tag:blogger.com,1999:blog-87966048246859765192024-03-27T16:54:09.431-07:00a nación que soñamosde Manuel Murguía a nósManuel López Foxohttp://www.blogger.com/profile/14727482737607694340noreply@blogger.comBlogger211125tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-73219020318266342302024-03-19T13:08:00.000-07:002024-03-19T13:22:34.553-07:00 Vicente Peña Saavedra, unha semblanza sentimental
Foto: Escolar de San Claudio (Ortigueira), onde todo comezou.
Cando, no final da nosa
adolescencia, andabamos a descubrir a cultura galega e o noso propio
país, Vicente Peña Saavedra, só dous anos maior ca nós, era xa unha figura emerxente.
O día que viñeron á escola buscar
a aquel neno, porque lle acababa de morrer o avó, non eramos aínda
o que se di amigos. Viviamos na mesma parroquia, si, pero el en Tras
do Río e eu na Rocha, dous lugares algo separados. Tampouco
coincidiamos nos xogos á saída da escola. A nosa única relación
durante a nenez foi só dentro do Escolar construído polos indianos
da parroquia de San Claudio na illa de Cuba. Mais, polo que fose,
quedoume gravado para sempre que a Vicente o viñeran buscar aquela
mañá porque lle morrera o avó. Esa é a lembranza máis remota que
eu conservo daquel neno que todos coñeciamos por Vicente de Peña,
o fillo de Matilde e de Pitino, e que co paso dos anos,
desde a primeira mocidade, sería para min un referente fundamental,
o amigo máis brillante de todo aquel grupo de mozos da parroquia, o
máis intelixente e o máis culto, o que máis destacaba, o que
escoitabamos con atención e admiración, a primeira persoa con
categoría de intelectual que eu tratei na miña vida. Falaba de
vivencias descoñecidas para todos nós e ademais escribía en galego
en La Voz de Ortigueira artigos e versos que nós recortabamos
e gardabamos. Eran os anos 75, 76, 77… do século pasado.
Foto: Vicente Peña Saavedra, Ánxel Rosende e Manuel López Foxo,
nun acto da Universidade Popular de Ortigueira, 1989.
Con Vicente Peña Saavedra,
que é de quen estou a falar, conversaría horas e horas durante
aqueles anos. Eran os tempos da Transición. Era 1977 e os dous
falamos de ir o 25 de xullo a Santiago de Compostela, el ao acto
político da carballeira de Santa Susana, onde ía intervir Celso
Emilio Ferreiro, e eu á manifestación do BN-PG. Ao final non
fomos, pero para min foi o primeiro Día da Patria que vivín
intensamente como se fose a Santiago. Tamén lembro a súa enorme
satisfacción cando lle deron o Premio Nobel de Literatura a Vicente
Aleixandre. Eu era máis de Rafael Alberti. Non sempre
coincidiamos nos gustos literarios, e menos aínda nas ideas
políticas, pois eu abrazaba xa as ideas do nacionalismo e el
encaixaba máis no galeguismo e no anarquismo librepensador. Vicente
incluso criticaba cun amplo sorriso sarcástico un libro dun poeta
que eu admiraba esencialmente polo seu compromiso político co
nacionalismo galego. Co paso dos anos teño que dicir que o facía
cun moi intelixente criterio literario. A poesía social estaba a
agonizar, non porque a poesía social e a poesía política non poida
ser tamén magnífica literatura, senón pola pouca calidade coa que
algúns autores escribían os seus poemas. O propio Vicente Peña
cultivou ese tipo de poesía en versos escritos aló por 1976 en
Compostela e San Claudio e publicados logo nas páxinas da prensa
local de Ortigueira. O poemario titulábase Labrego. Longo poema
en catro cantos e un himno. Certamente, versos moi potentes, moi
expresivos, moi sentidos, cunha gran carga reivindicativa.
A nosa relación con Vicente nos
anos 80 foi cada vez máis esporádica, pero igual de afectuosa. Nese
tempo Vicente Peña, Ánxel Rosende e eu mantemos unha certa
unidade de grupo arredor de don David Fojo Salgueiro, o
director de La Voz de Ortigueira, unha persoa que goza sempre
coa nosa presenza na Imprenta, a nosa amizade e os nosos proxectos.
Vicente traballa na súa tese de doutoramento sobre as escolas dos
indianos, Rosende na súa tese de licenciatura sobre o agrarismo na
comarca do Ortegal e eu ando a voltas cos meus artigos sobre o poeta
Ramón Armada Teixeiro. Creo que don David foi moi feliz
abríndonos a súa casa, poñendo ao noso servizo a súa rica
hemeroteca e mantendo longas e amenas conversas con todos nós.
Tras obter a licenciatura en
Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago en
1980 con Premio Nacional aos Mellores Becarios, Vicente Peña
Saavedra continúa a súa formación académica con grande
brillantez: Premio Nacional de Terminación de Estudos
Universitarios, Premio Extraordinario de Licenciatura e Premio
Extraordinario de Doutorado, exercendo a docencia na USC xa desde
1983, e desde 1994 como profesor titular de Historia da Educación,
converténdose nun dos máis prestixiosos pedagogos e na maior
autoridade académica nas escolas dos indianos, sobre as que
realizará a súa tese de doutoramento e moitos outros traballos de
investigación e de divulgación ao longo das últimas décadas,
recollidos en máis de trinta libros, numerosos artigos, 15
documentais dos que el figura como director e guionista e 11
exposicións das que se encargou como comisario. Na traxectoria
intelectual e académica de Vicente Peña Saavedra destaca, así
mesmo, o seu labor en importantes entidades e institucións
relacionadas coa emigración e o patrimonio histórico-educativo e
tamén a súa experiencia como docente en diversas universidades
estranxeiras.
Unha das grandes exposicións das
que se responsabilizou como comisario Vicente Peña Saavedra foi
Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia,
organizada polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura
Galega e pola Secretaría Xeral da Emigración. Inaugurada en 2012 na
sede do Campus Vida da Facultade de Ciencias da Educación, esta
mostra, composta por 43 paneis, percorreu durante 11 anos diversas
localidades de Galiza, cunha incursión en Portugal, e a través dos
seus textos e das súas imaxes poidemos comprender en toda a súa
dimensión humana, educativa, cultural e arquitectónica o que
representou para o noso país a emigración a América e o inxente
labor das máis de 500 sociedades galegas de instrución, verdadeiras
impulsoras da educación en moitos concellos da Galiza rural, que
naquel tempo sufría un déficit escolar cunha taxa de analfabetismo
que en 1910 ascendía ao 69% da poboación, moito máis grave aínda
no caso das mulleres. Grazas aos indianos construíronse no noso país
arredor de 200 edificios como Templos do saber. Un avó de
Vicente Peña Saavedra sería precisamente un daqueles homes que
desde a illa de Cuba se preocuparon de atender na súa parroquia de
orixe a necesidade de educar e formar as novas xeracións con métodos
pedagóxicos modernos e con profesorado titulado.
Foto: Portada do catálogo da exposición Luces de Alén Mar,
da que foi comisario Vicente Peña Saavedra
A miña relación con Vicente Peña
desde os anos noventa circunscríbese case á lembranza emocianada
que os dous temos de Lois Obelleiro, unha persoa á que a min
me unía non só unha relación política diaria, senón unha moi
fonda amizade, un aprecio mutuo. Para Vicente Peña, pola contra,
Obelleiro era só un importante investigador das escolas de fundación
na provincia de Pontevedra e non se cruzou na vida con el até que
unha tarde de 2007 se presentou no seu despacho da Facultade para
entregarlle un exemplar da súa tese de doutoramento. Antes de entrar
no despacho de Vicente Peña, lembro que Lois Obelleiro chamoume por
teléfono para dicirme se lle podía dicir que eramos amigos, non
para pedirlle nada, senón como unha maneira de entar en conversa, ao
que lle respondín que aínda que había moitos anos que Vicente e eu
nos nos viamos, tiveramos unha grandísima relación na mocidade e
para min, ademais, era un referente na miña traxectoria humana e
cultural. Á saída da Facultade, Obelleiro volveume chamar e aquela
breve conversa foi a última que mantivemos Lois Obelleiro e eu. Ao
día seguinte ían operalo de novo do cancro que viña sufrindo.
Animeino como noutras veces anteriores ao longo do proceso da súa
enfermidade, sen eu saber que a intervención ía deixalo nunha
situación moi delicada, irreversíbel, e que poucos meses despois ía
producirse o fatal desenlace, deixando en cantas persoas o coñeciamos
e tratabamos unha inmensa ferida.
Naquel encontro na Facultade de
Educación, Vicente Peña non alcanzou a comprender ben a que se
debía aquela reunión que Obelleiro lle solicitara e só algún
tempo máis tarde foi quen de atar cabos. Anos despois, nunha moi
afectuosa carta que Vicente me manda para agradecerme o envío do
libro Prosas apaixonadas, lembra así a súa conversa con Lois
Obelleiro:
“O encontro fuxidío e terminal
que mantiven con el e co seu fillo nunha tarde solleira dun mes de
2007, que agora non consigo adiviñar cal foi, no despacho da
Facultade, é un dos episodios que xamais esquecerei. Non logrei
entender naquel momento a razón da súa visita. Si recordo agora que
falamos de ti en termos moi eloxiosos por ambas partes, pero nunca
souben por que me fixo partícipe do privilexio de obsequiarme cun
exemplar da súa tese de doutoramento sen coñecérmonos de nada. O
esceptismo ou máis ben o pesimismo co que me falou naquela amigable
conversa xa me levou daquela a presaxiar o peor, como lamentablemente
pouco despois ocorreu. Non eran tampouco tempos moi bos para min,
pois só uns meses antes fora depurado –en sentido estrito-
como coordinador científico do MUPEGA e o episodio deixárame un
chisco amolado. Alegreime cando pouco despois do seu pasamento vin
que a tese se publicaba case na súa integridade. De pouco valeu,
pero polo menos foi unha mostra de recoñecemento e homenaxe polo seu
traballo. Por certo, a tese considero que é unha magnífica
investigación sobre as escolas de fundación na provincia de
Pontevedra. Oxalá houbese un estudo semellante de cada unha das
outras provincias, xa que o tema de análise constitúe un dos
alicerces fundamentais do noso sistema educativo actual. Agora, coas
túas palabras, entendo un pouco mellor a razón daquela visita, á
que seguramente non souben corresponder como debera polo meu
desconcerto”.
Equivócase Vicente Peña en pensar
que non correspondeu como debera. Lois Obelleiro expresoume á saída
daquela reunión que a conversa fora moi agradábel, que Vicente o
tratara moi ben e que saía moi contento. Dicíao cunha inmensa
alegría. Quero pensar que el mesmo, pensando xa no final dos seus
días, quixo poñer nas mans de quen sabía ben que era un dos
grandes pedagogos da Galiza actual aquel traballo de investigación
que con tanta paixón e tanto esforzo levara a cabo. Imaxínome que
morreu sendo moi consciente de que as palabras amábeis e eloxiosas
de Vicente Peña Saavedra supoñían para el o mellor recoñecemento
que podía ter a súa tese.
Este é Vicente Peña Saavedra, o
amigo da mocidade do que con tanto orgullo lle falei aquel día a
Lois Obelleiro, sabendo que o ía recibir co trato exquisito que el
merecía, aínda que non o coñecese persoalmente. Non ten idea
Vicente do moito que lle agradezo aquela conversa con Obelleiro,
dándolle unha das poucas satisfaccións que tería no que lle
quedaba de vida.
A xornalista María Obelleiro,
afillada de Lois Obelleiro e actual directora de Nós Diario,
contoume recentemente como foron aqueles últimos meses da súa
vida: “Foi naquela época cando A Nosa Terra lle sacou a
tese. Traducíronlla, porque non lla deixaron presentala daquela en
galego, pero había centos de grallas… e botamos xullo e agosto,
cando eu chegaba de Vigo de ANT (acababa de empezar a traballar),
corrixindo naqueles folios, acompañados dun aquarios á
sombra, no patín da súa casa. El xa apenas falaba, e malamente se
expresaba, mais foi adiante o libro e chegou a presentalo. El daquela
xa estaba moi maliño. Debeu ser tres meses antes de morrer”.
Despois desta
semblanza, escrita desde o afecto e desde a memoria emocionada, estou
seguro que Vicente Peña estará aínda moito máis seguro de que
aquela conversa con Lois Obelleiro no seu despacho da Facultade foi
moito máis que un cordial encontro académico entre dous
investigadores da historia da educación. Foi sobre todo un
extraordinario xesto humano que lle deu unha raiola de felicidade a
Obelleiro en días certamente moi amargos para el e a súa familia.
Recordalo agora é tamén dalgunha maneira devolver o amigo á vida.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-74323266730936577832024-03-05T12:57:00.000-08:002024-03-06T00:28:09.808-08:00 Memoria das tertulias
Foto: o autor do artigo, con Saleta Goi e Manuel Hermida nunha tertulia do “Cantante”, en 2016.
En 1998 Manuel María e Saleta Goi fixan a súa residencia na
Coruña, no barrio de Monte Alto. Desde ese momento o “Kirss”,
fronte ao Teatro Colón, convértese no punto de encontro do poeta
cos amigos, mantendo unha tertulia diaria.
“Lembro, con nostalxia, os vellos
cafés / de espellos enormes, fríos como a lúa / e un pouco
deturpados, con manchós / nos que se podía extraviar a fantasía /
e cómodos divás forrados de veludo / (…) / Vellos cafés, amados
dos poetas, / dandis, busca-vidas, bohemios, nugallás / e grandes
faladores. Estes cafés / engaiolantes, cheos de fume de tabaco, /
chamábanse: Derby, Méndez Núñez, / Caravela,
Miño, Galicia ou Español. / (…) / Os cafés
eran, un moito, a propia casa: / alí escribíanse versos, longas
cartas, / líase o xornal, discutíase, fumábase, / tomábanse
cafés, copas, chocolate. / ¡Vellos, íntimos, fermosísimos cafés
/ nos que que se podía gastar toda unha vida!”.
Manuel María, que é o autor
destes versos, coñecía moi ben o ambiente das tertulias. Aínda
sendo estudante no Instituto de Lugo xa se incorpora ás tertulias do
“Cantón Bar” e do “Méndez Núñez”, onde coñece e trata a
persoeiros como Celestino Fernández de la Vega, Luís
Pimentel, Aquilino Iglesia Alvariño, Ramón Piñeiro,
Ricardo Carvalho Calero, Álvaro Cunqueiro ou Ánxel
Fole. Despois de facer o campamento en Parga, onde volve a
coincidir con Uxío Novoneyra, ao que coñecía dos tempos de
Lugo, prosegue o servizo militar en Compostela. Polas tardes os dous
poetas mozos asisten case todos os días á tertulia do “Español”,
que estaba á beira do Casino, na rúa do Vilar. O gran animador da
tertulia é don Ramón Otero Pedrayo, neses anos catedrático
de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago. Entre outros
contertulios asiduos, estaba Borobó, que entón dirixía La
Noche, Domingo García-Sabell, Fermín Bouza-Brey,
Carlos Maside, Ramón Piñeiro, Benito Varela Jácome e
Floro Román, que era o dono do “Hotel España”, na rúa
Nova, onde residían durante a semana don Ramón e dona Fita.
Manuel María contaba moitas veces
que nunha ocasión na que nai de don Ramón, dona Eladia, se
puxo enferma e Otero quedou só en Compostela, fíxolle a seguinte
petición: “Agradeceríalle que me fixese a caridade de vir comer
comigo estes días que estou só e non teño con que falar”. Grazas
a iso o poeta de Outeiro de Rei xantou moitos días no “Hotel
España” en vez de facelo no cuartel, e o máis importante, puido
gozar un día e outro da riquísima conversa de Otero Pedrayo, que,
efectivamente, era moi falador. Unicamente había unha hora que don
Ramón reservaba para o diálogo íntimo con el e coa cidade. Era
despois de cear, por moi fría que estivera a noite en Compostela. Co
seu gabán, o seu sombreiro negro e as mans nos petos, percorría en
silencio as rúas da cidade, procurando non atoparse con ninguén.
Unha especie de rito diario, un acto que Franco Grande definiu
como “unha comunicación co espírito dunha cidade única”.
Xunto coa tertulia do “Español”,
o outro lugar de Santiago famoso polas súas tertulias xa desde antes
da guerra era o “Derby”, moi frecuentado tamén por don Ramón
María del Valle-Inclán. Alí levoume a min Manuel María en
1982, despois de xantarmos na “Tita” e de lerme os poemas
inéditos do libro A labarada estremecida, e foi aquela tarde
cando coñecín a Uxío Novoneyra, que aínda residía no Courel, e
que estaba todo sorprendido porque nas eleccións xerais houbera
catro votos do BNG e dous non sabía de quen podían ser. Logo
apareceron polo café Manuel Lourenzo e Francisco Pillado.
Lembro agora que Manuel María nos ilustrou a todos e con todo
detalle sobre Xan da Coba, aquel personaxe excéntrico que
inventou o trampitán e un aparato para viaxar por todo o mundo sen
moverse de Ourense.
En 1998 Manuel María e Saleta
Goi fixan a súa residencia na Coruña, no barrio de Monte Alto.
Desde ese momento o “Kirss”, fronte ao Teatro Colón, convértese
no punto de encontro do poeta cos amigos, mantendo unha tertulia
diaria. Nós frecuentamos esa tertulia dous días á semana, os luns
e os mércores, de 11 a 12, durante moitos anos, até que Manuel
María xa non puido saír da casa pola súa enfermidade. A persoa que
o acompañaba diariamente era o seu curmán Manuel Hermida.
Nos días que eu ía ao café era frecuente que apareceran por alí
Henrique Iglesias, que fora amigo de Avilés de Taramancos
e de Reimundo Patiño, o Comandante, que conseguira
facerse co sabre de Miguel Solís, o poeta Xosé Abeal
e outros amigos como Carlos Díaz Martínez, Manolo Roca
ou Xan Fraga. Algún día aparecía Bernardino Graña,
que daquela vivía na Coruña, Xosé Fernández Ferreiro,
Francisco Pillado ou incluso Bautista Álvarez, unha
das persoas que máis querían e admiraban Saleta e Manuel María.
Con Saleta coincidín poucas veces no “Kirss”. Ela sobre todo
frecuentaba a tertulia dos domingos, que a facían na “Jijonenca”,
e á que asistían outros amigos.
Escoitando falar a Manuel María
falabamos dalgún xeito con don Ramón Otero Pedrayo, con Luís
Pimentel e Aquilino Iglesia Alvariño, con Ánxel Fole e Álvaro
Cunqueiro, con don Fermín Bouza-Brey e Maximino Castiñeiras,
e aínda sen estar estaban sempre Uxío Novoneyra, Méndez Ferrín
e Bernardino Graña. Naquela tertulia abofé que moito falamos tamén
de Ramón Piñeiro e do piñeirismo, de Celso Emilio Ferreiro,
de Cuña Novás e de Pilar Vázquez Cuesta. Pero outras
veces a conversa transitaba polo terreo máis familiar e íntimo: a
lembranza da nai, o tío co que viviu en Lugo, o pai de Saleta, os
irmáns, os sobriños, a casa de Hortas, a chamada de Pepiño
Estévez desde Euskadi, a crónica das viaxes por Galiza e
Portugal, a memoria de Aviñón ou de Florencia…
Tras a morte de Manuel María, en
setembro de 2004, Saleta quixo manter a tertulia con algúns amigos
máis íntimos, primeiro no “Kirss” e logo no “Cantante”. Ás
veces acompañábame Gloria Rouco, unha rapaza de Viveiro que
daquela acababa de entrar na Deputación e que se converteu na persoa
máis nova da tertulia, gañando moi axiña a amizade dos
contertulios. Pouco a pouco a tertulia do “Cantante” foi deixando
de facerse e só de cando en cando coincidiamos no café. Agora
Saleta viña sempre acompañada por Manuel Hermida, que cunha
ilimitada paciencia escoitaba as nosas reflexións políticas e
asistía aos nosos debates, pois Saleta e eu sempre debatimos moito
politicamente, mais nunca sen deixar de facelo con cordialidade e cun
sorriso. Eu coñecía perfectamente toda a súa traxectoria desde a
creación da UPG e a súa coraxe política en tempos moi duros
e moi adversos para o nacionalismo galego. Igual que Manuel María,
ela posuía unha memoria prodixiosa e contaba historias vividas con
personalidades tan diferentes como don Vicente Risco ou Moncho
Reboiras, momentos que están xa na historia do noso país. Eu
podía discrepar radicalmente de certas opinións de Saleta Goi sobre
o que había que facer, pero endexamais deixei de discutir co
respecto e coa admiración que ela merecía como muller comprometida
co nacionalismo galego e co país.
Saleta Goi contounos moitas veces a
crónica íntima do nacionalismo. Lembro agora, por exemplo, algo que
aconteceu aló pola primavera de 1965 e que foi un lamentábel
incidente entre Méndez Ferrín e Arcadio López-Casanova a
raíz dunha cantiga-libelo que circulou entre varios poetas galegos
baixo o título de “Beilade de fodienda nas Cíes”. O Día das
Letras Galegas dese ano, Méndez Ferrín presentouse no “Derby” e
díxolle a Arcadio, que estaba con Silvio Santiago, Marino
Dónega, Manuel María e Saleta, se podía saír fóra un
momento, que tiña que falar con el. E na mesma porta do café
zoscoulle unha labazada tremenda e tumbouno ao chan. Grazas que
sairon os outros amigos para impedir que o incidente fora a máis. De
seguida Manuel María e Saleta acompañaron a Arcadio López-Casanova
á casa de Ramón Piñeiro para facerlle as curas, e xusto cando
chegan a Xelmírez, 15, saía Ferrín, que viña de informar a
Piñeiro de que lle arreara a Arcadio e de que se trataba dunha
cuestión persoal entre os dous poetas e nada tiña a ver co debate
interno no seo do galeguismo político. Dos motivos daquel axuste de
contas de carácter machista falou moitos anos despois María Xosé
Queizán no seu libro de memorias Vivir a galope.
Despois da tertulia con Saleta Goi
no “Cantante”, as miñas conversas propias dunha tertulia son as
que nos últimos anos manteño algunhas veces en calquera café con
Xavier Campos. Mágoa que non hai tempo para falarmos do que
de verdade nos enriquece como seres humanos. A axenda diaria e o
maldito móbil xa non nos permite falar de Paolo Pasolini ou
de La noche que llegué al Café Gijón. Nin sequera hai tempo
para falar dun brevísimo verso de Olga Novo.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-12992301860027316482023-12-28T07:11:00.000-08:002023-12-28T11:26:55.043-08:00A librería coa que sempre soñei
Librería Berbiriana na Coruña
Esa librería nin existiu nin
existe. Mais podémola imaxinar. Estaría ubicada nun dos edificios
da zona do Obelisco, no corazón da Coruña. Tería varias plantas e
a literatura galega e o libro galego en xeral sería a súa
especialidade.
Fiquei fascinado polas librerías
desde que era un rapaz de doce anos e chegaba no tren da Costa desde
a miña parroquia de San Claudio á vila de Ortigueira unha hora
antes da entrada no Escolar, no edificio onde hoxe está situada a
Biblioteca Municipal, un tempo que eu aproveitaba para pasear aínda
entre o frío e a néboa da mañá polas rúas da vila, para ver os
barcos de pesca na punta do Malecón e sobre todo para contemplar
apampado os dous escaparates de libros que había na rúa Real.
Algúns daqueles libros devecía eu por telos entre as mans, porque
para min eran o tesouro máis marabilloso que os meus ollos de neno
viran até ese momento. Estou a pensar agora naquela fermosísima
colección de “Obras Inmortales” da Editorial Bruguera, en tapa
dura, con fondo vermello e motivos dourados, da que fun adquirindo
algúns títulos co que aforraba dos gastos dos domingos. La
Celestina e Rimas y Leyendas merqueinos nesa primeira
etapa da miña adolescencia.
A IMPRENTA FOJO
Outro momento extraordinario no meu
amor polos libros foi cando aló por 1976, aos dezaseis anos,
descubro no escaparate dunha daquelas dúas librerías de Ortigueira,
na Imprenta Fojo, ducias e ducias de títulos en galego que eu
nunca antes vira na miña vida e nin sequera podía imaxinar. O
primeiro libro que adquirín en lingua galega foi Adiós María,
de Xohana Torres, sen saber nin de que ía o libro nin quen
era a autora. Merqueino só pola capa, con aquela imaxe dos tranvías.
Precisamente varias décadas despois, a raíz dun artigo que
publiquei sobre esa novela, tivemos a posibilidade e o privilexio de
poder coñecer persoalmente a Xohana Torres, que era unha figura que
vivía xa retirada desde había moito tempo da vida social e cultural
do país. Ela mostrou interese en coñecernos e aló fomos a Vigo
unha tarde de comezo de verán Goretti Sanmartín Rei, Carme
Vidal e eu, tamén da man do seu editor Pepe Puga, que a
visitaba todas as semanas e que mantiña con ela unha estreita e
frutífera amizade, da que naceu o poemario Últimas tardes con
Xohana. Foi aquela unha tarde inesquencíbel, na que mantivemos
unha longa e deliciosa conversa coa poeta, na que nos leu algún
poema inédito e nos falou de Rosalía de Castro, de Ferrol,
de don Ricardo Carvalho Calero, de San Andrés de Teixido, dos
seus veráns en Valdoviño e da súa amizade co pintor Segura
Torrella, dos seus anos mozos e da súa xeración e, como non, da
súa enorme ilusión co papel activo que agora estaban a desempeñar
as mulleres na política. E toda aquela vivencia tan emocionante
debíalla eu a un libro de Xohana Torres que mercara na miña vila
cando tiña dezaseis anos.
