Valentín Paz
Andrade tivo dous mestres: o seu tío Xoán Bautista Andrade, que espertou
nel o interese pola literatura e a paixón por Galiza, e Castelao, que
determinou para sempre o seu compromiso inquebrantábel co país. A vida
toda de Paz Andrade é unha entrega constante á súa terra, como político,
como xornalista, como empresario, como especialista en temas
pesqueiros, como poeta e como ensaísta sobre cuestións literarias,
históricas e económicas, sen esquecer que foi, ademais, un prestixioso
xurista. A verdade é que este home debería ter recibido en vida, xa nos
primeiros anos da autonomía galega, a Medalla de Ouro de Galiza, polo
seu inxente labor, a firmeza do seu galeguismo e a súa lealdade a
Castelao. Sería un acto de elemental xustiza. E digo máis: aínda estando
nunha posición política moi lonxana á estratexia do nacionalismo galego
dos anos setenta, sería unha sorte histórica para o noso país que don
Valentín Paz Andrade encabezase o primeiro goberno galego da nosa
historia. Non hai punto de comparación entre a altura política e
intelectual da súa figura e a talla de calquera das persoas que ocupou a
presidencia de Xunta de Galiza. Como o día e a noite.
Cando Antón Vilar Ponte crea na Coruña as Irmandades da Fala, en 1916, Valentín Paz Andrade ten dezasete anos. Pouco despois trasládase da cidade do Lérez a Santiago de Compostela para cursar os estudos de Dereito. Alí atópase con personalidades como Salvador Cabeza de León, Armando Cotarelo ou Lois Peña Novo, e cando en 1919, nunha das aulas maiores do pazo de San Clemente, se celebra a II Asamblea Nazonalista Galega, Paz Andrade é un dos dous estudantes que intervén no mitin que ten lugar ao remate da xuntanza nacionalista, e faino nada menos que á beira de Castelao, Antón Vilar Ponte, Vicente Risco e Lois Peña Novo. Aí comeza o seu compromiso político co país. Aos poucos días será nomeado xa presidente do Grupo Autonomista Universitario, vencellado á Irmandade da Fala de Santiago. A primeira acción que levará a cabo este grupo estudantil vai ser precisamente a redacción dun manifesto político da mocidade galega a prol dun mellor destino para Galiza. Desde ese momento, Paz Andrade será unha referencia constante na biografía de Castelao e na historia do nacionalismo galego dos tempos do Partido Galeguista da preguerra.
Nos días outonais de 1927, despois de viaxar a Burdeos para consultar a súa cegueira cun dos máis prestixiosos oftalmólogos que había nesa época en Europa, Castelao regresa a Pontevedra decidido a seguir o tratamento con outro bo oculista vigués. Durante varios días á semana e ao longo de varias semanas, Daniel colle o tren que chega ás catro da tarde á estación de Vigo, onde o agarda un día e outro día Valentín, que no seu propio carro o traslada á consulta do Dr. González Sierra, na Porta do Sol. Tras un doloroso tratamento, Castelao, agarrado a Valentín e ao pasamáns, baixa case a cegas as escaleiras até a praza e sube de novo ao auto do amigo, que o leva a un hoteliño que está na rúa de Colón, facendo esquina coa rúa do Uruguai. Os dous suben a un cuarto do segundo andar, onde Castelao pasa dúas ou tres horas deitado até que se atopa mellor, un tempo durante o que trata de estar entretido falando con Valentín, que xa de noite o achega á estación para coller o derradeiro tren do día para Pontevedra.
