Pérez Fernández. Ese traballo hai que poñelo en valor, temos que poñelo en
valor entre todas e todos nós. Non ten sentido que reclamemos máis peso
político para Galiza no Congreso dos Deputados e non reivindiquemos e
difundamos con máis orgullo o que xa fixemos alí durante cinco lexislaturas,
desde a chegada á Carreira de San Xerome de Francisco Rodríguez e Guillerme Vázquez
en 1996, unha data que marcou un antes e un despois na atención aos problemas
de Galiza nos debates parlamentarios. É necesario que a sociedade no seu
conxunto visualice ese labor parlamentario e vexa a necesidade de asegurar a
presenza do nacionalismo galego en Madrid, incluso cunha representación máis
ampla, máis potente”.
Confésovos
con certa amargura que teño a impresión de que non dedicamos o esforzo
necesario a ese labor de divulgación, e non só iso, creo que nesta campaña
electoral non hai unha liña discursiva que poña en valor o que o BNG fixo
durante vinte anos no Congreso. Semella que é máis importante falar do que
outros non fixeron en catro meses que do que o BNG fixo en cinco lexislaturas,
ou do que imos facer se o vindeiro 26 de xuño acadamos representación que do
que fomos quen de facer durante dúas décadas desde o Grupo mixto do Congreso.
Porque nós estivemos alí, non?
Eu pídolle ás candidatas e candidatos do BNG-Nós Candidatura Galega, todas elas e todos eles persoas lúcidas e brillantes, que teñan a grandeza intelectual e a intelixencia política de reivindicar o traballo do nacionalismo galego en Madrid nos días que quedan de campaña, de explicalo socialmente, nos mitins e nos debates. Que outra opción política se presenta a estas eleccións co noso aval? Que facemos nos concellos de Allariz, de Pontevedra ou de Carballo cando chegan as eleccións municipais? Explicamos o que fixemos e falamos do que queremos facer nos próximos catro anos, verdade? Neste proceso electoral non. Olaia Fernández Davila, Francisco Jorquera ou Rosana Pérez son os referentes do labor do nacionalismo galego en Madrid máis próximos a este momento político e, non obstante, observo con enorme tristeza que os seus nomes e o seu traballo non ocupan un espazo central no discurso da campaña electoral, cando sabemos ben que hai centos de persoas e de colectivos sociais por todo o país que teñen unha opinión moi favorábel ao BNG precisamente polo traballo e pola entrega das deputadas e dos deputados que ocuparon un escano nas Cortes. E nós dálle que dálle co que outros non fixeron nestes últimos catro meses! Mal pode a sociedade galega ver a necesidade de que unha forza nacionalista como o BNG teña representación nas Cortes se nós mesmos non nos ocupamos no noso discurso político de reivindicar 20 anos de traballo en Madrid, de explicar a utilidade do nacionalismo galego para a defensa do país e para resolver os problemas que temos como sociedade galega. Creo que sería un tremendo erro político que chegásemos ao final da campaña sen colocar ese labor nas nosas mensaxes electorais de cada día. É unha cuestión de intelixencia política. E tamén un xesto de xustiza coas persoas que tan dignamente representaron a Galiza e ao nacionalismo galego nas Cortes. Desde Castelao a Rosana.

Ningún comentario:
Publicar un comentario