AS LIBRERÍAS DE FERROL
Despois das miñas matutinas
contemplacións dos escaparates das librerías de Ortigueira e da
adquisición dos meus primeiros libros en galego na Imprenta Fojo
(Adiós María, Cantares Gallegos e Memorias dun
neno labrego), a miña paixón polas librerías tivo logo a súa
continuidade na cidade de Ferrol, na que cheguei a coñecer todos os
títulos que había en galego en cada unha das librerías coas que
naquel momento contaba a sociedade ferrolán: El Quijote,
Helios, Central Librera, Delta...
Había tardes que ía dunha para
outra só para ver e abrir libros. En Delta, na rúa Coruña, pasei
horas e horas, tardes enteiras, aínda que só mercase un ou dous
libros á semana. A dona da librería, Delia Bonome, xa me
trataba como se fose da súa familia. Xa sabemos que as librerías de
antes eran por excelencia un lugar de encontro entre libreiros e
lectores e entre libreiros e escritores. Lembro agora, por exemplo,
que cada vez que Marguerite Yourcenar ía a Tánxer pasaba
sempre pola Librairie des Colonnes, moi frecuentada igualmente
por Juan Goytisolo.
De forma paralela ás miñas visitas
ás librerías eu ía coñecendo a moitos escritores galegos que por
aquel tempo se achegaban a Ferrol para pronunciar conferencias:
Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carvalho Calero, Ramón
Piñeiro, Antonio Fraguas, Domingo García-Sabell,
Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Xosé Luís
Méndez Ferrín, Francisco Rodríguez, Xosé Ramón
Barreiro, Xosé Chao Rego, María Pilar García Negro,
Pilar Vázquez Cuesta, José Martinho Montero Santalha…
Pouco a pouco ía descubrindo os libros nas librerías e os seus
autores nas conferencias. Aquilo era unha verdadeira cátedra de
cultura galega e de amor ao país, que tiña a súa sede fóra dos
centros docentes, no salón de actos da Caixa de Aforros, no
Ateneo Ferrolán, no local de Toxos e Froles, nos actos
que organizaba Roi Xordo na Domus Eclesiae…
DA LIVRARÍA BERTRAND A COUCEIRO
Posteriormente, polas cidades polas
que pasei e polos países que visitei, ben poucos, por certo, busquei
sempre as mellores librerías, aínda que fora para pasar só unha
hora entre os seus andeis e mercar libros de fotografía e de
pintura, outra das miñas debilidades. Algunhas desas librerías son
verdadeiros templos do libro: a Livraría Bertrand de Lisboa,
creo que a máis antiga do mundo, fundada en 1732, a Librería
Lello, na rúa das Carmelitas, no Porto, talvez a librería máis
fermosa que podemos atopar, a librería Compagnie, en París,
no Barrio Latino, non lonxe da Sorbona, e outras de Sevilla, Madrid,
Salamanca, Braga, Venecia, Florencia ou Roma, das que non me quedei
cos seus nomes. E, por suposto, Couceiro e Follas Novas
en Compostela, a Xistral, en Monforte de Lemos, que tantos
anos rexentou con tanta coraxe política e tanto acerto Saleta
Goi; a Colón da rúa Real da Coruña, xa lamentabelmente
na lembranza, e a que máis visito ultimamente, a Libraría
Berbiriana, no inicio da rúa Santiago. E camiño de Madrid,
sempre unha parada obrigada: Urueña, para visitar as súas
moitas librerías. Un dos libros que merque alí, na librería
Alcaravan, a máis antiga de Urueña, foi Tierra mal
bautizada. Un viaje por Tierra de Campos, unha obra deliciosa de
Jesús Torbado.
LITERATURA E PAÍS
O amor polos libros e polas
librerías permitiunos, ademais, descubrir máis profundamente a nosa
literatura e o noso país, máis aló do que podiamos ler nos
xornais. De non ser polos libros teño a certeza de que sería unha
persoa privada dun dos maiores praceres da vida, o pracer de gozar da
lectura, que se se descubre na infancia ou na adolescencia xa non se
abandona endexamais. E foi tamén grazas ao libro galego como un
tomou conciencia de que o que falaba desde neno na súa aldea era
unha lingua milenaria cun pasado de prestixio e de esplendor, a
lingua de cultura por excelencia, falada e cultivada polos reis nas
cortes de Galiza, Portugal e Castela e polas mentes máis lúcidas e
as figuras máis ilustres que deu o país desde o século XVIII.
Nos libros e nas librerías
descubrin a Literatura, todas as literaturas que floreceron no
universo, desde a poesía de Homero á de Olga Novo, e,
naturalmente, descubrín o meu país en toda a súa dimensión
histórica, cultural e política. De non ser polo meu temperá
interese polos libros galegos e polos andeis das librerías dedicados
ao libro galego, eu non chegaría a ter unha visión cabal de Galiza.
E ademais esa paixón polo libro deume a oportunidade de escoitar a
Cunqueiro ou a Celso Emilio Ferreiro, de manter unha estreita amizade
con Manuel María durante moitos anos ou de tratar nunha época da
miña vida a José Luis Sampedro. Realmente un privilexio, do
que me sinto moi afortunado. Sen os libros e sen as librerías eu
sería outra persoa, inmensamente máis pobre.
A GRANDE LIBRERÍA DE GALIZA
O que non alcancei nunca nin
alcancarei posibelmente endexamais é a poder ver a librería que
sempre soñei para o meu país. Esa librería nin existiu nin existe.
Mais podémola imaxinar. Estaría ubicada nun dos edificios da zona
do Obelisco, na Coruña. Tería varias plantas e unha luminosidade de
luz natural en todos os seus espazos. A literatura galega e o libro
galego en xeral, e a literatura universal traducida ao galego, sería
a súa especialidade. Os libros estarían colocados por épocas
históricas e por períodos literarios, desde a lírica medieval até
a actualidade, desde os clásicos á última literatura, con grandes
retratos dos escritores e das escritoras de cada época á beira dos
andeis dedicados aos seus libros, coa posibilidade de escoitalos nas
súas propias voces ou de velos en breves documentais, con todas as
novidades editoriais, pero tamén cun completísimo fondo editorial,
de tal maneira que puidésemos ter ao alcance dos ollos e das mans os
libros todos de Rosalía de Castro, de don Ramón Otero Pedrayo
ou de Álvaro Cunqueiro, e todos eses outros libros que se escribiron
sobre eles.
Nesa librería dos nosos soños unha
planta debería estar dedicada ás crianzas e ao libro infantil e
xuvenil, porque é nesa etapa da vida onde debe nacer o amor ao
libro. Non podería faltar tampouco o territorio dos autores e das
autoras da banda deseñada en galego. Habería espazo tamén para a
conversa demorada e para o café, mesmo para o licor-café e para os
pasteis, para a exposición de primeiras edicións, para a reflexión
e para o debate, para a tertulia e para a presentación de libros, de
tal maneira que unha persoa puidese ir por alí e atoparse con
calquera das nosas voces poéticas actuais ou cunha grande figura da
intelectualidade galega. Mágoa que xa non poida ser con Carlos
Martínez-Barbeito, Miguel González Garcés ou Manuel
María, tan amantes da conversa.
A idea última deste noso soño que
nos acompaña desde hai anos sería que a literatura galega ocupase
un lugar central no corazón da cidade da Coruña, onde Ánxel
Casal fundou en 1927 a Imprenta Nós, e que ser cliente
habitual desa librería fose motivo de prestixio e distinción
social, como hoxe o é visitar certas tendas de moda ou determinados
restaurantes. Sei ben que non podemos soñar con que esa librería
sexa o Café de Flore, ao que ían incluso moitos estranxeiros
para ver a Simone de Beauvoir e a Jean-Paul Sartre,
pero si a librería á que desde calquera punto da xeografía galega
se achegue xente para pasar unhas horas nese templo do libro galego
que estamos a imaxinar. Estou seguro que cambiariamos moito como
persoas e como país. Só pecisamos que Amancio Ortega merque
un edificio menos polo mundo e que sexa o mecenas do proxecto da
Grande Librería de Galiza.
Isaac Díaz
Pardo, que nunca tivo, desde logo, o poder económico do
empresario de Inditex, co escaso capital do que puido
dispoñer, creou o Laboratorio de Formas, Cerámicas do
Castro, o Museo Carlos Maside, o Complexo Industrial
Sargadelos, Edicións do Castro, as Galerías
Sargadelos de Barcelona, Madrid ou Compostela ou o Instituto
Galego da Información. Sempre pensando en facer país, en
recuperar a memoria histórica, en transformar a súa Terra. É doado
imaxinar como sería Galiza se Díaz Pardo fose un dos homes máis
ricos do mundo. E é en Isaac Díaz Pardo no que se deberían de
mirar os que co seu capital poden axudar a transformar o noso país.
El tamén fundara en 1958, con outros exiliados, a fábrica de
cerámica Porcelanas de Magdalena, a 108 quilómetros de Bos
Aires. Anos máis tarde dirá sobre aquela experiencia empresarial:
“Non sei que se nos perdía alí, no fin do mundo”. Iso explica o
seu regreso a Galiza e todo o que aquí fixo despois.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-90361464914569404422023-12-26T05:54:00.000-08:002023-12-26T08:43:37.888-08:00 O libreiro que sempre quixen ser
Cando hai agora catro anos o amigo
Xoán Costa me convidou a colaborar cunha sección propia sobre
libros en Sermos Galiza, o primeiro foi resistirme a ese
compromiso e despois pensar como eu podería falar de libros sen ser
de novidades. Foi así como se me ocorreu a columna á que agora lle
poñemos remate.
Un libro dedicado é sempre un libro único, a lembranza dun día, unha mostra de
afecto, unha páxina de arte caligráfica…
A verdade é que toda a miña vida
soñei con ser libreiro. As librarías foron a miña universidade, un
dos meus lugares máis amados. Cando tiña dezaseis e dezasete anos
pasaba horas e horas en todas as librarías de Ferrol e sabía todos
os libros galegos que había en cada unha delas. Mercar mercaba un ou
dous á semana, os que podía, mais gozábaos todos. Naqueles anos
setenta o libro galego era un verdadeiro acontecemento, e tiña
espazo propio, e incluso en certas librarías ocupaba todo o
escaparate. Dunha destas librarías, da Libraría “Delta”, que
estaba na rúa Coruña e da que era propietaria unha señora
encantadora que se chamaba Delia Bonome, eu case era un empregado
máis. Lembro incluso que nunha conferencia de Celso Emilio Ferreiro
a propia libreira veume preguntar se “tiñamons nós” O sono
sulagado. E dicía “nós”, porque sabía ben que coñecía
cantos títulos había na súa libraría.
O que de
verdade pretendín facer aquí, nesta sección, foi precisamente iso,
falar do libro como se fose ese libreiro que sempre quixen ser e que
máis alá do valor literario dunha obra, ama o libro como obxecto
precioso, ese libreiro que se lle ve nos ollos e nas palabras que
está marabillado coa edición, co papel, co tipo de letra, coa
encadernación... “O pracer de reler” non foi, pois, a ollada
crítica que nos pode ofrecer cada semana cada unha das persoas que
en distintos medios exercen a crítica literaria coa solidez de quen
posúe autoridade académica. O meu non deixou de ser o que unha
libreira ou un libreiro lle pode dicir a calquera persoa que entra
nunha libraría buscando un título xa difícil de atopar nos andeis
das librarías.
Creo tamén que con esta columna
quixen dalgunha maneira salvar algúns dos libros que máis amo da
miña biblioteca. Como un nunca sabe cal será o destino que lle
espera a eses libros que un adquiriu aquí e acolá desde a súa
adolescencia, supoño que con estes artigos intentei darlles outra
vida, recolléndoos incluso posteriormente en libro, en edición de
autor, para agasallar logo aos amigos que comparten esta paixón polo
libro. Agora xa sei que algúns dos libros máis amados da miña
biblioteca quedarán para sempre nos meus humildes libros que
recollen estes artigos e que alguén -estou seguro- conservará na
súa casa. É algo que nos produce un inmenso sosego.
Outra enorme satisfacción que  me
deu esta columna foi coller unha chamada de teléfono e que ao outro
lado estivera a voz emocionada de Salvador García-Bodaño para
agradecerme o artigo que eu lle acababa de dedicar ao seu Tempo de
Compostela. Saber que lle podes alegrar o día a un ou a unha
poeta é o máximo que eu podería soñar con estes meus artigos.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-59460023819234551222023-11-28T00:07:00.000-08:002023-11-28T00:20:48.263-08:00Tres razóns para o cambio político galego (e III)
Con Ana Pontón Galiza ten a
oportunidade de comezar a ser un país moderno, de poñer en marcha
unha acción de goberno transformadora, de ter á fronte da Xunta de
Galicia unha muller que posúe a intelixencia, a dignidade e a coraxe
política necesaria para defender os intereses galegos sen pedir
permiso a Madrid.
Visita de Ana Pontón a cooperativas Lácteas Unidas (CLUN). Ames
Miña avoa Lola, que naceu en
1902, con once anos xa traballaba cun raño nas terras axudándolle a
súa nai, que seu pai pasou case toda a súa vida navegando no Golfo
de México, facendo algúns cartos, primeiro para construír unha
casa en Ortigueira xa antes de casar e despois para ir mercando pouco
a pouco terras de seu, ferrado a ferrado. E miña avoa traballou
aquelas terras todas desde que era unha nena até que con oitenta e
pico de anos non puido máis. Toda a vida labrando a terra rego a
rego, arrincando as malas raíces coas mans, coidando do gando, da
familia, lavando a roupa no río, segando no trigo, que non había
home que lle gañara, carretando feixes de herba, levando cestas de
froitos na cabeza á praza e ás feiras, andando a pé quilómetros e
quilómetros… E coma miña avoa as mulleres todas deste país,
labregas e peixeiras, xeración tras xeración, durante centos de
anos. Miña avoa e aquelas mulleres todas merecen que por fin no
século XXI haxa unha muller da súa estirpe labrega á fronte do
goberno deste país. Sería o maior recoñecemento que se lles
podería facer a milleiros e milleiros de mulleres galegas que non
tiveron outra vida máis que traballar de sol a sol, sen saber o que
é un día de descanso en oitenta anos.
E logo están esas outras mulleres
rebeldes, valentes, comprometidas, cheas de coraxe, erguendo a
bandeira da xustiza e das liberdades, sendo as primeiras nas
Irmandades da Fala, no Seminario de Estudos Galegos,
nos partidos políticos e nas organizacións sindicais clandestinas…
Foron as mulleres que sufriron a barbarie do 36 e a represión
fascista, que lles asasinaron os homes e os fillos, que se tiveron
que repoñer a tanto horror e tanta dor para sacar adiante a súa
familia, convivir cos asesinos dos seus compañeiros ou coller un
barco cara o exilio talvez para nunca regresar. Falo de Amalia
Bóveda e de Amada García, de Syra Alonso e de
Mariví Villaverde, de María Miramontes ou de María
Casares. A súa entrega á causa de Galiza e da democracia e o
seu enorme sacrificio humano non poderían ter mellor homenaxe que
que unha muller de hoxe presida este país para que as liberdades e
os ideais que elas abrazaron se transformen por fin na construción
dunha nova Galiza, dun país novo, nun cambio político
verdadeiramente transformador, feminino e feminista.
Están tamén todas aquelas mulleres
que foron pioneiras na utilización e na defensa da lingua galega, na
Universidade, nas letras, na medicina, na investigación científica,
nas artes, na arquitectura, no deporte, na empresa, na avogacía, na
vivencia plena da súa sexualidade.., as mulleres que puxeron os
alicerces dun país diferente e moderno, mulleres como Rosalía de
Castro, Xohana Torres ou María Xosé Queizán,
como Juana de Vega, María Luz Morales ou María
Barbeito, como Manuela Barreiro, Antonia Ferrín
Moreiras ou Ángeles Alvariño, como Irene González
Basanta, Marcela ou Elisa, como Carmen Arias,
Amparo Alvajar ou Antía Cal… A obra, a vida e a
memoria de todas estas mulleres ninguén a pode honrar e homenaxear
mellor na Galiza de hoxe que outra muller que se mire cada día nese
inmenso e luminoso espello que conforman todas elas.
Mulleres que ocupan un lugar na
historia e milleiros e milleiros de mulleres anónimas que seguen a
se erguer cada mañá para exercer a docencia, a medicina, o coidado
das persoas doentes ou das persoas dependentes, a xestión das súas
pequenas e medianas empresas, a condución dun taxi, dun autobús ou
dun camión, a atención ao público na administración, nun
supermercado, nunha cafetería ou nunha tenda, a investigación
científica nun laboratorio, a explotación dunha granxa, o marisqueo
nas nosas rías, a dirección dunha película, o traballo de actriz
ou de bibliotecaria e outras moitas actividades profesionais, ás
veces lonxe dos seus, noutros países, ás veces aquí e aló en
condicións discriminatorias e mesmo sufrindo violencia machista.
Mulleres de xeracións varias, de status sociais diferentes, que
erguen a economía e o país e soñan cada día cun futuro mellor
para elas e para os seus.
Nós non vemos nos anos vinte do
século XXI, 90 anos despois de que as mulleres puidesen exercer o
seu dereito ao voto, como se pode visualizar mellor o cambio político
en Galiza que poñendo por primeira vez na historia e cun grande
respaldo social unha muller da categoría humana e política de Ana
Pontón na Presidencia da Xunta de Galicia, unha muller que
recolleu de todas as mulleres que a precederon a súa forza e o seu
orgullo de ser muller para devolvérllelo nunha aposta decidida por
un novo país no que as mulleres todas poidan ter outra vida e sexan
tamén protagonistas da historia. Esa será, sen dúbida, a mellor
foto que podemos ofrecerlle ao conxunto da sociedade galega, a España
e ao mundo do cambio político galego, a demostración máis clara de
que este país entra definitivamente noutro tempo histórico e noutro
século.
O goberno
galego non pode continuar nas mans dunha dereita que vai a cabalo
dunha extrema dereita que reivindica os valores do máis puro
franquismo. Somo moitas as persoas, cada vez máis, que acreditamos
no futuro deste país e que pensamos que con Ana Pontón Galiza ten a
oportunidade de comezar a ser unha nación moderna, de poñer en
marcha unha acción de goberno transformadora, de ter á fronte da
Xunta de Galicia unha muller que posúe a intelixencia, a dignidade e
a coraxe política necesaria para defender os intereses galegos sen
pedir permiso a Madrid.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-77742719600113655592023-11-20T04:48:00.000-08:002023-11-20T05:19:07.994-08:00 Tres razóns para o cambio político galego (II)
Contra o que pensan moitas persoas
que identifican o nacionalismo só con cuestións identitarias,
culturais e lingüísticas, algunhas das máis destacadas
personalidades do nacionalismo galego fórono precisamente polos seus
traballos de carácter económico. Nese sentido foi certamente
extraordinario o esforzo intelectual que fixeron persoeiros como Lois
Peña Novo, Cruz Gallástegui ou Alexandre Bóveda
durante os anos vinte e trinta do século XX. Bóveda, que era
funcionario de Facenda, foi en realidade o cerebro económico do
Anteproxecto de Estatuto do Seminario de Estudos Galegos, do
programa do Partido Galeguista e do proxecto de Estatuto de
Autonomía do 36, aprobado pola Asemblea de Concellos en decembro
de 1932, ademais de ser o principal organizador da constitución da
Caixa de Aforros de Pontevedra, responsabilizándose da
redacción dos seus estatutos, do regulamento interno e do seu
primeiro cadro de persoal, unha experiencia que el aproveitaría
posteriormente para a defensa dunha banca pública galega e para os
seus importantes contributos en materia fiscal. Alexandre Bóveda foi
dos primeiros en darse conta de que sen soberanía económica non hai
soberanía política e de que era imprescindíbel cuestionar o
sistema fiscal do Estado español, que lle concede ao Goberno central
todo o poder financeiro.
DOUS LIBROS FUNDAMENTAIS
Xa na posguerra ese traballo está
presente no labor de Valentín Paz-Andrade e de Xaime Illa
Couto. Se ao primeiro lle debemos un título fundamental como
Galicia como tarefa, ao segundo débeselle precisamente a
aparición da Revista de Economía de Galicia, anterior á
propia creación da Facultade de Económicas na Universidade
de Santiago. Poucos anos despois, en 1972, a Editorial Galaxia
publica a obra capital do pensamento económico galego, O atraso
económico de Galicia, de Xosé Manuel Beiras, que xunto
con Escedente económico e análise estructural, de Ramón
López-Suevos, que aparece igualmente en Galaxia en 1977, supoñen
unha auténtica revolución no estudo das causas e dos efectos do
espolio dos nosos recursos. Eles dous, desde esas obras e desde as
súas cátedras, abren o camiño para outras moitas persoas que nas
décadas seguintes se van dedicar á investigación e ao coñecemento
da economía galega desde diversas perspectivas.
AS BASES CONSTITUCIONAIS
Xa no plano estritamente político,
non podemos ignorar aquí a importantísima contribución de Camilo
Nogueira. Cando na primavera de 1976 o Consello de Forzas
Políticas Galegas impulsa as Bases Constitucionais para
a participación da Nación Galega nun Pacto Federal, o profesor
Xose Vilas Nogueira elabora, con achegas de outras persoas, a
parte xurídico-política das Bases e Camilo Nogueira as Medidas
Económicas para un Programa de Goberno Galego, que é o outro
documento que integra esta alternativa programática do nacionalismo
galego para unha posíbel ruptura democrática que finalmente non
foi.
Lendo agora de novo o contido
daquelas Bases, tantísimos anos despois, dámonos conta de como o
nacionalismo galego á altura de 1976 tiña perfectamente detectadas
as causas do atraso económico e os pasos que compría dar para un
desenvolvemento económico de Galiza. Entre os eixos cardinais daquel
documento estaba, por exemplo, a transformación do ciclo produtivo
das materias primas deica as últimas fases, a utilización da
produción de enerxía en función das necesidades propias, o
desenvolvemento dun complexo agro-industrial baseado nos recursos
agrícolas, gandeiros e forestais ou medidas necesarias para por o
aforro galego ao servizo do propio desenvolvemento económico do
país. Que cada quen xulgue se algo diso se fixo desde a Xunta de
Galicia nalgún dos sucesivos gobernos de Fernández Albor,
Manuel Fraga, Núñez Feixoo ou Alfonso Rueda.
Décadas e décadas perdidas para o desenvolvemento económico de
Galiza.
Por certo, Camilo Nogueira, ademais
dos documentos para organizacións políticas como a UPG, a
AN-PG ou POG, nos anos oitenta elaborará, así mesmo,
outros importantes traballos, entre os que cómpre destacar o
traballo “Evolución histórica e estrutura sectorial da economía
industrial”, que aparece no libro O poder industrial en Galicia,
publicado en edicións Xerais en 1980, do que é coautor Xan López
Facal.
A LEI DE BASES
Pero se a alterativa das Bases
Constitucionais era unha proposta programática para unha ruptura
democrática e para a estruturación dun estado federal, en setembro
de 1987 o BNG presenta no Parlamento galego unha Proposición
de Lei coñecida co nome de Lei de Bases, que constitúe un
programa de medidas urxentes para a recuperación e o desenvolvemento
económico e social do país dentro dos límites do actual marco
estatutario. É unha alternativa formulada desde o realismo e a
responsabilidade política por unha forza nacionalista que ve con
enorme preocupación como pasan os anos e a Xunta de Galicia non
actúa fronte aos problemas máis graves do país.
A Base I do articulado desa
Proposición de Lei contemplaba catro instrumentos dos que a día de
hoxe Galiza segue a carecer: o Instituto Galego de Economía
Pública, un Plan de Desenvolvemento Económico de Galiza,
endóxeno e autocentrado, a creación dun Banco Público Galego
e a reforma das vías de financiación. E logo figuraba todo
un programa de medidas a adoptar nos diversos sectores da economía
galega.
UN PROGRAMA DE GOBERNO PARA A GALIZA
DE HOXE
O nacionalismo galego, pois, non só
se dotou desde comezos do século XX dun importante corpus teórico
sobre a economía galega, senón que formulou propostas económicas
para levar a cabo desde unha acción de goberno, primeiro a través
das Bases Constitucionais e logo a través da Lei de Bases,
obxectivos que aínda hoxe teñen plena vixencia e que o PP segue sen
ter no seu horizonte. A maiores, na actualidade contamos cunha
amplísima bibliografía sobre a economía galega, con innumerábeis
traballos de investigación e numerosas teses de doutoramento.
O único que neste momento nós
botamos en falta é unha especie de nova Lei de Bases ou de Programa
de Goberno que diagnostique con rigor a situación económica de
Galiza no contexto estatal , europeo e internacional de hoxe e que
formule unha serie de medidas urxentes para poñer a producir o país,
con solucións concretas aos graves problemas que sofren os
diferentes sectores dentro do marco competencial do Estatuto de
Autonomía, até onde sexa posíbel. E, naturalmente, esa alternativa
para o desenvolvemento económico de Galiza só pode vir da man do
nacionalismo galego, que é quen situou sempre, en todas as súas
etapas, a economía galega entre os seus obxectivos prioritarios,
unha tarefa na que traballaron algunhas das nosas mentes máis
lúcidas.
Xusto cando tiñamos practicamente
rematado este artigo chéganos a noticia de que o BNG acaba de
constituír un Consello Asesor para reforzar a elaboración do
Programa de Goberno para as vindeiras eleccións autonómicas. Nada
nos podía alegrar máis o día que ver que nese equipo humano están
persoas como Alfredo Suárez Canal, Teresa Táboas,
María do Carme García Negro, Edelmiro López,
Salustiano Mato ou Mar Pérez Fra. Coma quen di, o
Seminario de Estudos Galegos do século XXI. O país non pode
desaproveitar o coñecemento e a experiencia de todas aquelas persoas
que durante tantos anos puxeron a súa lucidez e a súa vida ao
servizo do país. Ana Pontón como candidata á Presidencia da
Xunta non podería ter mellor aval.
O soño do
desenvolvemento de Galicia, como titulou Manuel Roca Cendán
o seu segundo libro sobre Lois Peña Novo, segue a ser tamén o soño
de moitas persoas neste país, dunha amplísima maioría social que
quere unha Galiza próspera e non empobrecida polo espolio e polo
capital depredador. O soño do desenvolvemento de Galiza é unha
razón máis, e das máis importantes, para o cambio político
galego.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-11139166391762528892023-11-07T08:14:00.006-08:002023-11-20T04:49:55.533-08:00Tres razóns para o cambio político galego (I)
Aínda que foi unha fría mañá de decembro de 1981, no xélido Pazo de Xelmírez, cando se constituíu o Parlamento galego por vez primeira na nosa historia, xa desde 1978 había unha Xunta preautonómica, que presidiu Antón Rosón, entre 1978 e 1979, e José Quiroga Suárez, entre 1979 e 1982, os dous da UCD. O sistema político galego foi edificado, por tanto, e desde o primeiro momento, por partidos estatais de dereita que nada tiñan a ver coa reivindicación histórica da Autonomía galega. Estes partidos (Unión de Centro Democrático, Alianza Popular e Partido Popular) ocuparon a Presidencia da Xunta de Galicia durante case todo ese longo período político, en concreto 39 dos 45 anos. Se exceptuamos os dous anos do tripartito e os catro do bipartito, a dereita gobernou Galiza case de forma ininterrompida todo o que levamos de etapa autonómica. Só por hixiene democrática xa sería preciso o cambio político galego.
DE FERNÁNDEZ ALBOR A ALFONSO RUEDA
Ás veces parece que non temos moita conciencia desta realidade política e que incluso nos custa asociar a perda de peso político, económico e demográfico que experimentou o noso país nas últimas décadas a quen realmente exerceu o poder autonómico durante tantísimos anos, cunha evolución, ademais, que evidencia a renuncia progresiva do exercicio do autogoberno, mesmo desde o punto de vista simbólico. Abonda con dar un dato: O 13 de decembro de 1987, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, tiña lugar en Compostela a primeira grande manifestación en defensa da lingua galega, que remataba nunha ateigada Praza da Quintana. O 8 de febrero de 2009, vinte e un anos despois, Galicia Bilingüe organizaba outra manifestación, tamén polas rúas de Santiago, baixo o lema “Quiero libertad para elegir” e “Contra la represión lingüística”. Na primeira manifestación, detrás dunha pancarta que dicía “Galiza en galego”, si, Galiza, non Galicia, camiñaban Xerardo Fernández Albor e se non lembro mal Xesús Palmou, cóbado con cóbado con Bautista Álvarez, Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira e Anxo Guerreiro. Na segunda manifestación, na de Galicia Bilingüe, era Alfonso Rueda o que camiñaba xunto a Gloria Lago, Rosa Díez e Albert Rivera, protagonizando a primeira ofensiva contra a normalización lingüística desde que temos Autonomía. Dúas fotos e dous momentos que expresan perfectamente a evolución ideolóxica da dereita galega.
O DEBATE SOBRE O ESTADO PLURINACIONAL
Estamos a vivir agora unha circunstancia política na que Cataluña e Euskadi, máis unha vez, actúan politicamente para seren povos recoñecidos como nacións na estrutura do Estado español. Galiza, desde o seu propio goberno autónomo, non está nesa negociación nin nesa ambición política. Neste contexto onde se volve a falar do problema territorial e do estado plurinacional, a Xunta de Galicia que preside Alfonso Rueda e o conxunto do Partido Popular de Galicia nin sequera fan o exercicio de lembrar que Galiza tamén existe, que o artigo 1 do actual Estatuto de Autonomía fala de Galiza como “nacionalidade histórica”, é dicir, co mesmo status co que foron aprobados os estatutos de autonomía das outras dúas nacións. Todos e todas nós sabemos que cando a Constitución española se refire no seu artigo 2 a “nacionalidades y regiones” é precisamente para intentar resolver naquel momento da Transición o encaixe territorial de Galiza, Euskadi e Cataluña, aínda que posteriormente Andalucía tamén definirá a Comunidade Autónoma como nacionalidade.
Non facer valer hoxe esa condición no actual debate político é unha renuncia que só pode asumir quen non acredita nin en Galiza como nación nin no autogoberno, como é o caso de Alfonso Rueda. Alguén imaxina a Castelao, a Alexandre Bóveda ou a Francisco Fernández del Riego non dando esa batalla por Galiza? Alguén imaxina a Xosé Manuel Beiras, a Camilo Nogueira, a Anxo Quintana ou a Ana Pontón renunciando a situar a Galiza en iguais condicións de soberanía política que Euskadi e Cataluña, tal e como fixo o Partido Galeguista na II República?
UNHA SOA COMPETENCIA EN 14 ANOS
Alberto Núñez Feixoo impediu en 2007, durante o goberno bipartito, que o noso Estatuto de Autonomía puidese alcanzar un maior teito competencial, mentres que si o facían o resto das autonomías. Posteriormente, baixo os seus gobernos e os de Alfonso Rueda, a Xunta de Galicia só negociou co Goberno central a transferencia dunha soa competencia en 14 anos (o imposto sobre o depósito de refugallos), mentres Euskadi lograba a transferencia de 26 novas competencias, Cataluña 11 e Andalucía 16. E agora Alfonso Rueda nin sequera defende aquilo que propoñían os chamados “galeguistas históricos” na primavera de 1977, Ramón Piñeiro entre eles: “para o caso de que a fórmula federal non prosperase, a representación galega tería que reclamar para Galicia os mesmos direitos autonómicos que se lles reconocesen ás outras nacionalidades”. Endexamais defenderán nin dirán tal cousa os actuais dirixentes do PP.
Para que Galiza exista non xa como nación en marcha, senón como suxeito político galego, resulta, pois, imprescindíbel desaloxar urxentemente e con contundencia democrática ao Partido Popular da Xunta de Galicia. O PP de Núñez Feixoo e de Alfonso Rueda representa claramente a antítese do que é un proxecto político coherente coa idea de autogoberno que forma parte da historia de Galiza desde as Irmandades da Fala e do vello Partido Galeguista.
Velaquí unha primeira e poderosa razón para un cambio político galego para calquera persoa nacionalista ou galeguista que acredite no noso país e no autogoberno galego.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-39835413010790217812023-10-24T01:02:00.003-07:002023-10-24T01:02:00.147-07:00Lean a Camilo Nogueira
Hai quen agora fala todo o día de Palestina e nunca tocou coas súas mans a pel dun deses nenos ou desas nenas palestinas que levan nos seus ollos o terror da violencia e da barbarie, nin nunca cruzou unha soa palabra cun pai ou unha nai de Gaza que tivo que correr baixo as bombas do Exército de Israel cun fillo nos brazos. Camilo Nogueira si viviu esa realidade humana. Cando falaba de Palestina no Parlamento Europeo facíao tamén desde o vivido en primeira persoa.
Talvez para a maioría da sociedade galega actual Camilo Nogueira Román (Vigo, 1936) é só o nome dun destacado político galego asociado a Esquerda Galega e ao BNG ou, no mellor dos casos, un dos referentes históricos do nacionalismo galego contemporáneo, que non é pouca cousa, naturalmente. Só por iso xa merecería toda a nosa admiración, por tanta e tan xenerosa entrega ao país. Mais Camilo Nogueira é tamén unha das nosas grandes figuras intelectuais, un dos nosos máis brillantes ensaístas, cunha extensa e importante obra publicada. Abonda con citar algúns títulos: O poder industrial en Galicia (1980), A memoria da nación I. O reino de Gallaecia (2001) ou o seu último libro, o seu legado intelectual: Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010), publicado en 2019, cando o autor xa cumprira 83 anos de idade. Case 800 páxinas a través das que podemos viaxar pola historia de Galiza desde a Idade Moderna ao inicio do século XXI. Unha lectura certamente imprescindíbel.
Pero hoxe queremos traer aquí outro dos seus libros, de obrigada lectura nestes tempos de tanta barbarie, tanto horror, tanto sufrimento e tanta dor nos nosos corazóns polo xenocidio que está suceder en Palestina: A rota do sol, publicado por Edicións Laiovento en 2011, unha mirada sobre o acontecer histórico, económico, social e cultural de Galiza desde a Guerra Fría até os nosos días e unha mirada sobre o mundo, sobre o exterior, porque Camilo Nogueira, desde o seu pensamento nacionalista, nunca deixou de estar preocupado polo que acontecía en calquera parte do planeta, nomeadamente naqueles países que sofren o colonialismo, a represión política e a inxustiza social. Posibelmente A rota do sol é o mellor libro para descubrir ou coñecer máis profundamente a Camilo Nogueira en toda a súa dimensión política, intelectual e humana.
Un dos capítulos deste libro está todo el dedicado a Palestina. Aínda que a Camilo Nogueira lle preocupou a situación do pobo palestino desde os seus tempos de deputado de Esquerda Galega no primeiro Parlamento galego, foi durante a súa etapa como eurodeputado do BNG, entre 1999 e 2004, cando o conflito entre Israel e Palestina centrou unha parte importante do seu traballo parlamentario. A rota do sol recolle diversas intervencións parlamentarias e varios artigos de Camilo Nogueira que nos axudan a comprender todo un proceso histórico e unha situación política que vive agora un dos momentos máis dramáticos da historia da humanidade.
Cando Camilo Nogueira falaba na Cámara europea ou reflexionaba en artigos e ensaios sobre Palestina, facíao sempre con coñecemento persoal, con experiencia propia do vivido nas súas viaxes a Palestina en 2002, 2004, 2008 e 2009, formando parte de misións do Parlamento Europeo. Eran intervencións e traballos que falaban dos campos de refuxiados, do terror, dos bombardeos, da miseria e da desolación que contemplou cos seus propios ollos en Palestina, camiñando entre as vítimas. Os títulos dos textos que figuran neste libro son ben expresivos: “Apartheid”, “Reinado do terror”, “Ante tanto terror”, “Gaza asediada”, “Bombardear un campo de concentración”, “Chumbo fundido”, “Arrogante impunidade” …
Camilo Nogueira alza a súa voz unha e outra vez para denunciar a masacre de Ienin, o cerco á sede do Presidente Arafat, a construción do infame muro da separación, o asesinato do líder espiritual dunha parte do pobo palestino Ahmed Iassin, o asedio da Mugata de Ramallh, o ataque a Gaza entre decembro de 2008 e xaneiro de 2009… E dá algunhas claves para entender este conflito: o incumprimento das resolucións da ONU por parte de Israel, a ocupación como causa última da espiral de violencia e do terrorismo, a responsabilidade política de Israel e dos países que sustentan a súa acción, como os EEUU e mesmo os estados da Unión Europea ou os estados árabes da zona, ou a non aceptación por parte de Israel da vitoria parlamentaria de Hamás, un grupo que antes impulsaran os propios israelís contra o Al Fatat de Iassir Arafat. “A Unión Europea, que fai chegar aos palestinos a principal axuda financeira, especialmente en Gaza, -escribía Camilo Nogueira en 2008- podería ter a clave da solución de se atrever a utilizar todo o seu poder político e económico, sen estar sometida aos intereses estratéxicos dos EEUU”.
Noutro dos seus textos sobre Palestina, escrito en 2006, di Camilo Nogueira: “Nesta situación, chegou para a Unión Europea a hora de manifestar que o obstáculo determinante para a creación do Estado palestino e da coexistencia dos dous Estados non está na sociedade palestina, nin sequera na árabe, senón no afán de dominación de Israel e na ocupación dun territorio que non lle pertence. Está nun Estado xudeu que non abandona a pretensión de ocupar permanentemente parte do territorio de Cisxordania e Gaza, sen respeitar as fronteiras de 1967 fixadas nas resolucións da ONU”. Que autoridade política española ou europea ten a coraxe de dicir isto hoxe?
Hai análise e reflexión neste textos, pero tamén vivencias moi persoais. Nunha das crónicas que escribe Camilo Nogueira da súa experiencia por terras de Palestina, narra o que lle sucedeu unha vez en Israel, á saída de Gaza: “A pesar de que só tiña no peto a carteira, co cartón de crédito e o pasaporte, logo dun escaneado rotatorio fun desviado a outros cubículos en que repetiron a operación, e despois introducíronme, por ordes dadas desde a altura e sen posibilidade material de desobedecelas ou contestalas, nunha cela que se fechou hermeticamente ás miñas costas, sen que ninguén acudise de inmediato. Ao cabo dunha media hora, desde outra cámara separada por un vidro pedíronme que me espise. Entraron logo dous ghichos que aínda me pasaron un escáner manual por todo o corpo á procura de non sei que. Só despois de todo iso, e sen recibir ningunha explicación nin desculpa, puiden reunirme co grupo, para soportar posteriormente, como todos, o insolente e demorado control do pasaporte”.
Se isto llo fan a un eurodeputado formando parte dunha Misión do Parlamento Europeo, que non lle farán a un palestino! Anos despois, en febrero de 2023, a eurodeputada nacionalista galega Ana Miranda, que segue activamente a liña da defensa de Palestina de Camilo Nogueira, sufriría tamén a represión das autoridades de Israel, expulsándoa do seu territorio, obrigándoa a retornar a Madrid desde Tel Aviv, a pesar de formar parte dunha delegación oficial do Parlamento Europeu que viaxaba a Cisxordania e Gaza. O “delito” de Ana Miranda fora participar na Flotilla Internacional da Liberdade do 2015 para achegar axuda humanitaria a Gaza.
Hai quen agora fala todo o día de Palestina e nunca tocou coas súas mans a pel dun deses nenos ou desas nenas palestinas que levan nos seus ollos o terror da violencia e da barbarie, nin nunca cruzou unha soa palabra cun pai ou unha nai de Gaza que tivo que correr baixo as bombas do Exército de Israel cun fillo nos brazos. Camilo Nogueira si viviu esa realidade humana. Cando falaba de Palestina no Parlamento Europeo facíao desde o vivido en primeira persoa: “Señor Presidente, como o meu colega que falou anteriormente, eu tamén estiven onte no campo de refuxiados de Ienin”. De aí o valor dos seus textos. De aí a importancia de lermos hoxe un libro como A rota do sol, nun momento no que estamos a vivir de novo un xenocidio, unha masacre que nos demostra máis unha vez o desprezo máis absoluto que o ser humano é capaz de sentir por outro ser humano.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-26054751942065160082023-09-27T04:46:00.009-07:002023-09-27T04:46:59.524-07:00A disolución do Partido Galeguista no interior
Se temos que situar o momento da
disolución definitiva do Partido Galeguista do interior, este sería
posibelmente en 1958, na Rosaleda.
Unha segunda lectura que fixemos
estes últimos días de verán do libro de Xosé Manuel Beiras
Retratos en fite (Edicións Laiovento, 2022), que recolle un
conxunto de textos imprescindíbeis para coñecermos moito mellor a
figura de Beiras, a historia política contemporánea de Galiza e
algunhas das figuras que a protagonizaron (Alexandre Bóveda,
Paz Andrade, Otero Pedrayo, Paco del Riego,
Carvalho Calero…), sempre tamén desde o plano máis humano
e íntimo, textos todos eles escritos cunha prosa brillante e
deliciosa e mesmo con vontade narrativa; a lectura deste libro,
repito, convidounos a regresar, máis unha vez, a outros textos nos
que tamén se fala sobre unha famosa reunión que se levou a cabo nos
anos cincuenta na Rosaleda, na casa de Domingo García-Sabell,
e que podemos considerar o acto formal da disolución definitiva do
Partido Galeguista.
Algo había no relato de Xosé
Manuel Beiras que non nos encaixaba no que nós tiñamos lido
anteriormente. En dúas ocasións fai Beiras referencia a esa reunión
nas páxinas deste libro. Nun dos traballos, concretamente nun
magnífico e emocionante texto sobre don Ramón Otero Pedrayo,
escrito na Reboraina de Aguiar en 2020, di o seguinte: “…aló
polo 1953, veu a Galiza unha ´embaixada` do Consello de Galiza (…).
O ´mensaxeiro` fora Perfecto López (…). Nas miñas
rememoracións sempre dubidei de que fose nese ano ou no seguinte,
mais a publicación por Galaxia no 2018 dunha biografía de Perfecto
López, da autoría de Xosé María Rei Lema, lévame a
concluír que tivo que ser no 1953. Segundo esa obra, o Perfecto tivo
nese ano varias reunións na Galiza coa xente de Galaxia. A que non
relata é a única da que podo dar fé como testemuña presencial”.
A ROSALEDA, 1958
Se imos ao libro A nación
incesante. Conversas con Xosé Manuel Beiras (Sotelo Blanco,
1989), veremos que o propio Beiras, falando desa reunión, nos di que
“isto tivo que ser non mais tarde de cando eu estava en segundo ou
como muito terceiro de carreira”. Así mesmo, xa algúns anos
antes, Xosé Luís Franco Grande dera conta desa xuntanza na
obra Os anos escuros I, (Edicións Xerais, 1985). E Franco
Grande sitúaa en 1958. Lembremos que o libro de Franco Grande comeza
narrando a súa chegada a Compostela, no outono de 1954, para cursar
Filosofía e Letras. Se a reunión fose en 1953 posibelmente nin
Beiras nin Franco Grande poderían participar nela, porque os dous
terían nese momento 17 anos, e o segundo deles creo que nin sequera
estivera nunca en Compostela até o día que chegou a esa cidade para
facer os estudos universitarios. Como Xosé Manuel Beiras rematou a
carreira de Dereito en 1957 con 21 anos recén cumpridos e ese mesmo
ano marchou a París, nós pensamos que a reunión foi cando el xa
estaba en París, e todo parece indicar que, efectivamente, foi en
setembro de 1958, que é a data que dá Franco Grande e o propio
biógrafo de Perfecto López, Xosé María Rei Lema. Iso explica, por
outra parte, que nas reunións de 1953 que relata Rei Lema na
biografía de Perfecto López (Perfecto López. Un vimiancés na
Galiza Ideal, Galaxia 2018) non apareza a xuntanza que viviu Xosé
Manuel Beiras na Rosaleda.
Perfecto López, fillo e neto de
dúas mulleres xornaleiras dunha aldea de Vimianzo, emigrara moi mozo
a Arxentina, onde se fixo un grande empresario da industria do
automóbil, e cando Castelao chega a ese país en 1940, el
será unha das persoas que forma parte do seu círculo de amigos máis
íntimos, xunto con Manuel Puente, Xosé Benito Abraira
e Rodolfo Prada, dándolle protección económica a Castelao e
a Virxinia Pereira e participando en todas as actividades que
protagoniza o dirixente nacionalista, así como facendo de mensaxeiro
entre o galeguismo do exilio e o galeguismo do interior nas diversas
viaxes que fixo a Galiza. Foi tamén el o que en 1949 puxo en
contacto por última vez a Castelao con Otero Pedrayo a través dunha
conversa telefónica desde o Hotel Compostela e o que uns días
antes da morte de Castelao levou de Galiza terra galega para poñer
sobre o seu corpo. Cada vez que nós collemos entre as mans a
noveliña de Méndez Ferrín Retorno a Tagen Ata, non podemos
evitar pensar en Ramón Piñeiro e en Perfecto López.
O CONTEXTO POLÍTICO DOS ANOS 50
Para non sermos inxustos nin
simplistas sobre o papel que xogou o galeguismo na clandestinidade,
durante a década dos corenta, nas condicións políticas máis
adversas, talvez é imprescindíbel ler a obra Castelao e os
galeguistas do interior (Editorial Galaxia, 2000, edición de
Xavier Castro) ou o que Ramón Piñeiro lle contou a
Suso de Toro para o libro Camilo Nogueira e outras voces
(Xerais, 1991). Así fala Piñeiro: “¿Cales eran os nosos
problemas no ano 50? Primeiro, que xa pasaran catorce anos desque
estaba Franco no poder. Que a xente, da nosa xeración para arriba
estaba totalmente traumatizada pola Guerra Civil e non quería ¡nin
oír! falar de política. Aterrada. E non era para menos. Os que
vivimos a represión e o terror, aínda que nós nos arriscásemos,
comprendemos que o pánico era moi natural. As novas promocións de
mozos estaban absolutamente desgaleguizadas, absolutamente (…)
Primeiro problema, facíase necesaria algunha forma de presencia
pública de Galicia (…) Foi cando se creou Galaxia”.
Como moi ben coñecemos, o
desencontro e o enfrontamento entre o galeguismo do interior e o de
América manifestouse xa en vida de Castelao, e tras a súa morte
aínda se agudizou moito máis a distancia entre os dous universos
políticos que representaban o nacionalismo galego, o de aquí e o de
aló. Os de América consideraban que o galeguismo do interior
abandonara a acción política e os de aquí xustificaban a súa
estratexia con argumentos como os que se expoñen nun documento
elaborado posibelmente en 1954 para unha xuntanza do PG da zona de
Vigo para dar conta da viaxe de Francisco Fernández del Riego a Bos
Aires e da situación política daquel momento: “…o Estado exerce
unha implacábel presión represiva sobre calisquer forma de
aitividade pública que o galeguismo adoite. Nistas condicións de
estrema adversidade, o único verdadeiramente importante é impedir
que Galicia non perda a concencia dos seus propios problemas. Crear
concencia galeguista, concencia dos problemas xenuinos de Galicia é
o labor máis importante do galeguismo. Ista concencia será mañán
forza política positiva e aituante. Ista forza, desaparecido o
franquismo, aituará con plena eficacia política de acordó co-as
condicións reales do futuro político español”.
A ESTRATEXIA DE RAMÓN PIÑEIRO
Esta foi a estratexia política de
Ramón Piñeiro e do galeguismo do interior nos anos cincuenta. E
unha cousa é que poidamos considerar politicamente desafortunada a
estratexia de Piñeiro desde comezos dos anos sesenta até a
constitución do primeiro Parlamento galego, así como profundamente
moi errada e nefasta para o país a súa ruptura coa mocidade
nacionalista que abrazaba as ideas do marxismo, e outra cousa moi
distinta sería non comprendermos as razóns polas que o galeguismo
do interior reorientou o seu compromiso político a través da acción
cultural desde 1950.
Ramón Piñeiro e Perfecto López en 1958.
Fonte: Henrique Monteagudo/Galaxia.
Se temos que situar o momento da
disolución definitiva do Partido Galeguista do interior, este sería
posibelmente en 1958. Así a describe Xosé Manuel Beiras: “Foi
esa xuntanza que tivo lugar na casa de García-Sabell na Rosaleda, e
que revestiu o carácter de sesión formal do Partido Galeguista. De
feito, no amplo comedor da vivenda, a mesa estaba presidida –estouno
a ver aínda con absoluta nitidez- por don Ramón, acompañado, a
dereita e esquerda, por Gómez Román –derradeiro secretario
do partido, non si?- e mais por Cabanillas. Arredor dela,
ademais de Perfecto López, os homes de Galaxia –Piñeiro, Del
Riego, Isla Couto, García-Sabell e algún máis que non dou
visualizado agora. E dous ou tres ´novos` -Franco Grande, eu mesmo e
coido que López Nogueira (…) A mensaxe política era
sinxela: os de América, ou o Consello (de Galiza), propuña a
reorganización do Partido Galeguista ´do interior` e a súa
expansión proselitista, ianque non practicase un activismo que
puxese en perigo a estratexia da política cultural”.
Pola súa parte, Xosé Luís Franco
Grande, que, como xa dixemos, tamén participou naquela histórica
reunión, lémbraa así: “Piñeiro quixo ´lerlle a cartilla` (a
Perfecto López) e montou algo verdadeiramente espectacular daquela
(e digo espectacular por non dicir outra cousa, xa que as reunións
masivas como aquela era algo que moi dificilmente pasaba
desapercibido á policía): na Rosaleda, na casa de García-Sabell,
fíxose unha xuntanza de galeguistas chegados de todo o país,
presidida por Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas e Gómez Román, os
tres vellos patriarcas do galeguismo. Interviña cada un dos
presentes –eu tamén o fixen, como Beiras, en representación dos
novos- e largaba unha perotata sobre un tema calquera, preparada –e
aínda escrita- antes por Piñeiro, intervencións nas que se foron
tocando todos os temas vivos da cultura e da realidade presente de
Galicia, coa intención de explicarlles aos nosos emigrados que
problemas eran os que aquí tiñamos (…) Todo aquilo, folga dicilo,
supuxo un traballo férreo para Piñeiro, que pasou semanas e
semanas mecanografando folios e folios, consciente de que cumpría co
seu deber. Todo o material entregóuselle a Perfecto López para que
o fixese chegar aos representantes das comunidades galegas de Buenos
Aires”.
A RUPTURA ENTRE O GALEGUISMO E O
NACIONALISMO
Se ao longo da primeira parte dos
cincuenta o labor da Editorial Galaxia pasou a ser a prioridade do
galeguismo do interior e a actividade política do PG practicamente
xa non existía, a partir daquela reunión na Rosaleda en setembro de
1958, o PG desapareceu por completo da oposición ao franquismo. E ao
noso humilde xuízo, o que resulta menos comprensíbel non é aquela
decisión de Ramón Piñeiro, que a podemos entender perfectamente
naquel contexto da ditadura e naquela conxuntura internacional, senón
a súa oposición rotunda a reconstruír o PG algúns anos despois,
desde comezos dos sesenta, para ser un actor político principal no
final do franquismo, con todo o peso histórico que esa sigla tiña,
e dese xeito reforzar o papel do nacionalismo galego no seu conxunto
na Transición. Cremos nós que esa foi a grande equivocación de
Ramón Piñeiro, ademais do seu feroz anticomunismo e da súa
intransixencia para aceptar a liña nacionalista de Castelao, que
defendían sobre todo algúns mozos de “Brais Pinto” (Méndez
Ferrín, Bautista Álvarez, Reimundo Patiño), que logo
participarán activamente na fundación do Consello da Mocedade
e da UPG. Nese momento o galeguismo e o nacionalismo galego
quedaron esgazados, con consecuencias moi nefastas para a historia de
Galiza, que aínda chegan aos nosos días. A primeira vítima daquel
traumático proceso foi Antón Moreda, que era secretario
xeral do Consello da Mocedade e que foi expulsado xunto con outros
mozos polo sector afín a Ramón Piñeiro.
A ruptura no seo do nacionalismo foi
humanamente tan profunda que hai agora dez anos, cando se inaugurou a
Casa-Museo Manuel María, encomendóuseme a min falar con varios
poetas amigos de Manuel María, algúns deles da súa mesma
xeración, para convidalos a participar nun recital poético en
Outeiro de Rei, e un deles díxome, iso si, moi amabelmente, e
sentíndoo moito, que non podía participar nese acto porque había
pouco un dos poetas invitados chamáralle traidor. Nada menos que por
algo que sucedera no Bar Viño de Compostela e no Colexio
Fingoi de Lugo cando eles dous eran uns mozos, en 1963, 50 anos
antes!
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-40801739208650720812023-09-17T04:51:00.010-07:002023-09-17T04:58:59.979-07:00Talvez a mellor novela de Carlos Casares
e Bernardo Benabade. Anos noventa.
Non resulta para nada doado
seleccionar un único libro de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo,
2002), porque creo que este autor non escribiu ningún título que
non teña interese para calquera lector ou lectora, desde Vento
ferido (1967) a O sol do verán (2002). Francamente todo o
levou a cabo con grande brillantez intelectual e fortuna literaria.
Non hai un só título que careza de importancia no conxunto da súa
obra. Aínda así temos a sensación de que hai unha ampla
coincidencia na crítica literaria galega de que talvez a súa obra
máis ambiciosa é a novela Deus sentado nun sillón azul.
Nós, desde logo, tamén o cremos.
Entre os proxectos académicos
iniciais de Carlos Casares estivo elaborar unha tese de doutoramento
sobre os escritores ourensáns da Xeración Nós. Finalmente non
acabou rematando ese traballo, pero si investigou e estudou a fondo
eses autores, as súas obras e o seu tempo, e incluso chegou a
manter unha estreita relación con don Vicente Risco e don Ramón
Otero Pedrayo. Froito diso son as súas magníficas biografías sobre
estas dúas figuras, un xénero que Casares cultivou maxistralmente
en varios libros. E serán precisamente algúns trazos da
personalidade de Risco os que sen dúbida atoparemos no personaxe
principal desa novela, na que aborda o proceder dun intelectual
galego no novo réxime que nace do levantamento fascista do 36, unha
longa e densa historia que ten como pano de fondo a xeografía urbana
de Ourense e que nos vai narrando unha muller que desde unha ventá
da casa de en fronte espía a aquel antigo profesor co que mantivo un
romance e que agora pasa o día sentado nun sillón azul.
Contra o que algúns interpretaron
no seu día, non estamos diante dunha nova biografía de Vicente
Risco, en absoluto. Trátase simplemente dunha obra de ficción, onde
hai, efectivamente, unha certa sombra de Risco, fundamentalmente
naqueles rasgos que teñen a ver cos seus costumes diarios e coa súa
posición filosófica. Mais algo que diferenza ao personaxe da novela
da persoa de Risco sería, por exemplo, a falta de humanidade e de
moral do personaxe creado por Carlos Casares. Vicente Risco era unha
persoa incapaz de causar o mal a outras persoas, todo o contrario do
que observamos no personaxe da novela, que mesmo chega a facer unha
testificación incriminatoria contra un mozo inocente que acabará
sendo condenado a morte, razón esta pola que un día a guerrilla
decide darlle o final que merece. E coñecendo a personalidade de
Vicente Risco e o cariño e o respecto co que Carlos Casares o
tratou, resulta moi difícil de imaxinar que o autor da novela
buscara un final tan tráxico para un intelectual como o que el
coñeceu nos seus anos mozos en Ourense. Por iso resulta absurdo
identificalo con Risco.
Cun estilo claro, aparentemente
sinxelo, coa minuciosidade descritiva que tanto caracteriza toda a
súa prosa, Carlos Casares constrúe unha novela que case parece que
foi escrita cunha cámara de cine, onde o que predomina non é a
acción, senón a observación e a memoria, a memoria dos días
felices anteriores á guerra e da maldade e da violencia que veu
despois.
Deus
sentado nun sillón azul
Carlos Casares
Galaxia,
1996
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-83640317992253571982023-08-19T14:06:00.001-07:002023-08-19T14:07:41.027-07:00 Alfredo Suárez Canal, sempre á procura dun discreto segundo plano
Suárez
Canal creou un equipo de traballo na Consellería de Medio Rural como
nunca antes houbera en todos os gobernos anteriores, con persoas
cunha longa e recoñecida traxectoria profesional e cun proxecto de
país na cabeza.
Non
saberiamos precisar cando coñecemos nós a
Foto: Xan Carballa
Alfredo
Suárez Canal (Allariz,
1951). Supoño que
nos cruzariamos con el polas rúas de Compostela o
Día da Patria do 78, ou talvez no 79, e que alguén nos diría “ese
que vai aí é Suárez Canal”. Por ese tempo tamén soubemos da súa
relación familiar con José
Suárez -aquel fotógrafo que
retratou os rostros todos do noso pobo e personalidades como Unamuno,
Alberti
ou Bergamín-
e de que era sobriño do escritor Marcial
Suárez, do que léramos O
acomodador e outras narraccións,
e todo iso fixo que incluso desde Ortigueira seguísemos moi de preto
e cunha maior atención a traxectoria daquel militante do BN-PG
de Ourense que estaba emparentado con tan destacadas figuras e que
naquel momento, en 1979, se iniciaba na política institucional como
concelleiro en Allariz e como deputado provincial nunha corporación
que presidía Victorino Núñez.
Onde si estamos seguros que vimos e que escoitamos falar a Suárez
Canal foi na Asemblea fundacional do Bloque
Nacionalista Galego, no
Frontón de Riazor, o 26 de setembro de 1982.
ATLETISMO
E MILITANCIA
En
Ourense, onde exerceu durante varias décadas como profesor de
Matemáticas no Instituto Ramón Otero Pedrayo, e na UPG,
na AN-PG,
na primeira ERGA,
na UTEG
e na ING
si que coñecían moi ben a Alfredo Suárez Canal, porque en toda esa
provincia e nesas organizacións souberon da súa entrega sen límites
e do seu valiosísimo traballo para construír unha alternativa
nacionalista para o país. E antes de todo iso xa os irmáns Suárez
Canal tiñan titulares na prensa como deportistas cando eran
estudantes de bacharelato no Instituto Santa Irene. Foi en 1968 cando
Alfredo conseguiu na Casa de Campo o título de campeón de España
xuvenil de cross co Real Club
Celta. Seguro que correr día
tras día quilómetros e quilómetros preparouno mentalmente para ser
logo un corredor de fondo da política galega.
A
FUNDACIÓN DO BNG
Foto: Xan Carballa
Mais
regresemos á fundación do BNG. Só polo papel que xogou Suárez
Canal en todo ese proceso que deu orixe á creación desta forza
política galega xa merecería a atención de calquera investigador,
xornalista ou persoa interesada no nacionalismo galego actual. El foi
precisamente unha das persoas que falou con Xosé
Manuel Beiras -creo que a
outra persoa foi María do
Carme García Negro- para
incorporalo de novo á acción política tras a disolución da AN-PG,
na primavera de 1982. Alfredo, así mesmo, traballou moi activamente
na coordinación da Asemblea de Riazor e moderou os diversos debates
que alí houbo, sendo elexido xa ese mesmo día membro do primeiro
Consello Nacional do BNG. De todo aquilo ten Suárez Canal non só
memoria viva daquel proceso, senón tamén documentos moi valiosos
para a historia do nacionalismo galego contemporáneo.
Non ben
sairamos do Frontón de Riazor, o 28 de outubro tiñamos que
participar nas eleccións xerais do 82, e tivemos que facelo aínda
como Bloque-PSG.
Non deu tempo a presentarnos como BNG. Lembro que o lema era
simplemente “os nosos”, e que os nosos eran Xosé Manuel Beiras
pola provincia da Coruña, Francisco
Carballo en Pontevedra,
Eduardo Gutiérrez
en Lugo e Alfredo Suárez Canal en Ourense. Nesas campañas
electorais, desde o referendo da Constitución, Alfredo patea toda a
xeografía ourensá, concello a concello. Primeiro había que
ensobrar papeletas e logo coller o caldeiro e ir pegar, e pasar a
megafonía, e despois ir dar o mitin.
Proceso
electoral tras proceso, os resultados nunca eran os que se desexaban,
pero a militancia estaba preparada para esas derrotas e para non
perder a ilusión. Desde o 82, Suárez Canal tivo a xenerosidade de
encabezar as candidaturas do nacionalismo na provincia de Ourense en
todas as eleccións, unha e outra vez, e por fin en 1989 obtén o
respaldo necesario para ser deputado no Parlamento galego. Pero un
recurso contra o resultado electoral e unha sentenza inxusta dun
tribunal de xustiza déixano sen a acta de deputado. Será aínda en
1993 cando entre na Cámara galega. Tiña 31 anos cando encabezou a
candidatura por primeira vez ao Congreso e 42 cando entrou no
Parlamento galego. Era xa un referente histórico.
DEPUTADO
E CONSELLEIRO
Entre
1993 e 2005 Alfredo Suárez Canal exerce os cargos de parlamentario,
viceportavoz e coordinador do Grupo Parlamentario do BNG, destacando
polo seu rigor e a súa brillante oratoria, combinando sempre
serenidade, contundencia e paixón. En 2005 resístese a volver ao
Parlamento e despois das eleccións hai que convencelo tamén para
que asuma o cargo de conselleiro de Medio Rural no Goberno bipartito.
Pero finalmente a súa fidelidade ao país e ao nacionalismo non lle
permite dicir que non nunha circunstancia histórica tan importante
para o nacionalismo e para Galiza. Supoñemos que nesa decisión
pesou tamén a súa relación persoal e política de tantos anos con
Anxo Quintana,
que terá a responsabilidade de ser o Vicepresidente da Xunta naquel
goberno. Suárez Canal, Francisco
García e Anxo Quintana foron
de feito durante toda unha época tres dos principais dirixentes do
BNG. Allariz foi unha verdadeira escola de facer país, de construír
futuro.
UN HOME
DE ACCIÓN
Calquera
documento teórico elaborado das Irmandades
da Fala para aquí ou
calquera Día da Patria de calquera ano merece máis atención no seo
do nacionalismo galego que a acción de goberno protagonizada polo
BNG desde a Xunta de Galiza entre o 2005 e o 2009, algo que sempre
nos pareceu un auténtico despropósito. Igual sucede co nacionalismo
galego dos anos trinta, do que sabemos máis dos seus documentos
teóricos e do pensamento político de Castelao
que do que foi a estratexia e a práctica política do Partido
Galeguista naquel contexto
histórico para dotar a Galiza dun Estatuto de Autonomía e dun
sistema político propio. E tan importante como coñecer á
perfección os principios políticos é coñecer a praxe política, o
diálogo entre os ideais e a acción política. Só con principios,
con arengas e con textos teóricos non se avanza nin se transforma a
sociedade. As ideas precisan materializarse na vida real da xente,
aínda que iso conleve contradicións e erros. Non erra quen non
actúa.
Seguramente
a figura de Alfredo Suárez Canal sería hoxe obxecto de máis
atención por parte dos estudosos do nacionalismo galego se en vez de
dedicar catro anos da súa vida a dirixir unha consellería para
darlle vida ao medio rural galego houbese dedicado ese tempo a
escribir un libro de ensaio político. Pero o de escribir nunca foi
unha das grandes preocupacións de Suárez Canal. Pouco é o que lle
coñecemos por aí publicado. Algún que outro traballo en periódicos
e revistas e un prólogo nun libro do historiador catalán Fermí
Rubiralta Casas sobre a
historia da UPG. E non moito máis. O libro escribiuno día a día
desde moi mozo con práctica política a prol do país, facéndose
cargo de importantes responsabilidades organizativas e institucionais
e asumindo logo no Goberno bipartito a Consellería de Medio Rural.
Isto último cremos nós que é a súa obra mestra.
CONSELLEIRO
DE MEDIO RURAL
Os que
somos da aldea, as persoas que aínda vivimos até os anos setenta un
rural cheo de xente e con homes e mulleres que traballaban a terra e
utilizaban o monte, naquel tempo que había vacas en todas as casas e
rara era a leira que non estaba cultivada, sabemos ben que o abandono
da actividade agraria e do monte, a despoboación do rural, a
plantación masiva de eucalipto e a aparición dos incendios
forestais, cada vez máis devastadores, foi un proceso que só se
pode explicar pola falta total dunha política agraria e forestal por
parte da Xunta de Galiza desde os primeiros momentos da Autonomía,
polo impacto que tivo no campo galego a entrada no Mercado Común e
polo desprezo do conxunto dos poderes públicos polo medio rural.
Marchar da aldea acabou sendo unha necesidade en moitos casos e mesmo
un desexo para moitas persoas que o identificaban como un mundo
atrasado e sen futuro, do que había que fuxir.
Facerse
cargo da Consellería de Medio Rural en 2005, cando levabamos varias
décadas de abandono e destrución do campo, non era precisamente
unha tarefa doada, nin para obter grandes resultados a curto prazo. O
primeiro e máis urxente era volver a poñer a mirada no rural, poñer
en valor a aldea e o sector agrario, mentalizar á sociedade de que
era posíbel vivir no rural con dignidade, e non só iso, senón
tamén facer posíbel que ese proxecto de vida puidese
materializarse. Para ese fin había que derrogar leis e aprobar un
novo marco legal e despregar todo un abano de medidas encamiñadas á
recuperación do territorio abandonado, a fixar poboación e
favorecer o relevo xeracional, a reformar as estruturas agrarias, a
ordenar o monte e poñer en marcha unha política forestal racional
baseada na diversidade de especies forestais, a dotar de servizos
básicos o medio rural, en definitiva, a impulsar unha profunda
transformación do país. O Banco
de Terras e as Unidades
de Xestión Forestal, por
exemplo, foron dúas medidas absolutamente revolucionarias naquela
acción de goberno.
As
prioridades estratéxicas da Consellería de Medio Rural pódense
resumir en tres cifras que figuraban nos orzamentos previstos para o
2007: 22.605.343 euros para a fixación de poboación no rural,
15.607.865 euros para a mobilidade de terras improdutivas e
172.611.603 euros para a modernización e a diversificación do
tecido produtivo do campo. Nunca tal esforzo económico se fixera
antes dirixido ao mundo rural. Esa foi a liña que se seguiu tamén
nos seguintes exercicios. Así, en 2009, figuraban, entre outras
partidas, 27 millóns de euros destinados ás industrias
agroalimentarias e pequenas e medianas empresas do ámbito forestal,
38 millóns de euros á incorporación de mozas e mozos á actividade
agraria e á mellora das granxas, máis de 3 millóns para 34
proxectos de xestión forestal (as Uxfor) ou 70 millóns de euros
para a concentración parcelaria en 155 zonas. En total, 640,6
millóns de euros para fortalecer o sector agrogandeiro e forestal.
Oito anos despois, o departamento de Medio Rural só orzamentaba
518,5 millóns de euros.
Por
outra parte, Suárez Canal creou un equipo de traballo na Consellería
de Medio Rural como nunca houbera en todos os gobernos anteriores,
con persoas cunha longa e recoñecida traxectoria profesional e cun
proxecto de país na cabeza. Aínda hoxe moita xente se lembra de
Antonio Oca,
Edelmiro López Iglesias,
Alberte Blanco,
Xosé Carballido,
Gonzalo Flores,
Alberte Souto
ou Xosé Manuel Puga.
Eran persoas que acreditaban no futuro do rural e que traballaron
arreo para facelo posíbel. E a sociedade galega así o recoñeceu
nalgunha enquisa que se fixo por aquel tempo, colocando a Suárez
Canal como o conselleiro mellor valorado do goberno que presidía
Emilio Pérez Touriño.
UN
ANTES E UN DESPOIS NA POLÍTICA CONTRAINCENDIOS
Co que
non contaba o novo equipo da Consellería de Medio Rural xa na
primeira quincena de agosto de 2006 era cunha actividade incendiaria
desaforada, con case 2000 incendios en 12 días. Unha auténtica
catástrofe á que o conselleiro lle fixo fronte xunto co seu
gabinete coa máxima axilidade, activando todos os protocolos, con
todos os dispositivos funcionando e con xornadas de traballo
interminábeis. Aqueles mesmos días, Feixoo,
entón líder da oposición no Pazo do Hórreo, fará unha foto cunha
mangueira de xardín e con camisa branca e vaqueiros apagando unhas
cinzas para denunciar a política contraincendios do bipartito nun
acto claramente populista, precisamente el, que presidía o partido
que durante décadas abandonou o rural e creou as circunstancias máis
favorábeis para facer do monte un polvorín.
Aqueles
incendios, dentro do desastre natural e económico que causaron,
incluso coa perda de catro vidas humanas, tiveron tamén, dentro da
desgraza, un aspecto positivo: sensibilizaron ao conxunto da
sociedade sobre o perigo de plantar eucaliptos en calquera lugar e
serviron para que os responsábeis da Consellería de Medio Rural
puideran acelerar a posta en marcha dunha verdadeira política de
prevención de incendios, obrigando a limpar a maleza e aprobando
unha nova normativa legal para a plantación de árbores nas
proximidades dos núcleos de poboación e para a ordenación do
monte. Foi o primeiro paso no deseño dunha política preventiva que
marcou un antes e un despois e que só o regreso do PP á Xunta en
2009 impediu que seguise avanzando progresivamente por todo o
territorio. De feito houbo propietarios que recibiron subvención
para crear unha Unidade de Xestión Forestal e cando chegou de novo o
PP á Xunta volveron a plantar eucalipto.
FACER
PAÍS DESDE O GOBERNO
Alfredo
Suárez Canal nunca tivo o temor a perder os principios políticos
nin a deixar de ser fiel a un proxecto de soberanía política para o
país por asumir responsabilidades de goberno dentro do marco
competencial do Estatuto de Autonomía. Sempre foi moi consciente de
que para facer avanzar un proxecto político na sociedade tamén hai
que mollarse na acción de goberno. Só así se pode demostrar que o
nacionalismo, ademais de saber facer oposición, tamén sabe
gobernar. Ningunha forza política que queira o mellor para o seu
país pode renunciar a asumir a responsabilidade de gobernar.
Gobernar, ademais, é unha prioridade cando o país está á
intemperie e necesitado de medidas urxentes para seguir existindo.
UNHA
GRANDE FIGURA NUN SEGUNDO PLANO
Foto: Xan Carballa
Desde
que Suárez Canal deixou as súas responsabilidades institucionais e
nos órganos de dirección do BNG, de cando en cando atopámonos con
el en actos importantes como pode ser unha asamblea nacional, unha
homenaxe ou o Día da Patria Galega, e sempre o saudamos con
admiración e cariño, porque sabemos que nesa persoa que trata de
situarse sempre nun discreto segundo plano hai unha grande figura
humana e unha personalidade política excepcional á que o
nacionalismo galego e este país lle debe moito. Non deixamos de
admirar tampouco como un home do seu perfil, da súa traxectoria
política e da súa autoridade moral dentro da militancia
nacionalista sabe estar no nacionalismo galego actual como un
militante máis de base, sen dar leccións a ninguén, falando sempre
con cordialidade, cun sorriso nos labios, con ponderación e
prudencia, coa mente aberta aos cambios sociais, arroupando en todo
momento a Ana Pontón
e ás persoas que hoxe están a protagonizar o relevo xeracional no
seo do nacionalismo e a esperanza do país.
Alfredo
Suárez Canal é unha desas persoas que dedicou toda a súa vida a
construír unha Galiza diferente, que nunca cambiou de partido ou de
provincia para acadar unha acta de deputado e que, ademais, formou
parte do primeiro goberno galego con presenza do nacionalismo de
esquerdas, que supoño que é un dato histórico que non carece de
relevancia política para unha nación en construción. Suárez Canal
é unha das figuras que todo o mundo, dentro e fóra do nacionalismo,
respecta, aprecia e admira, pola súa grandeza humana, polo seu saber
estar cando o protagonismo xa lle corresponde a outras xeracións e
por tanta e tan frutífera entrega ao seu país. E alguén tiña que
escribilo.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-67134219953583994032023-07-31T09:39:00.004-07:002023-07-31T09:41:00.656-07:00O testamento ético de Francisco Pillado
Coñecín persoalmente a Francisco Pillado (A Coruña, 1941-2021) a comezos dos oitenta no Derby, en Compostela, unha tarde de tertulia con el, Manuel María, Novoneyra e Manuel Lourenzo. Mais cando de verdade o tratei e tecín con Pancho Pillado unha verdadeira amizade foi durante os últimos anos da súa vida laboral, un tempo no que compartín con el despacho na deputación da Coruña e deliciosas conversas de café, non sen certas discrepancias de carácter político que nunca foron quen de quebrar a nosa relación.
O último agasallo que me fixo Francisco Pillado foi o libro Camiño sen retorno, expresándome a súa rabia por como quedara a edición, cunha serie de grallas que el mesmo deixou sinaladas co bolígrafo no volume que me entregou. Estaba indignado. Non daba crédito. As persoas que coñeciamos a sua exquisitez como editor, a súa preocupación polos textos dos demais, non podiamos entender que aquel despropósito lle fora pasar xusto a el e co que sería o seu derradeiro libro.
Camiño sen retorno é un diario escrito entre o 2008 e o 2009, no que o autor non é o protagonista. O que importa aquí é o que sucede ao seu arredor, fundamentalmente todo aquilo que causa nel carraxe, indignación, rebeldía. Son reflexións escritas sempre con brillantez intelectual e coraxe política. Nas primeiras páxinas da obra, Pilaldo explica que a idea do libro naceu dunha caída na rúa, cando por primeira vez tivo a evidencia da súa ancianidade e ao mesmo tempo a conciencia de gozar de absoluta liberdade para falar sen ataduras de ningún tipo, que era o que sempre desexara na súa vida. Se no libro de conversas No pazo de Laiovento hai silencios premeditados, neste outro pronúnciase con claridade e rotundidade, guste ou non nos guste o que di. É o que el pensa, sen filtro.
Desde Gaza ás epidemias da fame do continente africano, desde a Transición ao goberno bipartito, desde unha crónica moi necesaria do concurso eólico ás súas profundas diverxencias con algunhas actuacións da Consellería de Cultura, desde a crítica máis mordaz contra a Igrexa, o poder político e o mediático, con nomes propios incluídos, aos conflitos internos que vive nese momento o nacionalismo galego. Ninguén se salva aquí da súa observación crítica. Xusto ou inxusto no seu xuízo, acertado ou non en todo o que di, é a mirada lúcida e valente dun intelectual comprometido co seu país e co seu tempo. Nese sentido só podemos expresar a nosa louvanza deste exercicio de dignidade, indignación e rebeldía de Francisco Pillado, aínda non estando dacordo con todas as súas análises e reflexións.
Velaquí un libro político, de plena actualidade, mais no que non falta unha emocionadísima lembranza do escritor Manoel Riveiro Loureiro, a gabanza de persoas como María Pilar García Negro, Miguel González Garcés ou Manuel Rivas, as páxinas nas que fala dos días marabillosos e cheos de luz en Miño con toda a súa familia, “o futuro dun amor que transcenderá a nosa propia existencia”, e unha fermosísima dedicatoria: “A Noli, porque os teus silencios son metáforas de amor”.
Camiño sen retorno
Francisco Pillado Maior
Edicións Laiovento, 2014.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-31278988607901216952023-07-05T04:57:00.002-07:002023-07-05T05:01:51.830-07:00Este é tamén o momento de Galiza
Equivocaríamonos
se pensásemos que estas eleccións xerais non van tamén de colocar
a Galiza nunha mellor posición no Estado español, de defender os
intereses estratéxicos do noso país, o noso benestar social, a nosa
economía, as infraestruturas que precisamos e o noso autogoberno.
Erra de cheo igualmenet quen pense que con situar a Núñez
Feixoo na Moncloa,
Galiza xa ten asegurada a súa representación como país, a súa voz
e o seu voto nas Cortes e na política española.
GALEGOS
NA MONCLOA
Pola
Moncloa e polos diferentes ministerios xa pasaron moitos galegos e
moitas galegas en todos os gobernos da democracia, de dereitas e da
esquerda española, pero Galiza, lamentabelmente, segue sen ter peso
político en Madrid. Foi así con Mariano
Rajoy á fronte de
varios ministerios e como presidente do Goberno, foi así con Yolanda
Díaz e con Nadia
Calviño como
vicepresidentas do Goberno español e sería así con Núñez Feixoo
se ganase as próximas eleccións, que tería que ser, ademais, co
apoio da extrema dereita, que xa sabemos o que lle gustaría facer co
propio Estatuto de Autonomía. Todas esas persoas tiveron sempre
Madrid e a política española como referencia fundamental e como
meta a alcanzar nas súas biografías políticas. Galiza para todas
esas persoas foi, é e será unha estación de paso. Viven
exclusivamente para ser alguén importante en España.
Nada
a ver, por exemplo, coa traxectoria dun Alexandre
Bóveda, que con 24
anos, nada máis ganar co número cinco unha das dez prazas de xefes
de contabilidade da Facenda, o entón ministro de Facenda, José
Calvo Sotelo,
faille chegar ofertas de traballo nos ministerios madrileños e
Bóveda opta pola praza de Xefe de Contabilidade da Facenda en
Pontevedra, para poder traballar en Galiza e por Galiza. Ou nada a
ver con Xosé Manuel
Beiras, que cando
obtén a cátedra de Estrutura Económica co número dous e pode
optar a unha praza na Universidade de Barcelona, decide regresar ao
país e facer país na Universidade de Santiago. Ou nada a ver con
Francisco Rodríguez,
que no último curso da carreira, o profesor e poeta Dámaso
Alonso proponlle
quedar como profesor axudante na Facultade coa promesa dun acceso
doado a unha cátedra da Universidade Complutense e, no entanto,
pouco despois Francisco Rodríguez decide deixar Madrid e poñerse a
dar aulas nun colexio privado de Xubia. Non falemos xa da traxectoria
política de todas estas figuras, sempre dentro do sistema político
galego, construíndo país.
O
VERDADEIRO VOTO ÚTIL
Se
nos anos trinta, durante a II República, era o Partido
Galeguista o
partido que mellor representaba os intereses do noso país nas
Cortes, hoxe non hai outra vía para situar a Galiza con máis
capacidade de decisión na política española que facéndoo a través
dunha forza política propia como o BNG.
Ese é tamén o voto máis útil para intentar frear desde Galiza un
posíbel goberno español que nos leve de novo aos tempos da
predemocracia ou mesmo ao espírito do franquismo e a un retroceso
profundo en dereitos sociais e liberdades.
Tanto
para frear á dereita e á extrema dereita como para darlle
visibilidade, voz e voto a Galiza en Madrid, a única alternativa que
permite eses dous grandes obxectivos políticos é unha
representación parlamentaria forte do BNG no Congreso. Restarlle
deputados e deputadas ao PP
e tamén á esquerda de ámbito estatal para desa maneira multiplicar
a presenza do nacionalismo galego nas Cortes, significa, na práctica,
contribuír a que o Partido Popular e Vox
non consigan acceder á Moncloa, así como asegurar unha
representación histórica de Galiza no Congreso, cun peso político
e cunha capacidade de decisión como nunca tivo o noso país en todo
o que vai de democracia.
Impedir
que Feixoo alcance a Moncloa e conseguir que o PSOE
teña que negociar a investidura de Pedro
Sánchez co BNG e
sobre un decálogo de compromisos a prol do noso país e do noso
benestar social, que recolla os problemas e as necesidades que lle
preocupan aquí e agora ao conxunto da sociedade galega, tería, por
outra parte, consecuencias políticas moi favorábeis cara ás
vindeiras eleccións autonómicas, porque a consecución dun grupo
galego forte no Congreso abriría definitivamente o camiño ao cambio
político no noso país.
O
MOMENTO DE GALIZA
Este
é tamén, claro que si, o momento de Galiza, porque co
voto ao BNG nestas eleccións temos nas nosas máns a posibilidade de
contribuír a frear en España un goberno da dereita e da extrema
dereita, podemos situar a Galiza no Congreso na mellor posición
política como país para defender os intereses galegos e estaremos,
así mesmo, abrindo de par en par as portas ao cambio político que
Galiza tanto precisa.
Esta
é a utilidade do voto ao nacionalismo galego nas vindeiras eleccións
xerais. Non hai un voto máis útil desde unha perspectiva
progresista e de país. Cómpre pensarmos en clave galega, como
galegos e galegas, tamén nas eleccións xerais do 23 de xullo, para
que o noso voto quede aquí, ao servizo do noso país, de Galiza.
“Pra que os teus votos non emigren”, como dicía o lema do
Partido Socialista
Galego en 1977, ao
que, por certo, o PSOE tratou de usurparlle as siglas para poñer o
voto socialista galego ao servizo de intereses alleos ao noso país.
E aí segue.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-51015919471892723322023-06-25T00:24:00.002-07:002023-07-05T04:59:42.748-07:00 Un libro de Tolentino Mendonça
No
primeiro ano da pandemia, cando por fin nos puidemos abrazar de novo,
un bo amigo de Ribadeo
puxo nas nosas mans un fermosísimo agasallo,
un libro que xa de primeiras, sen ler unha soa páxina, nin un só
parágrafo, nos iluminou o día, porque era un deses libros que un
quixera non o pousar nunca e telo sempre entre os dedos, aberto ou
pechado, pois se belo é por dentro, como moi axiña comprobamos,
belo é tamén por fóra. O autor naquel momento era para nós un
absoluto descoñecido, a pesar de ter exercido desde 2018 o cargo de
arquivista e bibliotecario da Biblioteca Apostólica e do Arquivo
Secreto do Vaticano, de ser Cardenal e de recibir prestixiosos
premios pola súa obra poética e ensaística. Si, era a primeira vez
que nós tiñamos noticia de José Tolentino Mendonça, non só por
vivir alleos aos nomeamentos do Papa, á teoloxía e ao mundo do
Vaticano, senón tamén, que é o máis grave, por non vivir atentos
ás letras portuguesas de hoxe. Mais o certo é que aquel libro forma
parte xa dos nosos libros máis amados.
O
Que É Amar Um País. O Poder da Esperança,
que así se titula este ensaio do cardenal Tolentino (Madeira, 1965),
é a mirada lúcida dun home humanista do século XXI, escrita no
medio da pandemia para pronunciar como discurso do Día de Portugal,
de Camões e das Comunidades Portuguesas o 10 de xuño de 2020. Tres
son os temas principais que aborda Tolentino nesta obra ensaística:
o que é amar un país, como nos enfrontamos á pospandemia e como
este é tamén un tempo para descubrir a beleza. Sobre esta última
cuestión cita a Etty Hillesum, aquela moza holandesa asasinada en
Auschwitz, que nun campo de concentración foi quen de escribir un
dos diarios máis belos que se coñecen, non tendo outra beleza
diante dos seus ollos máis que os lirios do campo.
Tolentino
comeza as súas reflexións reivindicando a figura da súa avoa
materna, unha muller analfabeta que puxo en contacto ao neto co
romanceiro oral, cos tesouros da cultura popular. Isto recordounos a
José Saramago, que no seu discurso de Estocolmo, cando recibiu o
Premio Nobel, falou do seu avó analfabeto como o maior sabio que el
coñecera. Páxina tras páxina, ficamos marabillados polo pensamento
luminoso de Tolentino Mendonça, tan próximo ao pensamento humanista
de José Luís Sampedro e tan necesario para reconciliarnos coa vida,
co amor e co cosmos. Igual que, citando o libro do Levítico, nos
convida a reconciliarnos coa vellez e a rexeitar a idea de considerar
os vellos como un peso: “Ficarás de pé diante do que tem cabelos
brancos; honrarás o rosto de quem é ancião”. Outra constante
neste libro de Tolentino é a formulación de preguntas, xa que as
considera sempre máis fecundas que as respostas. De feito un
capítulo do libro titúlase “Dez perguntas para depois da
COVID-19”.
Hai
libros que nos transforman como seres humanos e que revolucionan a
nosa visión do mundo e a nosa actitude fronte á sociedade. Este é
un deses libros, escrito por un home sabio, cardenal e poeta, que
bebe de Eliot, San Juan de la Cruz e Pasolini.
O
Que É Amar Um País
Tolentino Mendonça
Quetzal
Editores, 2020
123
páxinas.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-85585086644529645142023-06-22T00:24:00.002-07:002023-06-22T00:24:30.564-07:00 O cambio político galego: moito máis preto
Quen
milita no nacionalismo galego ou o apoia co seu voto, unha e outra
vez, endexamais considerará que non é prioritario colocar o noso
país, a súa voz e os seus problemas no Congreso e na política
estatal. E en pura lóxica con esa idea, a eses milleiros de persoas
non lles é indiferente que o BNG obteña dúas ou tres actas ou
obteña un grupo parlamentario propio no Congreso, porque quen así
pensa sabe perfectamente que do número de escanos que o nacionalismo
galego acade en Madrid nas próximas eleccións xerais vai depender a
capacidade política do BNG para negociar e condicionar os
investimentos do Estado en Galiza e o trato do Goberno español co
noso país.
A
FORZA DE GALIZA NO CONGRESO
Non
hai que ser unha persoa moi instruída en ciencia política para
saber que cun grupo galego forte no Congreso Galiza sairá sempre
ganando, sempre. O que aínda ninguén foi capaz de explicarnos é
qué gana o noso país con representantes dun partido de ámbito
estatal nas Cortes do Estado, sexa o partido de esquerdas, de
dereitas ou da nova esquerda española. Capacidade de negociar co
goberno español en función das necesidades e dos intereses de
Galiza, cero. Nin desde un grupo parlamentario que dá apoio ao
goberno nin desde a oposición parlamentaria. E isto non é unha
simple opinión nin unha crítica sen base histórica. É a
constatación empírica do comportamento político dos representantes
galegos dos partidos estatais nas Cortes do Estado desde 1977 até
hoxe. Cando non estaba o nacionalismo galego no Congreso, Galiza
estaba ausente. Se está o BNG, está Galiza, e canto máis peso
parlamentario teña o BNG, máis peso terá Galiza para negociar as
decisións políticas que se adoptan no Estado e que condicionan a
nosa economía, o noso benestar social, as nosas infraestruturas e o
noso autogoberno.
O
COMPORTAMENTO DOS PARTIDOS EN MADRID
Permítanme
que o pregunte aquí, en voz alta: alguén viu algunha vez os
representantes do PSdeG-PSOE
no Congreso actuando como grupo galego con personalidade propia e de
forma diferente aos deputados e deputadas de Cuenca ou de Murcia?
Algunha persoa é coñecedora de que os deputados e as deputadas do
PP de Galicia,
en coherencia co aprobado no Parlamento galego, votasen nalgunha
ocasión de forma diferente ao PP de Madrid no Congreso cando se
trataba de asuntos de Galiza que entraban en contradición coas
directrices de Génova? Alguén viu a Yolanda
Díaz votando
diferente ao grupo parlamentario do que até agora formaba parte
cando se tratou dalgunha cuestión importante para os intereses do
noso país, como podía ser a condonación da débeda do Porto da
Coruña?
Non
é descubrir nada novo que a presenza do BNG en Madrid é un problema
para os partidos que ignoran as necesidades de Galiza. Por iso lles
estorba tanto a todos eles un grupo parlamentario forte do BNG no
Congreso, porque os pon en evidencia diante da nosa xente. Porque pon
en evidencia que o
voto verdadeiramente útil para o conxunto da sociedade galega é o
que serve para darlle visibilidade, voz e voto a Galiza,
o que serve para negociar a rebaixa da peaxe na AP-9, para lograr 24
millóns de euros no Orzamento do Estado para dragar e rexenerar a
ría do Burgo ou para esixir a creación de tres novos xulgados de
xénero en Ourense, Lugo e Santiago. Esa é a utilidade do
nacionalismo galego en Madrid, unha utilidade que na medida en que
nas vindeiras eleccións xerais se multipliquen os escanos se
multiplicará na nosa visibilidade política como nación e en logros
positivos para o país.
A
ESPERANZA DO PAÍS
O
pasado sábado Goretti
Sanmartín Rei, co
apoio da maioría da Corporación do Concello de Santiago, acadaba a
Alcaldía da capital de Galiza, nun acto certamente histórico,
cargado de emoción e de simbolismo, converténdose así na primeira
muller que ostenta a Alcaldía de Compostela. Que o BNG vaia ter
desde agora as alcaldías de dúas cidades galegas tan importantes
como Pontevedra e Santiago e poida ser cogoberno ou unha forza
política determinante noutras dúas cidades, en Lugo e na Coruña, e
goberno con alcaldía do BNG en diversos concellos, entre eles
Carballo, Ribeira, Cangas, Moaña ou Barreiros, ademais de ter de
novo a posibilidade de cogobernar as deputacións da Coruña e Lugo,
é a demostración de que o
sistema político galego non está nas mesmas coordenadas que o
sistema político español,
onde a dereita e a extrema dereita avanzan a pasos axigantados cun
discurso e unha maneira de actuar que espanta e que nos retrocede ao
franquismo. En Galiza, pola contra, Vox non existe e o PP só goberna
unha das sete cidades, e o noso país ábrese paso á esperanza dun
cambio político, esta vez liderado polo BNG e por unha muller que
devolveu a ilusión non só ao nacionalismo galego, senón tamén ao
país.
Despois
do importante acontecemento político que acabamos de vivir no
Concello de Santiago, o seguinte fito histórico vai ter lugar,
estamos convencidos, a noite do 23 de xullo, cando unha das noticias
da xornada electoral sexa que o BNG consegue por primeira vez un
grupo galego forte no Congreso, que con toda probabilidade non será
menor de 4 escanos e podería incluso chegar a 6. Quedémonos xa cos
seus nomes e cos seus rostros: Néstor
Rego, Rosana
Pérez Fernández,
Carme da Silva,
Brais Ruanova,
Noa Presas
e Daniel Castro.
Esa noite estaremos moito máis preto do cambio político polo que
tanto levamos agardando. O próximo Día
da Patria será
unha celebración multitudinaria e moi gozosa para cantas persoas
arelamos unha Galiza diferente.
Confiemos
en que o PSdeG-PSOE,
de aquí ás autonómicas, asuma a súa responsabilidade, faga o seus
deberes e estea á altura das circunstancias, se é que non quere
acabar sendo marxinal na política galega e se é que de verdade
desexa ser tamén actor, aínda que sexa nun papel secundario, do
cambio político e do futuro do país.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-71922553586659119322023-06-05T05:24:00.002-07:002023-06-05T05:25:20.724-07:00 Unha oportunidade histórica para Galiza
A celeridade coa que pasamos da
ditadura á predemocracia e a desunión do nacionalismo galego nos
anos setenta, representado entón fundamentalmente polo BN-PG
e polo PSG, fixo que aquelas primeiras e segundas eleccións
xerais da Transición (15 de xuño de 1977 e 1 de marzo de 1979,
respectivamente) acabaran por traducirse nunha ocasión perdida para
a visibilidade de Galiza como nación nas Cortes españolas, nun
período en que, certamente, estaba todo por facer na política
galega. A inmensa maioría da sociedade galega aínda hoxe non se deu
conta das consecuencias nefastas que aqueles fracasos electorais do
77 e do 79 tiveron para Galiza. Chama a atención que esta cuestión
endexamais forme parte das tertulias políticas que hai nos
diferentes medios de comunicación, tan empeñados sempre en ignorar
e desprezar a importancia do nacionalismo galego para o progreso do
noso país.
De lograr
daquela unha ampla representación en Madrid o BN-PG, o PSG e a
Candidatura Democrática Galega ao Senado, o sistema político
galego que naceu coas eleccións de 1977 tería, sen dúbida algunha,
un outro rumbo moi diferente. Pensemos só en todo o que perdeu
Galiza naquel momento ao non poder acadar actas nas Cortes persoas
como Xosé Manuel Beiras, Fernando González Laxe,
Mario Orxales, Valentín Arias, Xosé Luís
Rodríguez Pardo, Elvira Souto, Francisco Rodríguez,
Ramón López-Suevos, Bautista Álvarez, Camilo
Nogueira, Francisco Carballo, Salvador García-Bodaño,
Margarita Ledo, Fernández del Riego, Celso Emilio
Ferreiro, Manuel María, Pilar Allegue, Alfonso
Álvarez Gándara, Ramón Piñeiro, Isaac Díaz Pardo,
Sebastián Martínez-Risco ou Ramón Valcarce. Unha
representación de luxo, nacionalista e galeguista, que o país
perdeu nunha etapa crucial da súa historia política. As xeracións
perdidas do 77. E como non queremos nin debemos mutilar a memoria
histórica, aínda temos que engadir aquí os nomes das persoas coas
que encabezaba as súas candidaturas un partido de raíz e estratexia
estatal como o PCG: Rafael Pillado, Rafael Bárez,
Xesús Alonso Montero, Anxo Guerreiro, Manuel
Peña-Rei Bouzas e Santiago Álvarez . Esa era a Galiza
que viña da loita contra o franquismo e que foi a grande derrotada
naquel momento. Só un referente do vello Partido Galeguista,
unha organización que xa non existía, acadou unha acta naquelas
Cortes, e foi Valentín Paz-Andrade, como galeguista
independente.
Nas vindeiras eleccións xerais do
23 de xullo, Galiza non pode quedar de novo sen unha importante
representación parlamentaria que utilice os escanos no Congreso e no
Senado para darlle visibilidade política ao noso país e para
exercer a defensa dos intereses galegos, non só a través dunha voz
propia, plenamente soberana, senón tamén procurando ter a forza
necesaria para sermos imprescindíbeis na negociación política e
dese xeito podermos favorecer o autogoberno, os investimentos que
Galiza necesita, a economía produtiva do país e o benestar social.
Esa bandeira ninguén a vai erguer no escenario estatal se non a
ergue o nacionalismo galego. Demostrouse unha e outra vez. Ou está o
BNG ou Galiza non existe.
Mais o obxectivo esta vez non pode
ser obter dúas ou tres actas no Congreso. Cómpre que sexamos
ambiciosos, que vaiamos ás eleccións xerais coa ilusión de quen
sabe que é unha oportunidade histórica que non debemos deixar
pasar, que Galiza non pode perder. Canto máis peso parlamentario
teña o BNG en Madrid, mellor situados estaremos para defender e
negociar o que Galiza precisa. E se o PP e o PSOE, e
tamén Yolanda Díaz co seu último experimento electoral, se
presentan para poñerse ao servizo dos intereses de España, tantas
veces tan contraditorios cos intereses galegos, o BNG debe
presentarse a estas eleccións para colocar un Grupo Galego
nas Cortes do Estado ao servizo do noso país, de Galiza, xusto o que
En Marea puido facer e logo non fixo.
Do que se trata é de que Galiza
exista como realidade política no plano electoral, con todo o seu
potencial, cunha expresión parlamentaria que sexa o máis
representativa posíbel de todas cantas persoas aman e defenden este
país. Esa é hoxe unha posibilidade política real do nacionalismo
galego se abrazamos con ilusión e entusiasmo ese desafío político.
Nós estamos convencidos de que se vai producir unha resposta social
e electoral á altura do momento histórico que está a vivir o BNG.
O reto para o nacionalismo galego é comparecer diante da nosa
sociedade nestas eleccións xerais cunha oferta electoral que
transforme o sentimento galego que si teñen a maioría dos galegos e
das galegas en conciencia política de país, nun Grupo Galego en
Madrid.
O BNG debe facer un grande esforzo
para situar na opinión pública galega a importancia do traballo
parlamentario do nacionalismo galego no Congreso, coas preocupacións
da sociedade e cos problemas específicos de Galiza como pano de
fondo, mais tamén cunha certa visión histórica, desde a época da
II República á actualidade, destacando o que significou para
o noso país a presenza do nacionalismo galego en Madrid con voces
como as de Castelao, Antón Vilar Ponte, Ramón
Suárez Picallo e Ramón Otero Pedrayo, todos eles
artífices do Estatuto de Autonomía do 36 e de que Galiza fora
considerada na Transición unha nacionalidade histórica. Cómpre
salientar igualmente o que supuxo para Galiza estar ausente do
Congreso durante case vinte anos, o inxente labor que fixo o BNG nas
últimas décadas por darlle presenza e voz ao pobo galego nas Cortes
españolas e o moito que se xoga de novo o noso país nas próximas
eleccións xerais.
Desde a chegada do BNG á Carreira
de San Xerome en 1996, unha data que marcou un antes e un despois na
atención aos problemas de Galiza nos debates parlamentarios e nas
negociacións para a aprobación dos Orzamentos do Estado, o
nacionalismo galego pode presentarse ás eleccións co aval do
traballo ben feito, co orgullo dun extraordinario labor levado a cabo
no Congreso e no Senado e que ten nome propio: Francisco
Rodríguez, Guillerme Vázquez, Carlos Aymerich,
Anxo Quintana, Xosé Manuel Pérez Bouza, Olaia
Fernández Davila, Francisco Jorquera, Rosana Pérez
Fernández e Néstor Rego.
En 2023 o obxectivo do BNG xa non é
ter un deputado ou unha deputada para ser a voz de Galiza, nin
sequera dous ou tres representantes en Madrid, é tamén, e sobre
todo, lograr máis peso político para poder condicionar as decisións
que se toman no Congreso e no Goberno español a respecto do noso
país, e para iso é fundamental, como ben sabe a cidadanía galega,
contar cunha representación parlamentaria ampla, cun resultado
electoral que se poida concretar nun Grupo Galego forte. Será un
paso adiante histórico, como o foi a consecución da Alcaldía do
Concello de Santiago nas recentes eleccións municipais e como o será
conseguir que Ana Pontón sexa a primeira muller que presida a
Xunta de Galicia. Velaí a importancia destas eleccións para Galiza
e para o nacionalismo galego: facer País, facer historia.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-16081640455762945782023-05-28T07:00:00.007-07:002023-05-28T10:27:25.238-07:00 Pactar para gobernar
Gobernar
democraticamente implica construír día a día unha sociedade máis
xusta, máis libre e máis tolerante. A necesidade de pactar para
gobernar, ademais de ser unha práctica radicalmente lexítima e
habitual en toda Europa, contribúe sempre a fortalecer a cultura do
diálogo e o pluralismo político, favorece a estabilidade e a
eficacia e mesmo amplía a base social do goberno.
Un bo
pacto de goberno é aquel que fixa e consensúa obxectivos
programáticos claros e concretos para un mandato, que ten como norma
traballar en equipo desde o primeiro día, respectando a autonomía
de cada área, que estabelece pautas de funcionamento interno, tanto
para a necesaria coordinación no seo do goberno como para a
resolución de problemas, que aborda os posíbeis desencontros fóra
das cámaras, que se basea na confianza e no respeto mutuo e que
permite visualizar a composición plural do goberno.
Outro
elemento fundamental para un bo pacto de goberno é a comunicación,
que debe esforzarse en transmitir á opinión pública que un goberno
de coalición é perfectamente compatíbel cunha acción de goberno
levada a cabo de forma colexiada e eficaz. E aínda engadiriamos un
outro factor: a importancia da relación persoal en todos os planos
do equipo de goberno, desde o máis baixo ao máis alto.
Un
cogoberno non é unha simple operación matemática nin a suma de
siglas nin de programas, nin tampouco unha forma irremediábel de
exercer o poder cando non hai maiorías absolutas. Cogobernar é toda
unha cultura, e como tal hai que cultivala, regala diariamente,
traballala con intelixencia. Cogobernar é unha aprendizaxe
constante, que esixe esforzo, dedicación, cesións por ambas partes,
responsabilidade, flexibilidade, luces longas e pericia política.
Cogobernar
non está ao alcance de todas as forzas políticas e menos aínda de
todas as persoas. E desde logo non está ao alcance do PP. A súa
estratexia discursiva de que debe gobernar a lista máis votada é a
mellor mostra da súa incapacidade para dialogar e chegar a acordos
con outras forzas políticas, da súa manifesta radicalidade
ideolóxica e sectaria, do seu divorcio daqueles sectores máis
democráticos e progresistas da sociedade, en definitiva, a
demostración dun pensamento propio dunha dereita reaccionaria e
moitas veces trumpista.
“O pobo é quen máis ordena”, e
nos concellos onde as cidadás e os cidadáns non deron unha maioría
absoluta a ningunha candidatura, nada hai máis lexítimo e
responsábel que negociar, que construír e asegurar a formación e a
estabilidade dun goberno local, ben sexa formando parte activa del ou
a través de acordos de mandato ou de carácter puntual. O BNG
e o PSdeG-PSOE -que son dous proxectos políticos moi
diferentes, pero cunha parte moi importante da súa base social e
electoral que vai dunha sigla a outra- teñen unha longa experiencia
en cogobernos, na maioría dos casos con resultados positivos para
sociedade, e, tamén é certo, nalgunhos outros, lamentabelmente, non
tanto.
A partir destas eleccións
municipais, o BNG e o PSdeG-PSOE non só teñen a posibilidade de
seguir a cogobernar en concellos e deputacións, dando así
cumprimento ao mandato das urnas, senón tamén a responsabilidade de
empedrar o camiño que debe levar a un cambio político en Galiza nas
vindeiras eleccións galegas. O electorado ten que percibir
claramente que as dúas forzas políticas teñen como principal
obxectivo darlle un novo rumbo ao país, facer posíbel un país
diferente, construír outra Galiza. Non hai outra opción, con
independencia de que cada unha delas, lexitimamente, queira liderar a
alternativa de goberno.
Francisco Vázquez, cando
exerceu o cargo de secretario xeral do PSdeG-PSOE, foi o primeiro en
pechar calquera tipo de acordo co nacionalismo galego, nin sequera a
nivel municipal, contribuíndo así a consolidar o poder da dereita
en Galiza. E incluso Emilio Pérez Touriño, a primeira vez
que foi candidato á Presidencia da Xunta, en 2001, negaba na propia
campaña electoral, un día e outro, a posibilidade dunha alternativa
ao PP que non estivese encabezada polo PSOE, co correspondente efecto
desmobilizador nas persoas que desexaban un cambio político.
O papel que xogou o PSdeG-PSOE en
moitos momentos da súa historia foi nefasto para a construción
dunha alternativa sólida á dereita en Galiza. Sempre estivo máis
preocupado por ocupar o posto de segunda forza política no
Parlamento galego que por darlle outro futuro ao país. Non
esquezamos que o PSOE xa demostrou a pouca importancia política que
lle deu ao noso país na etapa do tripartito, cando preferiu
darlle o destino de Galiza a Manuel Fraga Iribarne antes que a
consolidar aquí o seu propio partido. Lembremos que Felipe
González tardou cinco meses en recibir en audiencia na Moncloa a
Fernando González Laxe como Presidente da Xunta de Galicia e
que logo, nas eleccións galegas de 1990, nin sequera participou na
campaña electoral para apoiar ao candidato do PSdeG-PSOE.
Mais o cambio
político está de novo en marcha, agora impulsado polo BNG, e non se
pode deter neste proceso electoral de maio. É preciso que continúe
avanzando, ganando cada día máis apoio social, demostrando que hai
outra maneira de gobernar o país ben distinta á do Partido Popular.
E esa credibilidade e esa ilusión hai que ganala a pulso concello a
concello. Non é o momento de non ver máis aló da política
municipal e dos límites xeográficos de cada localidade. Cómpre ter
visión de país para poder derrotar ao Partido Popular nas vindeiras
eleccións galegas.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-39978752861387949592023-05-28T03:50:00.005-07:002023-05-28T05:59:54.567-07:00 Lois Diéguez e a construción da novela galega longa
Os camiños da vida, o
extraordinario fresco que nos deixou don Ramón Otero Pedrayo sobre o
transcorrer da sociedade galega rural do século XIX, esa outra prosa
galega salpicada de semen que é Xente ao lonxe, de Eduardo
Blanco-Amor, e A canción do vagamundo, de Lois Diéguez
(Monforte de Lemos, 1944), son para nós tres obras moi
representativas da novela galega longa do século XX, escritas por
tres autores que demostraron un constante empeño en construír a
grande novela galega.
Lois Diéguez, felizmente, segue
aínda hoxe a contribuír a ese esforzo. Xusto estes días anda a
presentar polo país adiante a súa última novela, As voces
amadas, onde nos ofrece páxinas de erotismo e sexualidade nunca
antes escritas en toda a historia da literatura galega. A súa
dedicación á narrativa parte xa dos seus anos mozos. A torre de
Babel, publicada por Galaxia en 1968, foi escrita cando o autor
tiña apenas 22 ou 23 anos, e xa aí podemos observar o seu enorme
potencial narrativo e a súa preocupación por comprender e novelar a
sociedade do seu tempo e os territorios máis íntimos do ser humano,
que será unha constante ao longo de toda a súa obra. En 1976 dá ao
prelo unha nova novela: Galou Z-28, que o ano anterior
recibira o Premio de Novela da Casa de Galicia de Bilbao e que Carlos
Casares celebrou na súa sección de crítica literaria como un
grande paso adiante, como unha “novela ben feita, escrita con
enerxía e con nervio, construída con acerto”. Viñeros despois
uns anos de dedicación plena ao traballo político, sen tempo para a
creación literaria. O seu regreso á narrativa será pola porta
grande, en 1986, coa novela A canción do vagamundo, coa que
obtivo nada menos que o Premio Blanco-Amor, o máis importante que se
concedía en Galiza nese momento, cun xurado, por certo, presidido
nesa edición por Francisco Fernández del Riego. Posteriormente
publicou O canto do Muecín (2007) e A poutada do Oso
(2011). E entre novela e novela, outros libros de narrativa, poesía
e ensaio, destacando sobre todo a triloxía Monólogos no espello
(1992), Tres sombras góticas e unha rosa (1995) e Henriqueta
na galería (1997).
Nós traemos
hoxe a esta sección A canción do vagamundo porque esa novela
representa a madurez creativa e a consagración definitiva de Lois
Diéguez como novelista. Estamos, efectivamente, ante unha obra
escrita con ambición, densa, innovadora, moi coral e ao mesmo tempo
cun personaxe maxistralmente trazado: mamai Otilia. Ningún outro
novelista galego actual, ou outra novelista, soubo reflectir coa
mestría de Lois Diéguez o mundo interior de persoas como a mamai
Otilia. Só por ese personaxe xa habería que ler esta novela, que
narra a historia dunha saga familiar e todo o que sucede despois da
morte do papai Delmiro, unha obra que denuncia tamén como a vinganza
e a manipulación xornalística poden destruír a felicidade e a vida
de moitas persoas: “A mamai Otilia, coas mazás no fondo do avantal
que recolle coas dúas mans, métese no galiñeiro, churriñas,
churras…, e bótalles a froita como se fose millo”.
A canción do vagamundo
Lois Diéguez
Sotelo Blanco,
1986
392 páxinas
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-53907920870144394392023-05-16T00:21:00.012-07:002023-05-16T04:44:52.081-07:00Teresa Táboas, un luxo do que este país non pode prescindir
Acertou
o nacionalismo galego -e vaia se acertou!- cando pensou na arquitecta
Teresa Táboas para ser conselleira de Vivenda e Solo. E seguirá
acertando o nacionalismo se considera que o país segue a precisar da
lucidez e do prestixio de Teresa Táboas e da súa presenza na vida
pública para construír un país diferente.
Por diversas causas sobre as que non
imos reflexionar agora aquí, en xuño de 1977, naquelas primeiras eleccións formalmente democráticas, non fomos quen de ofrecerlle ao
país unha alternativa unitaria de todo o nacionalismo. O Consello
de Forzas Políticas Galegas, que tanta ilusión xerara en
xaneiro de 1976, no momento da súa creación, rompeu precisamente
cando máis falta lle facía ao país. E tamén hai que dicir, porque
foi así, que o nacionalismo máis e mellor organizado tampouco
considerou imprescindíbel para a defensa política do país o aval
de determinados persoeiros que viñan do nacionalismo e do galeguismo
da preguerra, como podía ser Francisco Fernández del Riego,
Valentín Paz-Andrade, Lois Tobío, Ramón Martínez
López ou Bibiano Fernández Osorio. Todos eles podían
xogar aínda un papel moi importante nesa circunstancia histórica, e
de feito algúns deles incluso integraron unha Candidatura Galega
ao Senado.
Esa falta de unidade supuxo un
problema para unha parte do electorado galeguista e nacionalista que
había no país, sobre todo para as persoas que non militaban en
ningún partido. Na provincia de Ourense, por exemplo, ese corpo
social que priorizaba a defensa de Galiza tiña nunha sigla política
a Celso Emilio Ferreiro e noutra a Francisco Carballo,
en Pontevedra nunha candidatura a Camilo Nogueira e noutra a
Del Riego, ou en Lugo a Isaac Díaz Pardo nunha e a
Manuel María noutra. Iso nas candidaturas ao Senado. Nas do
Congreso, na provincia da Coruña, por exemplo, tiñamos a Xosé
Manuel Beiras na papeleta do PSG e a Elvira Souto e
Ramón López Suevos na do BN-PG. Mirado co paso do
tempo, un verdadeiro despropósito.
O FRACASO POLÍTICO COMO PAÍS
Diante daquel resultado electoral e
daquel fracaso político como país son moitas as preguntas que nos
podemos facer: faltou experiencia e madurez política naquela
xeración de dirixentes? Faltou tempo para construír unha verdadeira
alternativa para presentarse a aquelas primeiras eleccións? Houbo
demasiada soberbia nas diferentes organizacións políticas? ¿O
divorcio ideolóxico e político era tan grande que non había
ningunha posibilidade de presentarnos unidos como unha plataforma
electoral de país, plural e diversa, mesmo integrando a
personalidades independentes, nacionalistas e galeguistas? Para quen
coma min viviu con grande esperanza aquel tempo da Transición, non
deixamos de darlle voltas unha e outra vez a ese período histórico
que vai de 1975 a 1977 e que tanto condicionou as catro últimas
décadas da historia política de Galiza.
A PONTE QUE NON HOUBO
Agora que se escriben ducias e
ducias de traballos xornalísticos sobre don Paco del Riego e que
tantos libros da súa autoría e sobre el se publican, penso
sinceramente que Del Riego foi unha das persoas que naqueles anos
setenta o conxunto do nacionalismo galego talvez debería ter visto
como unha ponte co nacionalismo da preguerra, dándolle un papel
singular naquel momento político tan decisivo, buscando incluso na
súa traxectoria, no seu prestixio e na súa autoridade ética unha
unidade de país nas eleccións do 77. Mais lamentabelmente non foi
así. E moito me temo que el mesmo se levaría unha enorme decepción
vendo como as novas xeracións dunha parte do nacionalismo non o
tiñan en conta, nin sequera para pronunciar unha conferencia. Nese
momento ser de Galaxia era simplemente ser un piñerista máis,
con todo o que iso significaba. Como se Del Riego non fixera nada
polo nacionalismo galego e por Galiza ao longo de toda a súa vida,
el, que tanto traballara xa na súa mocidade con Ánxel Casal,
Alexandre Bóveda, Castelao, Otero Pedrayo ou
Ramón Suárez Picallo, e despois, na posguerra, nos anos
corenta, na clandestinidade, na reconstrución do Partido
Galeguista. Só tiñan interese en escoitalo as mozas e os mozos
que ían á Fundación Penzol buscando a documentación e a
información que precisaban para os seus traballos de investigación
académica. Non é estraño que en 1978 Francisco Fernández del
Riego renunciara expresamente á militancia no PSG e a calquera outro
compromiso político. O nacionalismo galego, polo visto, xa non o
precisaba.
PARA NON REPETIRMOS OS MESMOS ERROS
Del Riego foi o último supervivente
do Partido Galeguista, e hoxe son outras as persoas para as que temos
que mirar se non queremos repetir os mesmos erros do pasado.
Precisamos que todas as mellores cabezas coas que conta o
nacionalismo galego organizado ou non organizado estean ao servizo do
país, todas, absolutamente todas, e para iso debemos contar con esas
personalidades, darlles a posibilidade de seguer sendo útiles ao
nacionalismo e ao país, mostrarlles toda a nosa consideración e o
noso afecto, seguindo o espírito do Seminario de Estudos Galegos.
Lembro agora
que en certa ocasión, aló polo 2005, nunha reunión do Consello
Nacional do BNG, en pleno proceso do relevo xeracional no seo
do nacionalismo galego, díxenlle a Xosé Manuel Beiras, expresándoo
con toda a delicadeza humana que eu fun capaz, que el nin sequera
precisaba un escano no Parlamento galego para percorrer o país e ser
escoitado, admirado e querido por todo o mundo, dentro e fóra do
BNG, porque el era unha figura intelectual irrepetíbel e un
referente histórico e tiña aínda moito que dicirlle á sociedade
galega. E dicíallo desde a admiración e o cariño que sempre lle
profesei. Non me fixo caso, naturalmente. Mais o camiño que colleu
algúns anos despois, e que moito nos entristeceu, teño a impresión
de que non foi bo nin para el nin para o país.
Hoxe os nosos ollos teñen
necesariamente que mirar para outras persoas, e creo que unha desas
persoas que merece toda a nosa atención é Teresa Táboas
(Cidade de México, 1961), a primeira muller que ocupou o cargo de
Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a
segunda muller que formou parte como conselleira titular do Consello
Superior dos Colexios de Arquitectos de España desde a súa
fundación en 1931, entre outros importantes cargos que desempeñou
ao longo da súa ampla traxectoria profesional, algúns deles en
organismos internacionais, como foi o de Presidenta da Comisión de
Vivenda do Consello de Arquitectos de Europa. En 2006 recibiu tamén
a Medalla de Ouro da Universidade de Anahuac e en 2018 foi nomeada
Membro Honoraria da Federación de Colexios de Arquitectos da
República Mexicana. En fin, un luxo do que este país non pode
prescindir.
Si, temos que escoitar máis a
Teresa Táboas. Desde que deixou o cargo de conselleira de Vivenda e
Solo e o seu escano no Parlamento galego, e incluso a militancia no
BNG, que non no nacionalismo, é natural que deixara de ser unha
personalidade política de interese permanente para os medios, pero
cada vez que ela fala para a sociedade, cada vez que concede unha
entrevista a algún medio, cada vez que intervén nun acto público,
Teresa Táboas demostra que ten unha cabeza moi ben amoblada -eu
diría que privilexiada-, e, o que é máis importante, demostra
sempre a súa altura política, a súa conciencia de país, a súa
preocupación polo futuro de Galiza, as súas conviccións
radicalmente nacionalistas, sempre expresadas con grande
responsabilidade e exquisitez política.
E como no caso de Xosé Manuel
Beiras, Teresa Táboas tampouco precisa un escano, porque o seu
currículum académico, profesional e intelectual e a súa
experiencia política no Goberno galego durante o bipartito son
credenciais máis que suficientes para exercer en calquera tribuna de
Galiza o seu maxisterio. Teresa Táboas é unha desas persoas
independentes, de prestixio, brillante, que precisa o nacionalismo
galego e o país, como noutrora precisabamos a don Paco del Riego. E
se alguén pensa que esaxero, que escoite, por exemplo, a entrevista
que recentemente lle fixo Nós Televisión, unha conversa que
constitúe unha lección maxistral de amor ao país, de visión do
territorio, de confianza nas nosas propias forzas, de compromiso
activo coa construción da nación. Ninguén a debería deixar de
ver, de verdade.
A REVOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE
VIVENDA E SOLO
Cando unha nova xeración do
nacionalismo galego está preparándose para coller o goberno do país
nas súas propias mans, creo que é fundamental poñer en valor a
acción do Goberno bipartito e aprender daquela experiencia
histórica. E Teresa Táboas tamén aí ten moito que dicir, porque a
Lei de Vivenda de Galicia que impulsou a súa Consellería foi
modélica e autenticamente revolucionaria, igual que as Normas do
Hábitat Galego ou igual que os 16 millóns de metros cadrados
de solo empresarial que puxo en marcha no país. Agora que tanto
se fala de vivenda, sería ben que coñecésemos en profundidade o
que o BNG fixo desde a Consellería de Vivenda e Solo. Cuestións tan
importantes como o fondo social de vivenda, a protección e
a revitalización dos cascos históricos con axudas a fondo
perdido, rehabilitando directamente a administración ou mediante
expropiación; a calidade espacial das vivendas, con espazos
máis amplos e máis luminosos, para unha maior calidade de vida, ou
a certificación de eficiencia enerxética, que foi a primeira
comunidade autónoma en aprobala, son temas de plena actualidade e
que o equipo de Teresa Táboas impulsou xa naquela lexislatura
2005-2009.
O QUE ENGRANDECE O NACIONALISMO
GALEGO
Charla de Teresa Táboas no ciclo de actos “Pensando o futuro"
organizado pola ACAB
Acertou
o nacionalismo galego -e vaia se acertou!- cando pensou na arquitecta
Teresa Táboas para ser conselleira de Vivenda e Solo. E seguirá
acertando o nacionalismo se considera que o país segue a precisar da
lucidez e do prestixio de Teresa Táboas e da súa presenza na vida
pública para construír un país diferente. Iniciativas como a da
Agrupación Cultural Alexandre
Bóveda de abrir este mesmo
luns día 15 de maio un ciclo de actos con Teresa Táboas baixo o
título “Pensando o futuro” é, desde logo, un exemplo a seguir.
Oxalá nos anos setenta, nos tempos da Transición, fixésemos igual
con don Paco del Riego, con Luís
Seoane, con Lois Tobío, con
Paz-Andrade, con Ramón Martínez López…, como si fixemos despois,
talvez xa demasiado tarde, con don Ricardo
Carvalho Calero, con Jenaro
Marinhas del Valle ou con
Avelino Pousa Antelo,
tratándoos como mestres, aprendendo do seu saber e da súa
experiencia, mostrándolles todo o noso afecto. Como tamén fixemos
con Amalia Álvarez,
con Teresa Vilar Chao
ou con Elvira Varela Bao.
Ese é o concepto de país e de irmandade que engrandece ao
nacionalismo galego.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-84537810705910257332023-05-02T01:37:00.000-07:002023-05-02T01:37:00.747-07:00 Goretti en Compostela
Con
toda probabilidade, Goretti Sanmartín abrirá un tempo novo en
Compostela, preludio tamén do cambio político, feminino e
feminista, que Galiza tanto precisa.
Unha
cidade que non só é a capital de Galiza, senón tamén forxadora de
Europa e protagonista da Era
Compostelá entre os séculos
XI e XIII, debe ser esixente e ter á súa fronte, no Pazo de Raxoi,
unha persoa que ame e prestixie a lingua na que este país coñeceu o
seu maior esplendor histórico, que contemple a Compostela como unha
cidade antiga e moderna dunha nación galega en marcha, disposta a
ocupar outro lugar na historia, unha persoa cuxa presenza no Concello
despois do 28 de maio signifique, ademais, o preludio do cambio
político, feminino e feminista, que Galiza tanto precisa. E ese
perfil reúneo hoxe á perfección Goretti
Sanmartín Rei: unha muller
cunha traxectoria académica e intelectual de luxo, cunha entrega sen
límites, cunha capacidade de traballo e de liderado en equipo pouco
frecuente, e o que para nós aínda é máis importante, unha persoa
que procura sempre tecer pontes e afectos, que sabe construír país.
Ás
persoas que tanto admiramos a figura de Ánxel
Casal nada nos fará máis
ilusión que ver na Alcaldía de Santiago a Goretti Sanmartín,
porque ela representa como ninguén a acción política do Partido
Galeguista que tronzou o
fascismo en 1936. O papel que naquel momento histórico xogou o
concello de Compostela, liderando a Asemblea de concellos galegos na
loita polo Estatuto de
Autonomía, hoxe ese papel da
Corporación Municipal de Santiago a prol dun maior autogoberno
galego só o pode desempeñar se o preside unha persoa como Goretti
Sanmartín, que acredita no noso porvir como nación, que contempla a
cidade de Santiago dentro dun proxecto de país, que sabe que o noso
futuro como pobo escríbese coa consecución dun novo status político
para Galiza, nun proceso no que deben participar activamente os
concellos, comezando por Santiago. Ningún outro candidato e ningunha
outra candidata se presenta a estas eleccións con esas credenciais e
esa ambición política de país.
Nós
tivemos a honra de colaborar con Goretti Sanmartín ao longo de catro
anos, cando exerceu o cargo de vicepresidenta, portavoz do goberno e
deputada de Cultura da Deputación da Coruña, e coñecemos ben a súa
entrega e o seu ritmo de traballo, que resulta difícil de seguir, a
súa intelixencia para comprender de inmediato os asuntos máis
complexos da política local e a súa perseverancia en atopar
solución aos diferentes problemas que se presentan no día a día
nunha acción de goberno. A súa etapa na Deputación deixou unha
enorme pegada, tanto no plano persoal como no político, un ronsel
fermosísimo de iniciativas que quedaron xa para sempre.
A
Goretti Sanmartín débese a creación de premios como o Begoña
Caamaño, o Luisa
Villalta, o Torrente
Ballester de Narrativa en Lingua Galega
ou o Fran Pérez
“Narf”,
mais tamén a iniciativa institucional de iniciar e de liderar a
loita pola recuperación do Pazo
de Meirás, de impulsar a
primeira homenaxe da institución provincial á Xeración
Perdida, aos membros das
corporacións locais da II República que sufriron a barbarie e a
represión do 36; de poñer en marcha a Residencia
Universitaria “Elvira Bao”,
de asegurar que o legado artístico de Carlos
Maside ficase definitivamente
en Compostela, de crear o Festival
Rosalía de Castro en
Santiago, de trasladar dun corredor da Deputación ao Museo de Belas
Artes da Coruña un dos mellores cadros de Isaac
Díaz Pardo, de depositar na
Casa-Museo Rosalía de Castro o
legado da familia Rosalía-Murguía
que estaba no Pazo de Mariñán, de multiplicar o orzamento da Rede
Cultural da Deputación ou de
manter mil conversas con uns e con outros para lograr que o Premio
Otero Pedrayo fose concedido
por primeira vez ás mulleres, conseguindo que o acadasen Margarita
Ledo Andión, Antía
Cal e María
Xosé Queizán. Eses catro
anos lembrámolos xa na Deputación da Coruña como a “época
Goretti”.
Para a
sociedade compostelá, para a veciñanza de Santiago, o BNG non é
tampouco ningún experimento político. Na memoria de todas e de
todos está o importante traballo levado a cabo durante varios
mandatos polo nacionalismo galego, desde o goberno ou desde a
oposición, sempre con honradez e solvencia política. O compromiso
do BNG con Santiago desde a chegada de Encarna
Otero ao Concello está
asociado xa aos momentos máis luminosos da política municipal das
últimas décadas. Mesmo anteriormente ao BNG, na primeira
corporación democrática, en circunstancias moi convulsas, o
nacionalismo galego tamén estivo moi ben representado en Santiago
por outra muller: Manuela
Fraguela Seoane. E antes que
elas todas, María Miramontes,
facendo país, participando activamente na Editorial Nós, na vida do
Partido Galeguista e na campaña de apoio ao Estatuto do 36. Ese é o
aval, o do nacionalismo de hoxe e o de Goretti Sanmartín.
Todos
os tempos políticos teñen os seus ciclos, máis curtos ou máis
longos, e o tempo político de Xosé
Sánchez Bugallo hai anos que
entrou no seu ocaso. É un proxecto municipal que deu todo o que tiña
que dar de si, que xa non ilusiona nin dentro nin fóra do PSOE.
Realmente estes últimos catro anos foron o epílogo dunha etapa
política en declive. Cada día somos máis as persoas que estamos
convencidas de que Goretti Sanmartín abrirá un tempo novo en
Compostela, preludio tamén dunha nova Galiza que está a florecer
nesta primavera en todos os concellos do país, cun cambio xeracional
que nos fai inmensamente felices a cantas persoas entramos en
contacto coa política municipal xa en 1979, nas primeiras eleccións
formalmente democráticas. Afortunadamente o país segue paso
adiante, cada vez con máis mulleres collendo nas súas propias mans
a construción do futuro de moitos concellos: Beatriz
Bascoi en Moeche, Cristina
Cid en Allariz, Ana
Ermida en Barreiros, Leticia
Santos en Moaña, Sandra
González en Tomiño, Ánxela
Fernández n´O Rosal,
Cristina Fernández
en Ponteareas, Goretti Sanmartín en Compostela…
“O
povo é quem mais ordena”, e as campañas electorais, igual que as
redes sociais, cada vez son máis determinantes, sobre todo no mundo
urbano, e nós temos a convicción de que o 28 de maio a cidadanía
de Compostela ordenará que as portas do Pazo de Raxoi se abran para
recibir a quen será a primeira muller na historia en ocupar a
Alcaldía de Santiago. Mágoa que Xohana
Torres xa non o poida
contemplar. Estámola vendo agora unha tarde de comezos de verán en
Vigo, poucos meses antes do seu falecemento, léndonos algúns poemas
daquela aínda inéditos, falando con auténtica paixón de Rosalía
de Castro e moi leda de
coñecer por fin persoalmente a Goretti, porque sabía ben que as
mulleres de hoxe chegarían a onde as mulleres do seu tempo non
puideron chegar.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-52472360279297759642023-04-22T00:00:00.020-07:002023-04-22T00:00:00.189-07:00Méndez Ferrín, o grande mestre do relato curto
Non podería eu precisar o momento
concreto no que descubro a figura de Xosé Luís Méndez Ferrín
(Ourense, 1938), mais debeu ser aos meus dezaseis anos lendo Unha
ducia de galegos. Tamén por ese tempo leo Con pólvora e
magnolias, recén saído do prelo, naquela orixinal e fermosísima
edición en papel de estraza, cos versos de Pexegueiro nas lapelas.