As vivencias persoais de Valentín Paz Andrade durante esa época son dunha enorme riqueza. Tamén é fundamental o seu labor para a organización do movemento nacionalista: crea e dirixe o xornal Galicia, que sae á rúa o 25 de xullo de 1922; sufre por primeira vez a cadea pola súa actividade xornalística; colabora con Alexandre Bóveda, Carvalho Calero e Lois Tobío na elaboración do anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia; orienta a Castelao en temas económicos; participa activamente en todas as campañas electorais; viaxa moitas veces a Madrid en tren cos deputados nacionalistas e asiste aos plenos das Cortes na primeira lexislatura republicana sen ser deputado e mesmo sen pase, acompañando sempre a Castelao e a Otero Pedrayo; comparte tertulia coas principias personalidades da época; colabora en periódicos como El Sol ou La Calle, vencellado este último a Esquerra Republicana; en 1930, xunto con outros nacionalistas de Vigo, crea o Grupo Autonomista de Vigo, do que é nomeado presidente, e algúns meses despois será un dos promotores do Partido Galeguista, no que chega a exercer a responsabilidade da Secretaría Política aos poucos días de ir despedir a Castelao á estación de Redondela camiño do seu desterro a Estremadura. "...ti debes ser quen me sustitua na Segredaría Política do Partido", dille Castelao a Valentín nunha carta escrita a man en papel dun café literario da rúa de Alcalá de Madrid nada máis chegar a Badaxoz. Máis adiante, xa desde o seu exilio en Bos Aires, Daniel volverá a demandar do seu vello amigo o seu compromiso político para reorganizar o nacionalismo: "Os irmáns sobreviventes -ti, Otero, Román, Plácido e cicais outros- debedes axudarnos...".
Paz Andrade, ao rematar a carreira, inicia o exercicio da avogacía de inmediato. Mais, pronto debe abandonar a profesión para incorporarse ás frontes de África, unha viaxe que fai por mar desde o peirao de Vigo, cunha breve escala en Lisboa e facendo noite en Cádiz, para desembarcar en Ceuta e de alí trasladarse a Tetuán. O regreso farao por Madrid, onde atopa ao poeta Ramón Cabanillas e ao arquitecto Antonio Palacios. Xa de novo en Galiza, ingresa no Hospital Militar da Coruña, dedicando as tardes a pasear pola rúa Real e polos Cantóns en animada conversa cos galeguistas que viven na cidade herculina. É aí onde nace o proxecto do diario Galicia, unha idea que fai brillar aqueles ollos de Daniel xa afectados pola semicegueira precoz. O propio Castelao debuxa as letras románicas do título e subtítulo.
Instalado definitivamente en Vigo, Valentín exerce outra vez a avogacía e desde fins dos anos vinte ponse ao servizo da Sociedade de Armadores de Bouzas. É o comezo da súa preocupación e da súa paixón polo mar. A partir dese momento traballa como letrado, xornalista e economista, converténdose nun verdadeiro experto en economía pesqueira, chegando incluso a ser técnico da FAO, director da primeira revista mundial relacionada coa pesca e principal impulsor de Pescanova, debéndoselle tamén a el en gran parte a celebración en Bouzas da Exposición Mundial da Pesca de 1973.
Un dos feitos máis coñecidos da súa vida nos anos anteriores á guerra é o atentado que sufre á saída dun café da rúa do Príncipe. Dous anarcos-sindicalistas métenlle cinco ou seis tiros. Un dos balazos quedaralle dentro do corpo para toda a súa vida. Cando se escoitaron os primeiros tiros, Xaime Illa Couto, que o acompañaba, díxolle: "Son petardos". Ao que Valentín lle contestou: "Son tiros de verdade!". E vaia se eran de verdade! Case o matan aquel día.
Coa chegada da República, os nacionalistas prepáranse para participar nas eleccións ás Cortes Constituíntes. Na provincia de Pontevedra concorren a través da candidatura Galleguista, na que figuran Castelao, Paz Andrade e Ramón Cabanillas. Só Castelao acada acta de deputado, aínda que sairía tamén Valentín Paz Andrade de non se producir unha escandalosa fraude electoral promovida polo Partido Radical. No momento no que un carteiro trasladaba as actas que contiñan 2.500 votos para a candidatura galeguista, este home foi asaltado por unha persoa ao servizo de Emiliano Iglesias, que fuxiu coas actas pola rúa da Oliva cara a estrada de Marín. As impugnacións que fixeron os nacionalistas, primeiro en Pontevedra e logo en Madrid, non conseguiron corrixir o resultado provisional e restaurar o mandato das urnas, e Paz Andrade quedou finalmente sen acta, igual que lle sucederá a Alexandre Bóveda algúns anos despois tras outra fraude electoral.