Poucas semanas despois, a revista Teima publica a entrevista
que lle fixera Manuel Rivas algúns días antes das eleccións do 15
xuño de 1977, unha conversa que me deixa absolutamente fascinado
pola personalidade intelectualmente tan atractiva de Méndez Ferrín.
Das lecturas desas dúas entrevistas e daquel extraordinario libro de
poemas parte toda a miña admiración por Ferrín, non deixando de
mercar ningún dos seus libros a partir de aí, primeiro os que xa
estaban publicados e que eu daquela non tiña, e posteriormente os
que foron saíndo desde entón até agora.
Pola miña
amizade con Manuel María desde 1980, e con Ferrín tantas veces
presente na conversa, vivín igualmente moi de preto a ruptura entre
os dous poetas, todo o que lamentabelmente sucedeu en Poio naquel I
Congreso de Escritores e tamén o moi feliz que foi Manuel María
cando de novo, anos despois, recuperaron a amizade doutrora, unha
relación de camaradaría que -estou seguro- ningún dos dous quixo
quebrar, como o demostra a admiración e mesmo a emoción coa que
Manuel María sempre falaba de Ferrín e como o evidencia, así
mesmo, o feito de que Ferrín nunca eliminou de Con pólvora e
magnolias o poema que lle dedica ao de Outeiro de Rei. O
reencontro público entre os dous vellos amigos foi talvez o día que
Manuel María ingresou na Real Academia Galega, cun discurso ao que
respostou Méndez Ferrín con palabras que moito alegraron o corazón
do autor chairego.
Mái esta sección era para falar
dun libro, e é a primeira vez que non sei de que libro falar, porque
desde Percival e outras historias até Arraianos -No
ventre do silencio confeso que me decepcionou-, ou desde Voce
na néboa a Contra Maquieiro, resúltame difícil
seleccionar un título. Podería escoller Antón e os iñocentes
ou Bretaña, Esmeraldina, calquera desas dúas magníficas
novelas, e incluso podería escoller Co son honrado das antigas
falas, un conxunto de artigos dedicados a don Ramón Otero
Pedrayo e que Manuel María me trouxo un día como agasallo á
tertulia do Kirss. Pero xa que hai que seleccionar unha obra, optarei
por Crónica de nós, porque por riba do poeta, do novelista e
do articulista, sempre admirábel, está o grande mestre do relato
curto que é Méndez Ferrín, a xenialidade e o brillo dun escritor
que xa deslumbrou a Otero e a Cunqueiro co seu primeiro libro en
prosa, cando só tiña dezaoito anos, o narrador que colocou o relato
en lingua galega á altura dun Julio Cortázar. Cada texto de Ferrín
é un edificio literario perfecto, redondo e fermoso como unha
hortensia. “Sibila”, por exemplo: “Agora que, curvado por un
fardel de anos neboentos, atopei de novo a sortella fronte á casa do
triángulo (Rúa dos Loureiros, 5) e vou ser certamente visitado por
Sibila…”. Inconfundíbel.
Crónica de
nós
Xosé Luis Méndez
Ferrín
Edicións Xerais
de Galicia, 1980
133 páxinas
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-85821091617119443112023-04-17T05:17:00.002-07:002023-04-17T05:17:15.497-07:00O exemplo do PNV
O PNV negocia sempre de goberno a
goberno, de goberno de Euskadi a goberno de España, e os
nacionalistas vascos non se senten responsábeis do goberno que
maioritariamente escollen os españois, por iso poden incluso
negociar cun partido ou con outro.
Este artigo debería titulalo “Co
permiso de Xosé Estévez”, porque o noso benquerido e
admirado Pepe Estévez, o Pepiño, como sempre se referían a el
Manuel María e Saleta, é un dos mellores coñecedores
da historia do nacionalismo vasco e a máxima autoridade académica e
intelectual no estudo da relación entre o nacionalismo vasco, galego
e catalán. Lembremos que este quirogués que exerceu de profesor de
Historia na Universidade de Deusto desde 1973 ao 2011, ano en que se
xubilou, tivo o enorme privilexio de tratar moi de preto desde os
anos da Transición a case todos os principais persoeiros do
nacionalismo vasco, algúns xa da época da República, como Manuel
de Irujo, o amigo máis íntimo de Castelao, e mesmo
chegou a cultivar unha estreita relación con moitos deles, como é o
caso de Iñaki Anasagasti, un dos seus grandes amigos.
Por outra parte, desde que fixou a
súa residencia en Euskadi, tras casar coa profesora vasca Maribel
Goñi, de familia peneuvista, Xosé Estévez dedicou boa parte da
súa obra de investigación e ensaio ao Galeusca, tema este
sobre o que tamén fixo a súa tese de doutoramento. E aí segue.
Abonda lembrar os seus tres últimos libros publicados: O Galeusca
e Plácido Castro, Da Galiza ao Galeusca e A presenza
de Castelao en Euskadi. Na Universidade de Deusto, da que hoxe é
profesor emérito, creou, así mesmo, a Cátedra de Estudos
Galegos. Algunha vez temos escrito, e con razón, que é o
embaixador de Galiza en Euskadi.
O PESO POLÍTICO DE GALIZA
Así que, co permiso de Xosé
Estévez, imos facer unha referencia ao PNV, a propósito de
certos discursos que se escoitan por aquí sobre o actual peso
político de Galiza no Goberno español. Contra o que moitas persoas
pensan e proclaman, é rotundamente falso que o peso político de
Galiza no Estado se poida medir polo número de vicepresidentas,
ministras e ministros de orixe galego. Para o que é a marcha da
historia política de Galiza como nación desde o século XIX e a
defensa firme dos seus intereses cando resultan contraditorios cos
intereses do Estado -que acontece a miúdo-, este país non lle debe
nada a ningún político galego que fixo carreira política en
Madrid. Nin sequera desde que temos Estatuto de Autonomía foron quen
de defender nunca o status de nacionalidade histórica ao mesmo nivel
que Cataluña e Euskadi. E poñan aí os nomes que queiran de persoas
de esquerdas e de dereitas dos partidos estatais que operan en
Galiza.
É unha evidencia histórica que
Galiza en todo o que vai desde 1977 até hoxe careceu de peso
político no Estado. E non se pode dicir que non houbese galegos
e galegas na política española nos últimos corenta anos. A lista é
enorme e con cargos de máxima responsabilidade institucional. Quen
triunfa ou é importante en Madrid como político ou política nunca
o é por colocar o noso país no centro das súas preocupacións e na
axenda política do Estado.
ENTRE GALIZA E ESPAÑA, SEMPRE
ESPAÑA
Quen está ao servizo da política
de España dificilmente pode defender prioritariamente os intereses
de Galiza. Nin sequera iso acontece cando se trata de grandes
personalidades, como pode ser o caso de Augusto González Besada,
o mellor biógrafo no seu tempo de Rosalía de Castro e un
persoeiro que ocupou cargos moi importantes na política española,
entre eles o de Presidente do Congreso e ministro de Facenda,
Gobernación e Fomento. Nin a súa sensibilidade coa cultura do seu
país nativo nin a súa profunda admiración e o seu amor por Rosalía
impediron que o seu compromiso cos intereses políticos de España se
puidese quebrar nalgún momento da súa biografía política.
Outro bo exemplo do que estamos a
afirmar témolo en Domingo García-Sabell, convencido
demócrata e republicano desde os seus anos universitarios e de
militancia activa na FUE e personalidade ilustre do galeguismo
cultural grazas sobre todo á influencia de Ramón Piñeiro.
Entre 1979 e 1997 foi Presidente da Real Academia Galega e
entre 1981 e 1996 Delegado do Goberno en Galicia, e cando o Goberno
central tomou a decisión de recorrer a Lei de Normalización
Lingüística aprobada por unanimidade no Parlamento galego,
García-Sabell, a pesar de presidir a Real Academia Galega e de ser
un prestixioso intelectual galego, avalou o recurso de
inconstitucionalidade e posicionouse, por tanto, contra a lei galega
que fora aprobada para protexer os dereitos lingüísticos do pobo
galego.
Nin o peche no seu despacho da RAG
na rúa Tabernas dun grupo de intelectuais encabezados por Manuel
María, Uxío Novoneyra e Avilés de Taramancos para
pedir a súa dimisión foi quen de modificar o proceder e a posición
política de Domingo García-Sabell. Antes que a decisión unánime
de Galiza a través do seu Parlamento estaba a decisión do Goberno
español. E estamos a falar do comportamento político dunha
importante figura intelectual, cunha ampla traxectoria dentro do
galeguismo cultural.
O EXEMPLO DO PNV
A experiencia histórica demostra
unha e outra vez que quen vai a Madrid para ser alguén importante na
política española ou quen depende das directrices dos centros do
poder político da capital do Estado nunca se sitúa na primeira liña
de defensa deste país. O peso político de Galiza na política
estatal non depende, xa que logo, dunha menor ou maior presenza de
políticos e políticas de orixe galego na Moncloa. O peso de
Galiza, como o de Euskadi ou o de Cataluña, ademais do papel que
estea disposto a xogar o propio goberno autónomo, depende da
representación parlamentaria do nacionalismo galego no Congreso, e
tamén, claro está, do número de escanos e das posibilidades de
negociación. O caso do PNV non pode ser máis clarificador. O
partido que está presente desde 1918 nas Cortes españolas, nos
períodos da Restauración, da República e da Transición, e desde
entón até a actualidade, nunca tivo como obxectivo unha
vicepresidencia ou un ministerio no goberno español.
Se exceptuamos unha circunstancia
tan extraordinaria e tan dramática como a da guerra civil, na que
durante dous anos Manuel de Irujo foi ministro, primeiro de Largo
Caballero e despois de Negrín, endexamais vimos a
Arzalluz, a Anasagasti, a Urkullo, a Aitor
Esteban, a Ortuzar ou a calquera outro dirixente do PNV
reclamar ministerios ou vicepresidencias no Goberno de España. Ao
nacionalismo vasco chegoulle sempre con ter un grupo parlamentario
propio para negociar en Madrid a transferencia de competencias e os
investimentos que Euskadi precisa, fose cun goberno da UCD, do
PSOE ou do PP, porque o PNV negocia sempre de goberno a
goberno, de goberno de Euskadi a goberno de España, e os
nacionalistas vascos non se senten responsábeis do goberno que
maioritariamente escollen os españois, por iso poden negociar cun
partido ou con outro. O PNV é un espello no que nos debemos mirar.
O GRUPO PARLAMENTARIO GALEGO
A entrada do BNG no Congreso en 1996
foi fundamental para a nosa visibilidade como país e para e
Jorquera negociou en 2008 co equipo de Zapatero o investimento territorializado
máis alto do Estado en Galiza, máis de 2.145 millóns de euros.  (Foto: EFE)
defensa
dos intereses galegos. A partir de 2004, as negociacións do
nacionalismo galego levadas a cabo co PSOE, primeiro co equipo de
Rodríguez Zapatero e logo co de Pedro Sánchez,
supuxeron un cambio radical nas partidas orzamentarias do Estado e
nos compromisos do Goberno central a respecto de Galiza. De todas
esas negociacións durante varios exercicios só daremos un dato:
Francisco Jorquera negociou en 2008 co equipo de Rodríguez
Zapatero o investimento territorializado máis alto do Estado en
Galiza, máis de 2.145 millóns de euros (en 2023 é de
1.077,88M€).
Estamos convencidos de que o día
que o BNG consiga un grupo parlamentario propio no Congreso -e
esperamos que poida ser nas vindeiras eleccións xerais-, Galiza terá
dado un salto espectacular na súa historia política. Xunto cunha
Xunta de Galicia que estea liderada por unha muller como Ana
Pontón, un grupo parlamentario galego no Congreso,
permanentemente ao servizo do noso país, sería o que de verdade lle
daría peso político a Galiza en Madrid. E non se trata só da
negociación dun pacto para a sesión de investidura dun candidato da
esquerda española. Chegado o caso, un grupo propio podería negociar
incluso o orzamento do Estado cun goberno español de dereitas, que
non é o mesmo que colocar á dereita no goberno. Calquera
negociación política, con quen sexa, co goberno español ou coa
Unión Europa, que poña no centro as necesidades, os problemas e as
prioridades de Galiza, será sempre positiva para o noso país. E
isto só o pode facer unha forza como o BNG, unha organización que
ten o seu centro de decisión en Galiza e non en Ferraz, en Génova
ou en Princesa.
As deputadas e os deputados dos
partidos estatais elexidos nas circunscricións galegas nunca poderán
actuar coa liberdade que ten o nacionalismo galego, porque cando lles
toca estar na oposición no Congreso, a representación galega en
Madrid deses partidos políticos resulta totalmente inútil desde
unha perspectiva de país, porque só están para actuar cun único
voto en todo o Estado. Non poden negociar nada en nome de Galiza.
Endexamais os representantes galegos do PSOE, ou máis recentemente
de Unidas Podemos (con En Marea dentro), negociaron
algo para Galiza desde a oposición parlamentaria durante os gobernos
de Mariano Rajoy. E o mesmo fai a representación galega do PP
cando en Madrid goberna o PSOE. E cando estes partidos están no
goberno, a función das deputadas e dos deputados elexidos en Galiza
é exclusivamente apoiar ao executivo, aprobe o que aprobe, a favor
ou en contra dos nosos intereses.
Algún día falaremos do que deixou
de defender Yolanda Díaz como deputada de En Marea a respecto
das demandas galegas na negociación dos Orzamentos Xerais do Estado
cando Unidas Podemos accede ao goberno. Algunha desas demandas, por
certo, ben importante para a cidade da Coruña, como a condonación
da débeda do porto exterior, que era unha reivindicación unánime
do Concello, da Deputación e do Parlamento galego. Só a deputada
nacionalista Alexandra Fernández votou en contra daqueles
orzamentos e se mantivo firme co que acordara a súa organización en
Galiza. Aquel día En Marea acabou por transformarse definitivamente
En Podemos. De novo asistiamos a outra fraude e a outra frustración
política máis para o noso país.
Multiplicar a representación do
BNG no Congreso significa, xa que logo, multiplicar o peso político
do país, goberne quen goberne en España. Sempre será unha
representación útil, sen ataduras, e con capacidade plena para
negociar. O PNV demostrouno unha e outra vez.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-70678909458332464972023-04-07T13:31:00.006-07:002023-04-07T13:35:56.252-07:00 A Galiza de don Paco del Riego (e III)
Tres obras de Francisco
Fernández del Riego.
Xa durante os tempos da República,
na súa mocidade universitaria, Francisco Fernández del Riego
era un asiduo colaborador de varias publicacións periódicas: El
Pueblo Gallego, A Nosa Terra, Ser, Alento,
Nós, Galiza,Universitarios… Cando en 1946 Goñi
Aizpurúa comeza a dirixir o xornal compostelano La Noche,
un dos primeiros galeguistas que vai colaborar vai ser Del Riego, iso
si, co pseudónimo de Salvador Lorenzana. Primeiro faino con
colaboracións esporádicas, logo cunha sección propia e máis
tarde, en 1949, o director pídelle a el e a Xaime Illa Couto
que dirixan o suplemento sabatino do periódico, onde van aparecer
traballos de Cuevillas, Cunqueiro e Carvalho Calero,
no caso deste último tamén baixo pseudónimo. Mais a censura
encargouse moi pronto de fechar aquela fiestra aberta a Galiza e á
liberdade despois da publicación dun artigo de Valentín
Paz-Andrade sobre Castelao, escrito tras coñecer a súa
morte no exilio. Foron só quince semanas de vida para o suplemento,
pero pasou á historia cultural do país como a publicación máis
luminosa daquel tempo, como o espazo máis progresista e galeguista
que había nese momento na prensa galega. Incluso o propio xornal La
Noche, do que tamén foi director Raimundo García Domínguez
(Borobó), marcou dalgún xeito unha época e unha xeración.
A BBC E O PRIMEIRO LIBRO
Ademais das páxinas de La Noche,
a lingua e a cultura galegas atoparon, afortunadamente, outras portas
abertas, tanto en América, onde Luís Seoane dirixía a
emisión de Galicia Emigrante, como na BBC de Londres,
e Del Riego foi un dos máis activos colaboradores deses medios e
foi, así mesmo, unha das persoas que máis se preocupou de que
outros persoeiros enviaran traballos, ás veces incluso
responsabilizándose el de mecanografalos, así como da coordinación
das emisións en lingua galega da BBC. Durante nove anos, entre 1947
e 1956, cada tres semanas, a lingua galega prohibida no noso país
puido escoitarse polas ondas londinenses. E en 1949 Fernández del
Riego publica o seu primeiro libro, Cos ollos do noso esprito,
que aparece en Bos Aires.
A EDITORIAL GALAXIA
Fracasada a liña da acción
política clandestina, Xaime Illa e Del Riego comezan a pensar en
crear unha editorial que lles permita traballar pola cultura galega e
polo país desde unha certa legalidade. Froito diso é a fundación
da Editorial Galaxia o 25 de xullo de 1950 nos baixos do Hotel
Compostela, baixo a presidencia de don Ramón Otero Pedrayo,
que precisamente aquel ano acababa de gañar a cátedra de Xeografía
e Historia da Universidade de Santiago. E de novo vemos nese proxecto
editorial a moitas das persoas do PG: o propio Otero Pedrayo,
Gómez Román, Paco del Riego, Ramón Piñeiro, Illa
Couto…
Capa do primeiro núm. da
revista Grial.
Galaxia vai marcar un antes e un
despois para a literatura galega. Non é a única aventura editorial
que aparece neses anos (lembremos a colección de poesía Benito
Soto, a Editorial Bibliófilos Gallegos ou a Editorial
Monterrey), pero si a principal empresa da edición do libro
galego, á que Paco del Riego vai dedicar desde ese momento corenta
anos da súa vida. E á sombra de Galaxia aparecen outros proxectos,
tamén por iniciativa de Del Riego e de Xaime Illa: os cadernos da
Colección Grial, máis tarde Grial como
Revista Galega de Cultura; a Revista de Economía de Galicia,
da que foi director Xaime Illa e subdirector Xosé Manuel Beiras;
a Colección Salnés, que crea Del Riego xunto con
Celso Emilio Ferreiro e Emilio Álvarez Bázquez, e
onde aparece Longa noite de pedra, de Celso Emilio, Mar
maior, de Manuel María, ou Ao pé de cada hora, de
Salvador García-Bodaño; ou a colección Illa Nova,
pensada para promocionar as xeracións máis novas nos xéneros de
narrativa, ensaio e teatro, e na que se publican obras de Méndez
Ferrín, Bernardino Graña, Neira Vilas, María
Xosé Queizán, Carlos Casares, Lois Diéguez ou Francisco
Rodríguez.
Por suposto, a liña editorial de
Galaxia non sempre foi intelixente e aberta a todas as sensibilidades
ideolóxicas. Abonda con citar os casos de Rodríguez Mourullo
(tanto Nasce un árbore como Memorias de Tains aparecen
na Editorial Monterrey), Manuel María (todos os seus libros, agás
Mar Maior, foron rexeitados por Galaxia) ou Teresa Barro,
que tampouco consegue que Galaxia lle publique as súas Cartas a
Rosalía, a pesar da súa estreita amizade e da de Fernando
Pérez-Barreiro Nolla con Piñeiro, seguramente pola visión
feminista da autora sobre a obra de Rosalía. Lamentabelmente
o sectarismo de Ramón Piñeiro, que exercía como director
literario, chegou a eses extremos. O propio Del Riego, cando xa non
estaba na dirección de Galaxia, na etapa de Carlos Casares, viu con
enorme amargura como a editorial á que el consagrara unha boa parte
da súa vida lle rexeitaba a publicación da súa novela O cego de
Pumardedón, que finalmente sairá en Ir Indo en 1992, e a partir
de aí xa recorre a Edicións do Castro e á man amiga de Isaac
Díaz Pardo.
O labor de Paco del Riego na
Editorial Galaxia vai ser fundamental para recuperar para a
literatura galega escritores como Álvaro Cunqueiro, Ánxel
Fole ou Vicente Risco. Grazas ao empeño e á insistencia
de Del Riego, Cunqueiro escribe Merlín e familia (1955),
Ánxel Fole Á lus do candil (1953) e Vicente Risco entrégalle
a Galaxia os traballos que conforman Leria (1961). É só un
exemplo do froito literario que deu a súa relación directa como
representante de Galaxia con estes tres autores.
Desde a Editorial Galaxia
Paco del Riego recuperou para a literatura galega autores como Álvaro
Cunqueiro, Vicente Risco e Ánxel Fole.
O propio Del Riego contou moitas
veces que cando Cunqueiro non tiña gañas nin de escribir unha
páxina, el seguiu a turrar en que tiña que facelo, e facelo en
galego, e que foi así como un día apareceu Álvaro Cunqueiro no seu
despacho de Vigo con vinte ou trinta folios do Merlín. A
correspondencia entre Cunqueiro e Del Riego demostra perfectamente o
importante que foi Paco del Riego para o regreso do mindoniense á
lingua e ás letras galegas. Neses anos cincuenta Álvaro Cunqueiro
dille unha e outra vez ao seu amigo que se sente un home “vello e
canso”, “soio, triste”, “Véxome soio, aconchado nun buraco”,
“Nunca se sae desta roda”. Del Riego será dalgunha maneira o seu
psicólogo, a persoa que máis o anima e que máis teima en que ten
que escribir.
A Francisco Fernández del Riego,
naturalmente, doeulle moito a traxectoria de Cunqueiro e de Risco
tras o alzamento militar do 36, pero nunca até o punto de deixar de
considerar amigo seu a Cunqueiro e un dos seus mestres a don Vicente
Risco, e esa é a razón pola que intentou comprender humanamente
esas dúas traxectorias e pola que fixo todo o posíbel desde a
Editorial Galaxia para volvelos a gañar para a literatura galega. A
Álvaro Cunqueiro animouno e axudouno día tras día nos anos máis
grises que Cunqueiro pasou en Mondoñedo, e a Vicente Risco
mostroulle sempre un exquisito respecto intelectual e todo o seu
afecto, por todo o que significara a personalidade de Risco nunha
primeira etapa do nacionalismo galego. Iso demostra a grandeza humana
de don Paco del Riego.
Del Riego convence tamén a Aquilino
Iglesia Alvariño para que lle entregue un poemario inédito:
Nenias, a pesar de que o poeta de Abadín non se sumara
inicialmente ao proxecto de Galaxia. A don Paco débeselle igualmente
o esforzo de mecanografar os traballos literarios de Florentino López
Cuevillas e de recollelos no libro Prosas galegas ou o feito
de lograr incorporar a Galaxia a Manuel Rodrígues Lapa.
Francisco Fernández del Riego tiña unha grande relación con
Rodrígues Lapa e incluso pasaba tempadas con el na Costa Caparica.
Esa amizade posibilitou que o profesor portugués, que podía
publicar onde el quixera, lle entregara a Galaxia a obra Cantigas
d´escarnho e de maldizer, un traballo que prestixiou o selo
editorial galego en todos os centros de estudo das linguas románicas.
E igual sucedeu co italiano Giuseppe Tavani, do que Del Riego
se fixo amigo nun congreso internacional no Porto, e froito diso foi
o libro de Tavani A poesía lírica galego-portuguesa. A
mediación de don Paco resultou fundamental, pois,para incorporar
estas outras figuras intelectuais ao catálogo de Galaxia.
Fernández del Riego foi, así
mesmo, o que convenceu a Celso Emilio Ferreiro para reunir os seus
poemas inéditos nun novo libro, o que lle axudou a facer a selección
e o que incluso escolleu o título, tirado dun dos poemas: Longa
noite de pedra. Mais Fernández del Riego non só fixo ese papel
de valedor cos autores de antes da guerra, senón que Del Riego
apoiou e prologou primeiros libros de autores novos, como Percival
e outras historias, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1958),
escrito cando este tiña dezaoito anos.
En Galaxia publicaron tamén
os seus primeiros libros autores de varias xeracións da posguerra.
Capítulo á parte merece a súa
valiosísima e imprescindíbel colaboración con Carvalho Calero
durante todo o proceso de elaboración da súa Historia da
literatura galega contemporánea, desde 1956, atendendo ano tras
ano e coa máxima dilixencia as súas continuas e múltiples
peticións, subministrándolle os títulos que lle solicita,
enviándolle os máis diversos documentos e datos que precisa (o
apelido da muller dun autor, un enderezo, un artigo necrolóxico…)
ou mecanografando os textos da obra.
O labor de don Paco del Riego na
Editorial Galaxia non tivo límites de entrega. O escritor e crítico
literario Ramón Nicolás, unha das persoas que máis está a
facer por descubrir en toda a súa dimensión e dar a coñecer a
figura de Fernández del Riego, na documentadísima e magnífica
biografía que acaba de publicar sobre esta personalidade (Francisco
Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo),
sintetiza así as funcións de don Paco del Riego como xerente de
Galaxia: “solicitaba orixinais prometidos ás persoas que se
comprometeran a entregalos, dirixía na imprenta a diagramación, a
composición e mais o axuste axeitado das páxinas, mecanografaba
orixinais manuscritos, corrixía probas, reconstruía textos enviados
por autores noveis, coordinaba libros de autoría múltiple, sostiña
correspondencia cos autores, facía envíos, achegábase a Correos
para remitir libros a particulares e empresas, etc.”. E aínda
habería que engadir o envío dos traballos á censura a Madrid, que
conlevaba tres trámites: primeiro enviar o orixinal, despois as
probas e finalmente o libro xa editado.
A CREACIÓN DO DÍA DAS LETRAS
GALEGAS
En 1960, dentro da progresiva e
lenta renovación que se produce no seo da Real Academia Galega,
e para ocupar a vacante que deixara Florentino López Cuevillas,
ten lugar no Círculo de Artesáns da Coruña o ingreso de
Francisco Fernández del Riego como membro da Real Academia Galega,
que é proposto por don Ramón Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román,
Sebastián Martínez Risco e Manuel Casás Fernández.
Ao seu discurso dá resposta Ricardo Carvalho Calero, que lembra os
tempos do Seminario de Estudos Galegos en que se coñeceron e
os avatares polos que logo pasaron. E desde ese momento Paco del
Riego vai ser un académico moi activo, sendo precisamente el o que
xa en 1963 realiza a proposta do 17 de maio como Día das Letras
Galegas, o primeiro ano dedicado a Rosalía de Castro e o segundo
a Castelao, unha decisión que constitúe un auténtico acto
revolucionario naqueles tempos da Ditadura.
A FUNDACIÓN PENZOL
Tamén no ano 1963 se inaugura en
Vigo a Fundación Penzol, tras a importante doazón de fondos
de temática galega que fai don Fermín Penzol, que levaba anos
adquirindo canto libro, folleto, revista, periódico ou documento
relacionado con Galiza caía nas súas mans. Como director da
Fundación Penzol é nomeado Paco del Riego, que desde ese ano
compaxina o seu labor en Galaxia co da Fundación, e incluso desde
1972 cunha terceira empresa: Artes Gráficas de Galicia, onde
se imprimen os libros de Galaxia e clandestinamente publicacións e
cartelería para partidos políticos e asociacións. As mañás
pasábaas traballando en Artes Gráficas e as tardes na Penzol, e
unha vez que deixou o labor de editor, consagrouse en corpo e alma á
Fundación Penzol, mañá e tarde, sen retribución económica, ao
longo de varias décadas e case até os últimos días da súa vida.
A PRESIDENCIA DA REAL ACADEMIA
GALEGA
O último servizo que don Paco del
Riego fai á cultura galega e ao país é a aceptación, cando ten xa
máis de 80 anos, da presidencia da Real Academia Galega, despois dun
mandato moi contestado de Domingo García-Sabell. A etapa na
que Del Riego preside a RAG (1997-2001) caracterizarase pola apertura
á sociedade e por abrir as portas desa institución centenaria a
intelectuais que até entón tiñan vetada a súa entrada, como era o
caso de Méndez Ferrín. Outros persoeiros que ingresaron no seu
mandato foron Xaime Illa, Franco Grande, Neira Vilas e Xohana
Torres. A súa única grande decepción foi non poder conseguir o
Día das Letras Galegas para don Ricardo Carvalho Calero.
O ESCRITOR
O que nunca
deixou de facer Francisco Fernández del Riego ao longo da súa vida,
até os seus 97 anos, foi escribir: artigos, libros de ensaio,
traducións, escolmas, prólogos, moito traballo de investigación e
de reflexión, sempre cun carácter divulgativo, permanentemente
preocupado por en poñer en valor as letras galegas e por restaurar a
memoria histórica do galeguismo e do nacionalismo galego. A súa
bibliografía é amplísima. Na biografía que recentemente publicou
de Fernández del Riego a profesora Malores Villanueva Gesteira,
tamén imprescindíbel para coñecer a traxectoria humana,
intelectual e política de don Paco del Riego, figura unha
completísima bibliografía de quen foi o último representante do
Partido Galeguista, que dá idea da súa vasta cultura e da súa
extensa obra. Entre os seus libros máis amados por nós están
Ánxel Casal e o libro galego e O río do tempo. Unha
historia vivida. Pero hai outros títulos que tampouco podemos
deixar de destacar aquí, como é o caso de A xeración Galaxia,
Letras do noso tempo, Escritores de Portugal e do Brasil,
Álvaro Cunqueiro e o seu mundo, Antolín Faraldo. O gran
soñador ou O señor da casa grande de Cima de Vila. A
historia do galeguismo, as letras galegas, a literatura escrita
noutras linguas, Antolín Faraldo, Álvaro Cunqueiro, Otero
Pedrayo… foron algunhas das súas paixóns como investigador,
estudoso, escritor, articulista, conferenciante e lector.
A Galiza de don Paco del Riego, o
país que el soñou, a nación galega que el quixo construír e pola
que loitou toda a súa vida, é o que todas e todos nós precisamos
nas nosas cabezas para que Galiza sexa algún día un país
diferente, unha nación no mundo.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-57525614095823763272023-03-27T05:38:00.001-07:002023-03-27T05:43:12.793-07:00Eduardo Blanco Amor e a renovación da novela galega
En Bos Aires, rodeado de escritores
amigos como José Luis Borges ou Ernesto Sábato, que non podían
entender como o autor de La catedral y el niño perdía o
tempo en escribir nunha lingua proscrita como o galego, EduardoBlanco Amor (Ourense, 1897-Vigo, 1979), con 59 anos cumpridos,
escribe en tres mañás de domingo a súa primeira novela en lingua
galega, e iso que o fai non sen certas dificultades, porque tivo case
que aprender un idioma axeitado aos seus propósitos literarios. Mais
o feito é que tras A esmorga (1959) e Xente ao lonxe
(1972) podemos afirmar con rotundidade que hai un antes e un despois
na novela galega do século XX.
Ao fillo da florista poucas veces
lle sorriu a vida. Se a súa infancia foi a dun neno triste nun
Ourense triste e a súa lembranza máis antiga un incendio terríbel
na súa casa, cando era un neno de pouco máis de dous anos, a súa
obra non só tivo que saír sempre á luz no contexto da censura
franquista, senón tamén nunha época nada propicia para a
valoración e o recoñecemento dunha obra narrativa tan transgresora
como a súa. A mentalidade conservadora dos membros dos xurados e das
persoas que exercían a crítica literaria, cando menos sobre o tema
sexual, deixárono sen os premios aos que el se presentou unha e
outra vez e sen o lugar que en xustiza lle correspondía na
literatura galega desde 1960. Despreciado humanamente por uns pola
súa homosexualidade, incomprendido intelectualmente por outros,
ignorado polo país que tanto amaba e pola súa propia cidade de
Ourense, vivindo os seus últimos anos na soidade dun hotel e
fundamentalmente dos seus artigos e dalgunhas axudas que recibe,
“ferido e solitario”, como escribiu Carlos Casares, o final da
súa vida tampouco puido ser máis triste: morre nun taxi camiño
dunha clínica e o seu cadáver permanecerá nun depósito durante
horas sen que ninguén o vaia velar. Era unha das nosas grandes
figuras intelectuais e o escritor que renovou a novela galega do
século XX. Tiña 82 anos e Luis Mariño dixo que era o máis novo
dos seus amigos. Nemesio Barxa aínda nos debe un libro.
Achéguense vostedes ao conxunto da
súa obra a través dunha análise lúcida e profunda como é o libro
Eduardo Blanco Amor (o desacougo da nación negada), de
Francisco Rodríguez, ou a través dunha lección breve e maxistral
de María Xosé Queizán en Clásicos e Modernos/2: “A
narrativa de Blanco Amor: Heterodoxia e provocación”. Pero sobre
todo, debrúcense diante da súa prosa. E permítanlle a este humilde
lector dicir algo que desde hai tempo desexa manifestar en voz alta:
aínda hoxe non comprendemos porqué Xente ao lonxe non é a
novela máis canónica de Eduardo Blanco Amor. Nós non temos dúbidas
de que é a súa obra máis ambiciosa, máis moderna, máis actual,
máis admirábel. A súa grande obra mestra. Do lumpen dos arrabaldos
de Auria de A esmorga pasamos á clase obreira de comezos do
século XX de Xente ao lonxe. Dunha realidade opresiva e sen
futuro á esperanza dunha nación en marcha. A novela que nese
momento precisaba a literatura galega.
Xente ao
lonxe
Eduardo Blanco
Amor
Galaxia / 1976 2ª
edición
320 páxinas
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8796604824685976519.post-20924254167660193782023-03-20T01:18:00.005-07:002023-03-20T01:27:25.155-07:00 A Galiza de don Paco del Riego (II)
Reconstruír o galeguismo e a
personalidade do país e dar continuidade ao proxecto político que
devastara a sublevación fascista do 36, esa foi a tarefa e a paixón
de Francisco Fernández del Riego desde que rematou a guerra e ao
longo da súa traxectoria vital posterior.
Nada máis rematar a guerra e chegar
á casa dos pais a Santiago, Paco del Riego foi informado
confidencialmente de que perigaba a súa liberdade. Esa foi a razón
pola que se puxo en contacto con Valentín Paz-Andrade, que
tiña o seu bufete en Vigo, para ver se lle podía procurar algún
traballo na cidade olívica. Intenta, pois, refacer a súa vida
compaxinando o traballo no despacho de Paz-Andrade cunha colaboración
para unha revista que se chamaba Industrias Pesqueras. Eran
tempos de moita fame, e o pouco que gañaba non daba para moito máis
que para pagar unha humilde pensión. Víase obrigado incluso a facer
só unha comida ao día. Máis tarde logra dar clases de Literatura e
Filosofía a alumnos de sexto e sétimo de bacharelato nun colexio
privado, que dirixía, curiosamente, un militar retirado. Pero as
ameazas seguían. Alguén o chamaba ao despacho e lle dicía: “¿Sabe
usted que está viviendo con el permiso del enterrador?” Así, un
día e outro. Os momentos máis agradábeis son os que pasa na
tertulia do Café Derby despois do xantar con Paz-Andrade, Carlos
Maside ou Xulio Sigüenza. Ao cabo dun ano en Vigo, casa
coa súa moza da época de Santiago, con Evelina Hervello, que
coñecera cando ela estudaba Ciencias Químicas.
A REORGANIZACIÓN DO PG
A correspondencia de Paco del Riego con Cunqueiro
e Carvalho Calero.
Só unha persoa como Paco del Riego,
cunha gran lealdade aos ideais do nacionalismo galego e cunha entrega
e unha coraxe política certamente admirábel, só un home coa súa
integridade moral e coa súa valentía, podía poñerse a traballar
na reconstrución do Partido Galeguista tan pronto se instalou
profesionalmente en Vigo, nunhas circunstancias persoais moi
extremas, sempre baixo a vixilancia policial e a represión, nun
momento, ademais, no que as poucas persoas do galeguismo que quedaran
no país e que lograran salvar a vida vivían traumatizadas ou nun
exilio interior, tratando de sobrevivir despois daquela grandísima
traxedia humana. O seu amigo dos tempos de Compostela e “cordialísimo
camarada” Ricardo Carvalho Calero, aínda neses anos na
prisión militar de Jaén, envíalle en novembro de 1940 unha carta
na que lle manifesta todo o seu pesimismo: “Estou condeado a doce
anos e un día de reclusión. Que este tempo se reduza ou non, é
cousa que ignoro. Así que comprenderás doadamente que non poda
respostar á túa pregunta sobre si nos volveremos ver axiña”. Ese
era o contexto no que Paco del Riego comezou a pensar en reorganizar
o nacionalismo galego. Desde as ruínas, desde o medo, desde a
incertidume, desde a clandestinidade, mais tamén desde a confianza
nos ideais.
Todo comeza en 1942, no monte do
Castro, en Vigo, onde un día Del Riego se atopa con don Enrique
Peinador Lines, copropietario do Balneario de Mondariz e antigo
dirixente do Partido Galeguista. Aos poucos días vense de novo nun
piso que o empresario ten en Vigo e aí deciden dar os primeiros
pasos para reconstruír o galeguismo político. Conseguen de
inmediato que se sume á tarefa Manuel Goméz Román, o último
Secretario Xeral do partido, que pasara igualmente momentos moi
duros. E logo Paco del Riego contacta con outro antigo militante do
PG, que tamén fora perseguido: Servando Gómez-Aller de la
Vallina. E a través deste, Del Riego mándalle recado a Ramón
Piñeiro, que vivía en Lugo e que fora Presidente das Mocedades
Galeguistas nesa cidade, para que veña pasar uns días con el
a Vigo. É entón cando Paco del Riego lle explica o propósito do
seu convite e cando lle propón a Piñeiro facer de enlace cos
galeguistas sobrevivintes do país, algo que Piñeiro acepta desde un
primeiro momento.
A partir de aí, Ramón Piñeiro,
moi discretamente, coa axuda económica de Gómez Román, Enrique
Peinador e Del Riego, realiza unha serie de viaxes por todo o país
en coche de liña para falar con aquelas poucas persoas que lles
inspiraban confianza, non sempre co resultado que desexaban, porque o
temor era moito e a desesperanza e a sensación de derrota e de
fracaso absoluto estaba moi presente no desánimo de moitas persoas
que noutrora viviran con enorme ilusión e entrega á loita polo
ideal galeguista e polo Estatuto de Autonomía do 36. Aínda así
sumaron as adesións suficientes para ir preparando unha asamblea.
Estamos xa en xullo de 1943.
Convidados para xantar unha caldeirada de peixe, van chegando a unha
casa mariñeira que alugaba Paco del Riego durante o verán na praia
do Coruxo, na beiramar de Vigo, diversos persoeiros do galeguismo que
sobreviviran á traxedia: Gómez Román, Ramón Piñeiro, Ánxel
Fole, Mariñas del Valle, Ferro Couselo, Vicente
Bóveda, Emilio Álvarez Gallego, Salvador Rei,
Luís Viñas Cortegoso, Vallina, Fermín Penzol, Xosé
Ramón Fernández-Oxea, Cesáreo e Camilo Saco e
poucos máis. Unha das persoas que máis soñara con aquela reunión,
don Enrique Peinador, falecera precisamente algún tempo antes,
desposuído das súas propiedades e sufrindo, ademais, a recente
perda do fillo, asasinado en Madrid pola súa militancia política.
Dous meses despois daquela reunión
clandestina na praia do Coruxo adoptan o acordo de nomear un comité,
no que asumen a máxima responsabilidade Gómez Román, Ramón
Piñeiro, Xosé Meixide, Cesáreo Saco, Xaime Illa Couto
e Paco del Riego, que é nomeado Secretario do Exterior e Propaganda.
De todo iso informa Paco del Riego a don Ramón Otero Pedrayo,
que non está presente na xuntanza, pero que xunto con Gómez Román
e Plácido Castro encabezan a nova dirección do Partido
Galeguista. Aí comeza a reconstrución real do galeguismo do
interior despois do 36, coa esperanza de poder restaurar pronto a
legalidade republicana, promulgar o Estatuto de Autonomía e a
instaurar un Estado Federal. E, naturalmente, co inmenso desexo de
volver a abrazar aos irmáns do exilio. Nunha carta de Paco del Riego
a Castelao, escrita a fins de 1944, infórmao dos acordos do
partido e exprésalle tamén eses desexos: “O outro día fun a
Rianxo –dille Del Riego a Castelao. Alí falei coas suas irmáns e
a sua nai. Todas están anceiosas de volvelo a ver, e agardan con
emocioada impaciencia o momento, que agardamos non se demore”. Como
ben sabemos, Castelao nunca a Rianxo regresará nin volverá a ver a
súa nai e a súas irmás.
A DETENCIÓN DE PIÑEIRO E O SEU
INGRESO NO CÁRCERE
A tarefa principal do PG vai ser
estabelecer contactos coas outras organizacións políticas da
oposición ao novo réxime, tanto coas galegas como coas do resto do
Estado, e moi especialmente coas vascas e as cataláns, e tamén,
claro está, co exilio galego, concretamente con Castelao. Dentro
dese labor, que leva fundamentalmente a cabo Ramón Piñeiro,
destacan as xestións que este fai en París para negociar a entrada
de Castelao como ministro no goberno de Giral en 1946, que
logra tamén co apoio dos representantes de Galeuzca. Era a
primeira vez que Galiza estaba representada no Goberno español por
un nacionalista galego. Pero ao seu regreso de Francia, Piñeiro, que
cruza a pé os Pirineos, para aló e para aquí, é detido en Madrid,
durante unha reunión clandestina nun café da Gran Vía, xunto cos
irmáns Camilo e Cesáreo Saco, e pasa tres anos na cadea,
substituíndoo na Secretaría Política do partido Fermín Penzol.
A correspondencia con Ramón Piñeiro e co exilio galego
en América.
Consciente Piñeiro de que pode ser
moi grave para outras persoas do partido que a policía se faga coa
documentación clandestina que obra no poder de Paco del Riego,
consegue trasladarlle a este o aviso de que a destrúa. Mais Del
Riego decide salvala para o futuro: métea nunha maleta e entérraa
ao anoitecer na horta da casa na que residía súa nai nunha finca do
Castro. Alí permanece durante anos até que un día a desenterra.
Grazas a eses documentos, publicados logo no ano 2000 baixo o título
Castelao e os galeguistas do interior, hoxe coñecemos con
detalle os pasos que deu o PG na clandestinidade para reorganizar o
galeguismo, e tamén se pón de manifesto que a renuncia á
actividade estritamente política foi avanzada xa a década dos
cincuenta.
Nun informe que elabora Francisco
Fernández del Riego en 1954 para dar conta ao partido da súa viaxe
a Bos Aires sintetiza a situación política do país e a actuación
que debe seguir o galeguismo do interior coa seguinte reflexión:
“Nistas condicións de estrema adversidade, o único
verdadeiramente importante é impedir que Galicia non perda a
concencia dos seus problemas. Crear concencia galeguista, concencia
dos problemas xenuinos de Galicia é o labor máis importante do
galeguismo. Ista concencia será mañán forza política positiva e
aituante. Ista forza, desaparecido o franquismo, aituará con plena
eficacia política de acordo co-as condicións reales do futuro
político español. Eis a nosa misión: dotar a Galicia de unha forza
fiel para defender no futuro os seus intereses vitales. O noso deber
é, sobre todo, pensar no futuro”. A visión política, como ben
podemos observar, non desaparece.
CAMBIO DE ESTRATEXIA DO GALEGUISMO
DO INTERIOR
O contexto político, desde logo,
non podía ser máis adverso. Rematada a Segunda Guerra Mundial en
1945, con Estados Unidos comezando a Guerra Fría en 1947 e coa
Ditadura franquista conseguindo entrar na ONU en 1955, non é estraño
que estes homes, que aínda tiñan a esperanza de derrotar a Franco
despois do 39, pouco a pouco foran abandonando a loita política
clandestina. Aínda así non podemos ignorar o importante papel que
xogou Francisco Fernández del Riego na relación do galeguismo do
interior co galeguismo do exilio. El foi o auténtico interlocutor, a
persoa que sempre tendeu pontes e que reconduciu as tensións entre
os de aló e os de aquí a propósito do recoñecemento e das función
que debía ter o Consello de Galiza, aquelas especie de
goberno galego no exilio que creara Castelao en 1944, ou a respecto
da estratexia que debía seguir o galeguismo na Galiza da posguerra.
Foron múltiples, así mesmo, as xestións que fixo Del Riego cos de
América para resolver problemas ou para publicar libros e revistas
que aquí a censura non permitía publicar. Esa relación faise
incluso máis estreita en 1954 coa viaxe que Paco del Riego realiza a
Bos Aires e Montevideo, onde pronuncia varias conferencias e se reúne
con Virxinia Pereira, a viúva de Castelao, e con outras
figuras do exilio como Lois Tobío, Luís Seoane,
Eduardo Blanco-Amor, Lorenzo Varela, Arturo
Cuadrado, Manuel Colmeiro, Xosé Neira Vilas ou
Rafael Alberti e María Teresa León.
ENCARCERAMENTO E CONSELLO DE GUERRA
SUMARÍSIMO
A proba de que Del Riego continuou
mantendo viva a chama do PG e sendo observado polo réxime franquista
é que en setembro de 1947 pasa dúas semanas incomunicado no
cárcere, acusado de presidir unha asociación de intelectuais.
Posteriormente, ao regreso da súa viaxe a América, organízanlle un
xantar que non agrada nada ás autoridades franquistas. Relacionado
con iso é o que sucede ao ano seguinte, no verán de 1955, cando
coincidindo coa visita de Franco a Meirás, Paco del Riego sofre de
novo a represión: detéñeno, interrógano e acaba na cadea de
Pontevedra acusado de rebelión militar por colaborar na prensa
antifranquista, tendo que vivir un auto de procesamento e un consello
de guerra sumarísimo. Isto demostra que a súa persoa estaba vixiada
e que lle seguían os pasos moi de preto. É, pois, certamente
inxusto e unha idea moi equivocada dicir que todas estas persoas
renunciaron á acción política para dedicarse ao traballo cultural.
Só cando viron o fracaso dos seus obxectivos políticos e
organizativos, o escenario internacional e a consolidación da
Ditadura optaron por reorientar o seu compromiso co país a través
da cultura, que era outra forma de actuar a prol do país, mais
dentro dos límites da legalidade. O que non fixeron estes homes,
desde logo, foi renunciar á loita por Galiza.
MILITANTE DO PSG E DIVERXENCIAS CON
PIÑEIRO
Propaganda do PSG, o partido no que
militou Paco del Riego desde 1963 a 1978.
A Francisco
Fernández del Riego aínda o veremos na fundación e na militancia
do Partido Socialista Galego, o PSG, o partido que se
funda na Coruña, no despacho de Sebastián Martínez-Risco, e
que lidera Xosé Manuel Beiras, no que Del Riego permanece
entre 1963 e 1978. Dous foron os seus carnés políticos: o do
Partido Galeguista e o do PSG. Forzas políticas propias, e de
carácter nacionalista as dúas. Ao longo dos anos sesenta, en
representación do PSG, Del Riego participa en importantes reunións
en Alemania, Madrid e Barcelona, xunto con outras personalidades. O
seu último compromiso político foi nas primeiras eleccións
democráticas, en xuño de 1977, participando dentro da Candidatura
Democrática Galega para o Senado, apoiada por varios
partidos da esquerda, o PSG entre eles, e que por escaso número de
votos non saíu el, logrando a acta de senador Valentín Paz-Andrade.
Despois do 77 xa renunciou a participar en calquera outra experiencia
política, rexeitando concorrer como candidato ás primeiras
eleccións ao Parlamento galego e seguindo unha liña de actuación
moi diferente á de Ramón Piñeiro, do que continuou a ser amigo
coma sempre, pero diverxendo claramente da súa estratexia política.
Tamén debemos lembrar aquí que, ao
contrario que Ramón Piñeiro, el sempre mantivo unha relación moi
cordial e até certo punto cómplice con aqueles dirixentes e mozos
que militaban na UPG, na outra póla do nacionalismo galego, como era
o caso de Méndez Ferrín, Xosé González Martínez ou
Moncho Reboiras, chegando incluso a cederlles algún espazo da
Fundación Penzol para as súas actividades “culturais”.
Simplemente facía a vista gorda e deixábaos andar pola Penzol ás
súas “cousas”, até que un día entrou alí a policía e
rexistrou todo. Del Riego tamén fora rebelde cando era estudante e
comprendía perfectamente que a mocidade tiña que ser así, tiña
que loitar e protagonizar o seu tempo histórico.
OS MESTRES DE PACO DEL RIEGO
Na introdución que Del Riego lle
puxo ao seu segundo libro de memorias, O río do tempo. Unha
historia vivida, escribe: “Pertenzo a unha xeración formada na
doutrina do nacionalismo galego. Foron mestres desta miña xeración,
Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Viqueira,
Lousada Diéguez, Cuevillas, Villar Ponte. Todos
eles mestres, na cátedra, no libro, no artigo xornalístico, na
tribuna, na palabra cotiá. E, principalmente, no incansable
desinterés, no incitamento mental e no exemplo moral”.
O máis triste de todo isto é que
na actualidade, entre todas as persoas que integran o Consello da
Xunta de Galicia, o máximo órgano de goberno do país, non
hai ninguén, nin unha soa persoa, que poida dicir que ten como
mestres a esas grandes figuras que mencionaba Francisco Fernández
del Riego. O pensamento político dos que hoxe ocupan o Goberno
galego está nas antípodas da ideoloxía e da traxectoria política
daquelas persoas, certamente boas e xenerosas, que o deron todo por
Galiza, incluso a vida. Isto é causa de enorme decepción e tristeza
para calquera persoa que coñeza o papel do nacionalismo galego no
contexto histórico da II República e que poida imaxinar o que puido
ser Galiza como nación se non se producira o golpe militar do 36 e
se homes como Castelao, Alexandre Bóveda ou Francisco
Fernández del Riego chegasen a ter nos anos trinta a oportunidade de
estar ao fronte do primeiro goberno galego da historia do noso país.
Case cen anos despois temos que seguir a loitar pola Galiza que Paco
del Riego soñou na súa mocidade, como el mesmo o fixo tamén
durante o franquismo.
blogueira de MLFhttp://www.blogger.com/profile/15766502678153207504noreply@blogger.com0