Deses anos de tan intensa actividade política non
podemos esquecer tampouco os diversos convites que Paz Andrade tivo
doutras filas políticas. Convites e complicidades que se repetirán
tamén nos tempos da Transición. Un dos primeiros foi o que lle fixo
Francesc Cambó durante a ditabranda. O político catalán anunciou que se
se convocaban eleccións xerais presentaría candidatos a deputados nas
outras nacionalidades do Estado. Mandou chamar a Valentín ao Hotel Ritz
de Madrid e propúxolle que se presentara a deputado polo distrito de
Lalín, idea á que Paz Andrade lle fixo a observación de que esa zona
estaba xa dominada polos republicanos, ao que Cambó lle contestou:
"Pues preséntese como republicano. Lo que importa es el acta". Ao final
non houbo eleccións xerais e non sabemos o que sucedería. Mais si
sabemos que nas eleccións do 16 de febreiro de 1936, nas que o Partido
Galeguista participou dentro da Frente Popular, Paz Andrade foi
candidato a deputado no número dous da lista que encabezaba Manuel
Portela Valladares. Segundo as propias palabras de Valentín Paz
Andrade, o PG só tiña reservado un posto na candidatura da Frente
Popular de Pontevedra, que ocupará Castelao, e por iso decide aceptar o
convite que lle fai Portela Valladares, daquela presidente do Goberno,
para que o acompañe na candidatura de Pontevedra. Valentín comenta o
tema en Madrid con Castelao, que en principio non se mostra
desconforme, aínda que logo, cando tivo que dar conta da decisión do
seu ben amado amigo Valentín aos nacionalistas que asistían en Santiago
á V Asamblea Nazonalista, parece ser que a Castelao caéronlle as
bágoas e que non foi capaz de explicar o caso. Na mesma provincia,
Castelao nunha candidatura e Paz Andrade noutra. Hai que dicir que
Valentín Paz Andrade concorreu na Candidatura Republicana de Centro de
Portela Valladares sen abandonar en ningún momento a súa militancia no
Partido Galeguista. E por segunda vez Paz Andrade ficou sen acta de
deputado, nesta ocasión por falta de apoio electoral.
En pleno proceso da tramitación do Estatuto de Autonomía, no que Paz Andrade participa moi activamente, prodúcese o levantamento fascista do 18 de xullo. Valentín vive moi de preto o terror, tratando de facer vida normal de día no seu bufete e cambiando de casa en casa pola noite. Nos primeiros días da traxedia axuda a Ramón Martínez López a fuxir a Portugal, despois de que este lle contara que a noite anterior uns homes armados foran buscalo á casa de seu pai a Ribeira. Cando Alexandre Bóveda é detido, Valentín vaino visitar de inmediato ao vello instituto de Pontevedra, onde permanece preso, e nos días seguintes trasládase a Santiago para facer xestións diante dun amigo de Bóveda que acababa de doar miles de dólares ao "Movemento Nacional" e de ser nomeado alférez provisional. Tamén fará o posíbel para salvar a vida dos dous curmáns de Castelao que chegan a Vigo buscando a súa axuda. O único delito daqueles dous rapaces era teren o mesmo apelido que o do dirixente político nacionalista. Despois de permaneceren agochados nun piso de Ramiro Illa Couto grazas á xestión de Paz Andrade, os dous irmáns intentan fuxir por mar cara a Francia a bordo dun pesqueiro, mais a aventura acaba en traxedia no mesmo peirao do Berbés.
A comezos de setembro, o delegado gobernativo dita orde de desterro contra Valentín Paz Andrade. Primeiro é desterrado a Verín e posteriormente a Requeixo de Queixa, Castro Caldelas e Póvoa de Trives. Na Serra da Queixa nace tamén o poeta, na soedade invernal da montaña e na opresión deses días, como un desafogo circunstancial. Tras varios meses de desterro, regresa ao seu bufete de Vigo. Por esas mesmas datas chega tamén á cidade viguesa Álvaro Cunqueiro, que pasa a desempeñar o labor de redactor en El Pueblo Gallego despois de dirixir o voceiro falanxista Era Azul na vila de Ortigueira. E xusto o día que Paz Andrade vai recibir no seu bufete ao seu vello amigo Francisco Fernández Del Riego, que solicita tamén o seu apoio para gañarse a vida, Valentín é detido a causa dunha denuncia e pouco despois ten que vivir de novo o desterro, esta vez en Villanueva de la Serena, en Estremadura.
Neste momento haberá xa ducias de escritores e investigadores escribindo traballos sobre Valentín Paz Andrade para seren publicados incluso antes do próximo ano, no que será o autor homenaxeado pola Real Academia Galega. Máis que a importancia da súa obra literaria, na que destaca sobre todo o libro de poemas Cen chaves de sombra e o poeta civil do Canto Matricial, dedicado a Castelao e publicado en 1955 en Bos Aires, de Paz Andrade hai que falar sobre todo do seu compromiso permanente co país como xornalista, político, economista e empresario. Non é nada estraño que a fins dos cincuenta lle entregue a Luís Seoane para editar en Citania un libro que xa no seu título o di todo: Galicia como tarea. Velaí a súa principal preocupación ao longo de toda a súa vida. Non foi Valentín un home de mesa braseiro nin unha figura dedicada exclusivamente ao estudo e á creación literaria. Foi fundamentalmente un home de acción, preocupado polos problemas da economía galega e polo destino político de Galiza, e unha persoa intimamente unida a Castelao, do que chegou a escribir, cando xa cumprira máis de oitenta anos, unha biografía que só el podería escribir: Castelao na luz e na sombra.
Nos vindeiros meses será moi interesante coñecer a súa posición a respecto da reorganización do galeguismo nos primeiros anos da ditadura; afondar nos motivos polos que Paz Andrade non estivo en xullo do 43 na reunión clandestina que se celebrou na casa mariñeira de Coruxo onde Paco Del Riego pasaba o verán; reconstruír a súa correspondencia con Daniel desde aquela primeira longa epístola que Valentín lle escribe en Lisboa, nun café do Chiado, en 1941; saber se houbo unha resposta súa á carta que Castelao lle envía desde o seu exilio en Bos Aires, na que lle pide axuda para reorganizar o nacionalismo; coñecer en detalle o seu desencontro ideolóxico con Ramón Piñeiro e con García-Sabell, a súa marxinación por parte do grupo de Galaxia desde os anos cincuenta, tras a morte de Castelao, as súas vivencias co galeguismo do exilio en Bos Aires en 1950, a súa desconformidade coa idea de non restaurar o PG nos anos finais do franquismo, as razóns polas que tras o seu nomeamento como membro da Real Academia Galega en 1964 non ingresa nesa institución académica até 1978, a súa estreita relación con Ramón Cabanillas (inesquencíbel a Oración por Cabanillas morto), Otero Pedrayo, Maside, Blanco Amor ou os irmáns Álvarez Blázquez. Será tamén o momento de coñecer a súa actuación como letrado defendendo a militantes da UPG diante do Tribunal de Orde Público, as reunións clandestinas na casa de Darío Álvarez Blázquez, en Coruxo, o destacado papel que el xogou na Transición dentro da Xunta Democrática Galega, da Comisión dos Dez ou da Candidatura Democrática Galega ao Senado, así como o seu máis profundo pesimismo, nos derradeiros anos da súa vida, sobre a vía autonomista que el mesmo defendera á saída da ditadura fronte ás Bases Constitucionais do nacionalismo galego.
Certamente, don Valentín foi unha personalidade con luces e sombras, un home que tivo sempre a Galiza como principal tarefa e ilusión da súa vida e que nunca ao longo da súa traxectoria vital deixou de ser o amigo leal de Castelao, igual que fixo don Ramón Otero Pedrayo. Curiosamente, cando en 1975 se celebra en toda Galiza o vinte e cinco aniversario da morte de Daniel e con tal motivo se organizan diversas conferencias polo país, ninguén o convida a el a intervir en ningún acto. Tal vez por iso escribiu logo esa monumental biografía de Castelao de máis de seiscentas páxinas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario